A Veiga de Valcarce
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Capital | A Veiga de Valcarce | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 561 (2023) (8,09 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 69,31 km² | |||
Altitude | 630 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcaldesa | María Luisa González Santín | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24520 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 24198 | |||
Sitio web | vegadevalcarce.net… |
A Veiga de Valcarce[1] ou A Veiga do Valcarce[1] (en español e oficialmente Vega de Valcarce) é un concello da comarca do Bierzo, provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León que cobre unha superficie de 69,38 km², na que vivían 732 habitantes no ano 2008, cunha densidade de poboación de 10,85 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 47 concellos da Galicia estremeira.
A alcaldesa, como medida de presión, ameazou en 2000 con iniciar os trámites para pasar a pertencer a Galicia xunto con outros municipios limítrofes.[Cómpre referencia]
Xeografía
[editar | editar a fonte]A Veiga de Valcarce é atravesada polo río Valcarce e pola N-VI e pola autoestrada A-6. O concello é a principal entrada a Galiza polo Camiño de Santiago.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución demográfica do concello da Veiga de Valcarce[2].
Entidades de poboación
[editar | editar a fonte]Segundo o INE, o municipio da Veiga de Valcarce contén as seguintes entidades de poboación (entre parénteses a forma oficial castelanizada)[2]:
- Ambasmestas[3]
- Arxenteiro[4] (Argenteiro)
- Barxelas[1] (Bargelas)
- A Braña[1] (La Braña)
- O Castro[Cómpre referencia] (El Castro)
- A Cernada[Cómpre referencia] (Cernada)
- A Faba[5][6] (La Faba)
- As Ferrarías[5] (Las Herrerías)
- Laballós[Cómpre referencia] (Laballos)
- A Lagúa[Cómpre referencia] (La Laguna)
- As Lamas[Cómpre referencia] (Las Lamas)
- Lindoso
- Muñón[Cómpre referencia] (Moñón)
- A Portela do Valcarce[Cómpre referencia] (La Portela de Valcarce)
- Ransinde
- Ruitelán
- Samprón
- San Xiao[Cómpre referencia] (San Julián)
- Santo Tirso[Cómpre referencia] (San Tirso)
- Soutogaioso[5][6] (Sotogayoso)
- A Treita[Cómpre referencia] (La Treita)
- A Veiga de Valcarce ou A Veiga do Valcarce[1] (Vega de Valcarce)
- Vilasinde[Cómpre referencia] (Villasinde)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 22, 37. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ 2,0 2,1 "Instituto Nacional de Estadística. (Spanish Statistical Institute)". www.ine.es. Consultado o 2023-08-08.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de xullo de 2013.
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2008). Toponimia de Galicia. Galaxia. p. 49. ISBN 978-84-9865-092-1.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Gómez Bautista, Alberto. Toponima do Baixo Bierzo e Os Ancares Orientais, Fala Ceibe, 2004, Ponferrada
- ↑ 6,0 6,1 García García, Jesús.Tierras de León: Revista de la Diputación Provincial, Vol. 26, Nº 62, 1986
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Veiga de Valcarce |