Saltar ao contido

Vilde Frang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVilde Frang

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(no) Vilde Frang Bjærke Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de agosto de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Oslo, Noruega Editar o valor en Wikidata
EducaciónBarratt Due Institute of Music (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónviolinista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorNorwegian Academy of Music (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresKolja Blacher (pt) Traducir e Ana Chumachenco Editar o valor en Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoWarner Classics (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webvildefrang.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm5270407 Facebook: vildefrang BNE: XX5626537 Spotify: 74s1TEUNSvw1oDuHbx8bNT Musicbrainz: 79bf9915-6328-4813-8ecb-d7fec7da0272 Songkick: 2919386 Discogs: 2094785 Allmusic: mn0002381635 Editar o valor en Wikidata

Vilde Frang Bjærke ou Vilde Frang, nada o 19 de agosto de 1986 en Oslo (Noruega), é unha violinista norueguesa. Desenvolve unha intensa actividade concertística con algunhas das mellores orquestras do mundo, así como concertos de música de cámara con artistas como Martha Argerich, Yuri Bashmet, Renaud Capuçon, Gautier Capuçon, Gidon Kremer, Julian Rachlin, e os noruegueses Leif Ove Andsnes, Lars Anders Tomter e Truls Mørk. Tamén ten tocado como solista co director, violinista e viola ruso Maxim Vengerov.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vilde Frang naceu en Oslo o 19 de agosto de 1986. Aos catro anos comezou os seus estudos de violín, e posteriormente estudou, entre outros, con Alf Richard Kraggerud, Henning Kraggerud e Stephan Barratt-Due no Barratt Due Musikkinstitutt da capital norueguesa, con Kolja Blacher na Musikhochschule Hamburg, e con Ana Chumachenco na Kronberg Academy. Realizou o seu debut aos 10 anos coa Kringkastingsorkestret (Orquestra da Radio de Noruega) tocando a Fantasía sobre Carmen de Pablo Sarasate.[1] En 1999 foi convidada polo director letón Mariss Jansons para tocar coa Oslo-Filharmonien.[2] Tamén tocou nunha xira por Europa e os Estados Unidos con Anne-Sophie Mutter interpretando o concerto para dous violíns de Bach.[3][4] Frang declarou que todo o que fixo na súa infancia estivo "de algún xeito acompañado da música. Era unha especie de mestura na miña vida. Estaba sempre baixo a miña pel", e dixo que mesmo ese primeiro concerto con Jansons o sentiu como unha "evolución natural".[2] En 2004 foi finalista do concurso Eurovision Young Musicians celebrado en Lucerna, Suíza.[5]

Logo do seu debut coa London Philharmonic Orchestra en 2007 foi invitada de novo para un concerto coa orquestra británica e Vladimir Jurowski no Royal Festival Hall na tempada 2009, seguido dun recital no Wigmore Hall.[6]

En maio de 2011 participou nunha xira da Nordwestdeutsche Philharmonie tocando o Concerto para violín de Sibelius en Friburgo,[7] o Tonhalle de Zürich, e o seu debut en Italia no Conservatorio "Giuseppe Verdi" de Milán. En xuño dese mesmo ano ofreceu un recital na Kronberg Academy con Michail Lifits,[8] con quen tamén tocaría en 2013 no Wigmore Hall de Londres, onde a crítica eloxiou as súas liñas "limpas e puras" e calificou a súa interpretación da Sonata en Fa Maior de Mendelssohn como "vigorosa e finamente matizada".[9] En 2013 tocou o Concerto para violín de Erich Wolfgang Korngold coa WDR Sinfonieorchester Köln dirixida por Jukka-Pekka Saraste.[10]

Frang conseguiu o premio ao Artista Novo de Credit Suisse en 2012, debutando ese mesmo ano coa Wiener Philharmoniker baixo a dirección de Bernard Haitink no Lucerne Festival.[6]

Instrumento

[editar | editar a fonte]

Frang toca o Stradivarius "Engleman" de 1709, instrumento cedido pola Nippon Music Foundation.[6]

Vilde Frang ten gañado numerosos concursos e premios polas súas interpretacións:

