Vilafranca do Bierzo
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Capital | Vilafranca | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 2.694 (2023) (15,19 hab./km²) | |||
Xentilicio | vilafranquín | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 177,37 km² | |||
Altitude | 499 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Anderson Batista Rojas | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24500 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 24209 | |||
Sitio web | villafrancadelbierzo.org | |||
Vilafranca[1] (en español e oficialmente Villafranca del Bierzo) é un concello de Castela e León, antiga capital do Bierzo (s.XIX). Está situada no noroeste da provincia de León e foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1965. O seu xentilicio é vilafranquín/-iña.[1]
Por Vilafranca pasa o Camiño de Santiago, e constitúese como fin de etapa e como meta en casos excepcionais, pois na igrexa da vila dedicada ao Apóstolo, pódese gañar o xubileu cando concorran circunstancias que impidan ao peregrino proseguir deica Compostela. É un dos 47 concellos galegofalantes da Galicia estremeira.
A vila está a unha altitude de 505 metros e nela conflúen os ríos Burbia e Valcarce.
Poboación
[editar | editar a fonte]En 2022 tiña 2756 habitantes, o que supón un descenso con respecto a 2010, cando tiña 3516, e o ano 2000, cando tiña 3807 habitantes. A distribución por sexo é de 51,8% de mulleres e 48,2% homes.
Núcleos de poboación
[editar | editar a fonte]- Aira da Pedra
- Campo da Lagúa
- Cela
- Landoiro
- Paradaseca
- Paradiña
- Poboadura da Somoza
- Porcarizas
- Prado da Somoza
- Ponte de Rei
- Ribón
- Teixeira
- Valtuílle de Abaixo
- Valtuílle de Arriba
- A Veigueliña
- Vilachá
- Vilafranca do Bierzo
- Vilar de Aceiro
- Vilela
Historia
[editar | editar a fonte]Creouse o Señorío de Vilafranca no século XII. No ano 1192 Afonso VIII de León e Galicia outorgalle á vila o seu foro.
No século XV estabeleceuse o marquesado de Álvarez de Toledo y Osorio. O 27 de xaneiro de 1822 creouse a provincia de Vilafranca do Bierzo, coa vila homónima como capital. Esta entidade administrativa mantívose até o 1 de outubro de 1823.
Na vila naceu o erudito Frei Martín Sarmiento, primeiro estudoso da lingua galega, o 9 de marzo de 1695. Tamén naceu aquí Enrique Gil y Carrasco o 15 de xullo de 1815, escritor romántico, autor de "El Señor de Bembibre" e membro da Sociedade de Teatro que desde o seu bicentenario leva o seu nome. Os seus restos repousan na igrexa de San Francisco, tras seren localizados en Berlín, onde morrera en 1845, e repatriados en 1987.
Monumentos
[editar | editar a fonte]- Colexiata de Santa María
- Convento da Anunciada
- Igrexa de San Nicolás
- Igrexa de Santiago: s.XII-XIII
- Igrexa de San Xoán de San Fiz
- Convento de San Francisco: s.XIII
- Castelo dos Marqueses de Vilafranca
- Teatro Villafranquino Enrique Gil e Carrasco, de estilo romántico (século XIX).[2]
- Parador nacional de Vilafranca.
Festas e feiras
[editar | editar a fonte]Festas patronais
[editar | editar a fonte]Festas do Cristo o 14 de setembro.
Outras festas
[editar | editar a fonte]- San Tirso o 31 de xaneiro.
- Semana Santa.
- Festa dos maios o 1 de maio, declarada de Interese turístico provincial en 2009.[3]
- Festa da poesía en xuño.
- Festa e feira de Santiago o 25 de xullo.
- Festa do turista en agosto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 37. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Artigo sobre a Sociedade de Teatro de Vilafranca de 1843 en versión dixital: http://morales2011.blogspot.com.es/2016/09/no-149-aniversario-de-morales.html Arquivado 23 de abril de 2017 en Wayback Machine.
- ↑ Festa do maio 2016