Maraña
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Capital | Maraña (en) | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 120 (2023) (3,57 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 33,57 km² | |||
Altitude | 1.246 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcaldesa | Rosa Nieves Rodríguez Maraña (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24996 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 987 | |||
Código INE | 24096 | |||
Sitio web | aytomarana.es |
Maraña é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 120 habitantes (INE 2023). Situado no Parque Rexional Montaña de Riaño e Mampodre, neste municipio atópase o nacemento do río Esla.
Localidades
[editar | editar a fonte]- Maraña
Comunicacións
[editar | editar a fonte]A Maraña accédese pola estrada comarcal LE-2701. Os seus 3,9 km de lonxitude separan a vila do cruzamento coa CL-635, vial que comunica a N-625, que vén de Riaño, ou co val do Nalón, a través do porto de Tarna. Pese a estar a menos de 60 km en liña recta da capital provincial, as distancias por estrada son moi superiores. A través de val do Esla, pasando por Riaño, a distancia é de 120 km dende León; cruzando ao val do Porma, pasando por Puebla de Lillo, son 97 km. Así, a capital máis achegada a Maraña é Oviedo, a 96 km, e Xixón atópase a 109 km.
Estes accesos por estrada vense dificultados polos numerosos portos de montaña que hai que atravesar para chegar a Maraña desde diferentes lugares. O porto de Tarna, desde Oviedo ou Xixón; o porto de las Señales, desde León; o porto de El Pontón, desde Cangas de Onís; e o porto de San Glorio, desde Santander e Cantabria. Unha confirmación máis da paisaxe montañosa na que se enclava Maraña, en plena cordilleira Cantábrica. As localidades máis próximas son La Uña, Acebedo e Liegos (do concello de Acebedo), Lario e Burón (concello de Burón) e Solle (Puebla de Lillo).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Arquivado 01 de decembro de 2020 en Wayback Machine. (en castelán)