  • Léonie Sonnings Musikfond 2003.[11]
  • Borletti-Buitoni Fellowship 2007.[11]
  • The Prins Eugen Kulturpris, 2007.[12]
  • Den norske solistprisen 2008.[11]
  • Spellemannsprisen, Classical music. Por Prokofiev & Sibelius: Violin Concertos, 2009.[11]
  • Dronning Ingrids Hæderslegat 2009.[11]
  • Arve Tellefsens Musikerpris 2010.[11]
  • Classic Brit Newcomer Award. Por Prokofiev & Sibelius: Violin Concertos, 2011.[6]
  • Premio Edison Klassiek por Prokofiev & Sibelius: Violin Concertos, 2011.[6]
  • Echo Klassik Award, newcomer award violin. Por Grieg, Bartók & R.Strauss; Sonatas, 2011
  • Editor’s Choice da revista Classic FM Magazine por Grieg, Bartók & R.Strauss; Sonatas.[6]
  • Diapason d'Or por Grieg, Bartók & R.Strauss; Sonatas.[6]
  • Deutsche Schallplattenpreis por Tchaikovsky/Nielsen: Violin Concertos 2012.[6]
  • Echo Klassik Award por Tchaikovsky/Nielsen: Violin Concertos, 2013
  • WEMAG Solistenpreis 2011.[11]
  • Credite Suisse Young Artist Award 2012.[11]
  • Echo Klassik Award por "Mozart Violin Concertos" 2015
  • Echo Klassik Award por "Korngold/Britten Violin Concertos" 2016

Discografía

[editar | editar a fonte]

Vilde Frang ten gravado os seguintes discos, todos eles co selo EMI Classics:[13]

Ano Título Director ou intérprete Orquestra Selo
2010 Prokofiev & Sibelius: Violin Concertos Thomas Søndergård WDR Symphony Orchestra EMI Classics
2011 Grieg, Bartók, R.Strauss: Sonatas Michail Lifits (piano) - EMI Classics
2012 Tchaikovsky/Nielsen: Violin Concertos Eivind Gullberg Jensen DR SymfoniOrkestret EMI Classics
  1. 1,0 1,1 Mackenzie, Sir Compton; Stone, Christopher (2008). The Gramophone. C. Mackenzie. p. 35. 
  2. 2,0 2,1 Wroe, Nicholas (20 de abril de 2012). The Guardian, ed. ""Vilde Frang – from prodigy to virtuoso"" (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  3. Wroe, Nicholas (19 de outubro de 2011). WQXR-FM, ed. ""Café Concert: Vilde Frang"" (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  4. Bello-Portu, Marie-Laure De. Musique & Opéra, ed. Musique & opéra autour du monde (en inglés). p. 311. ISBN 978-2-911894-40-4. Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  5. prestoclassical.co.uk (ed.). "Nielsen & Tchaikovsky: Violin Concertos". Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 OSG (ed.). "Programa 1" (PDF) (en galego e castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2014. Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  7. radioswissclassic.ch (ed.). "Nordwestdeutsche Philharmonie - Vilde Frang - Eugène Tzigane Oeuvres de Sibelius et Moussorgski". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2014. Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  8. "Schwärze der Kohlezeichnung. Kurzkonzerte in Kronberg". Frankfurter Allgemeine Zeitung. 30 de xuño de 2011. p. 48
  9. Church, Michael (26 de marzo de 2013). The Independent, ed. "Viktoria Mullova, Paolo Giacometti (****)/ Vilde Frang, Michail Lifits (*****)" (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  10. Zimmermann, Christoph (19 de abril de 2013). klassikinfo.de, ed. ""Kampf dem Hollywood-Schmalz"" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2014. Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 11,6 11,7 Store norske leksikon (ed.). "Vilde Frang" (en noruegués). Consultado o 22 de febreiro de 2014. 
  12. Sveriges Kungahus, ed. (2007). "Kronprinsessan delade ut Prins Eugens kulturpris" (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2014. Consultado o 22 de febreiro de 2014. 
  13. vildefrang.com (ed.). "Media / Discography" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2014. Consultado o 22 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]