Riaño
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Capital | Riaño (pt) | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 474 (2023) (4,7 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 100,82 km² | |||
Altitude | 1.130 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Manuel Javier Fernandez Presa (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24900 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 24130 | |||
Sitio web | riano.org |
Riaño é un concello da provincia de León na comunidade de Castela e León, situado ao nordeste da mesma, aos pés da Cordilleira Cantábrica preto dos Picos de Europa, a 1.133 metros de altitude. Atópase a 91 km da capital provincial e conta cunha poboación de 471 habitantes (INE 2021), coñecidos polo xentilicio de riañeses, cunha extensión de 97,63 km². Tamén forman parte do concello as vilas de Horcadas e Carande.
A historia recente de Riaño está marcada pola traumática construción do encoro que asolagou a vila orixinal, o antigo Riaño ou Viejo Riaño en 1987. Xunto con el, sete vilas máis do val foron tamén cubertas polas augas.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación de Riaño desde a década dos 30 ata agora:
Economía
[editar | editar a fonte]Antes do traslado á súa situación actual, a súa economía estaba baseaba na gandería. Actualmente é predominante o sector de servizos, adicado fundamentalmente ao turismo, que acode á localidade para gozar da caza, as zonas de montaña e os espazos naturais.
Historia recente
[editar | editar a fonte]A historia recente de Riaño está marcada pola construción do encoro que anegou a vila orixinal, o antigo Riaño ou Viejo Riaño en 1987. Xunto con el, sete vilas máis do val foron tamén cubertas polas augas.
Tras varios intentos de construír un encoro ao longo do século XX, finalmente o val de Riaño, no que conflúen os ríos Esla, Yuso e Orza, foi sepultado polas augas en 1987, baixo o goberno de Felipe González sendo o ministro responsable Javier Sáenz de Cosculluela.
O proxecto de construción do pantano deu lugar a numerosas mobilizacións populares, enfrontamentos coas forzas da orde e incluso suicidios,[1] sendo incluso necesario para a demolición das casas o desaloxo pola forza dos veciños que se negaban a abandonalas, aínda que o exministro Cosculluela afirmaba que nese ano non se botou a ninguén posto que as vivendas xa estaban expropiadas.[2] O novo Riaño foi posteriormente reedificado na paraxe de Valcayo. As compensacións tan anunciadas entón en forma de novas terras de regadíos na provincia de León a conta da auga do pantano non foron até o momento cumpridas.[3]
Patrimonio artístico
[editar | editar a fonte]A igrexa de Pedrosa del Rey, trasladada desde Pedrosa del Rey para que non desaparecese baixo as augas, posúe unha portada románica que podería proceder da igrexa de Siero de la Reina.
A igrexa de Nuestra Señora del Rosario, traída da anegada vila de La Puerta, atópase á entrada de Riaño vindo pola estrada de León, N-621. Trátase dunha igrexa do século XIII e foi trasladada pedra a pedra. No seu interior alberga unhas pinturas románicas moi características, cuxo estilo só se pode atopar na montaña leonesa.
Ademais, Riaño conta cun patrimonio etnográfico conservado celosamente no seu Museo Etnográfico. Todo o modo de vida ancestral da comarca está representado en diversas escenas costumistas que lle dan vida e personalidade propia. Destaca unha recreación a tamaño real da casa típica da comarca, a Casa de Humo, con teitumbre a dúas augas e cuberta de palla de centeo. Outros elementos interesantes do patrimonio etnográfico constitúeno os dous hórreos da localidade. Antigamente existiron 80 exemplares no Pueblo Viejo, anegado actualmente polo encoro.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do Concello (en castelán)
- Imaxes do antigo Riaño Arquivado 29 de setembro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)
- Vídeo da voadura da torre de Riaño, antes da construción do encoro