Saltar ao contido

Varánidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Varánidos
Rango fósil:
Cretáceo tardío - Holoceno
(desde hai 80 millóns de anos)

Dragón de Komodo (Varanus komodoensis)

Varanus exanthematicus
Varanus exanthematicus

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Superfamilia: Varanoidea
Familia: Varanidae
Merrem, 1820
Xéneros

Véxase o texto

Os varánidos (Varanidae), xeralmente chamados varanos[1], son unha familia de lagartos da superfamilia Varanoidea. A familia é un grupo de lagartos carnívoros e fruxívoros,[2] entre os que está incluído o extinto megalania (o lagarto máis grande coñecido), e o actual dragón de Komodo (o lagarto vivo máis grande), e o Varanus salvadorii. Os Varanidae comprenden o xénero vivo Varanus e varios taxons extintos. Os seus parentes vivos máis próximos son os ánguidos e os helodermátidos (se consideramos Lanthanotus dentro da familia).[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Varanidae foi definido por Estes, de Queiroz e Gauthier (1988) como o clado que contiña o antepasado común máis recente de Lanthanotus e Varanus e todos os seus descendentes.[4] Uha definición similar formulárona Conrad et al. (2008), que definiron Varanidae como o clado que contiña Varanus varius, Lanthanotus borneensis e todos os descendentes do seu último antepasado común.[5] Usando unha destas definicións hai que incluír o varano sen oídos Lanthanotus borneensis na familia Varanidae.

Lee (1997) creou unha definición diferente de Varanidae, definíndoo como o clado que contén Varanus e todos os taxons máis estreitamente relacionados con Varanus que con Lanthanotus;[6][7] esta definición exclúe explicitamente o varano sen oídos dos Varanidae. Que Lanthanotus borneensis sexa incluído ou non en Varanidae depende do autor: por exemplo, Vidal et al. (2012) clasifican o varano sen oídos nunha familia separada, Lanthanotidae,[8] mentres que Gauthier et al. (2012) clasifícano dentro de Varanidae.[9]

O extinto Saniwa ensidens
O Varanus olivaceus é un varánido arbóreo de Filipinas principalmente fruxívoro
Os xéneros marcados con † están extintos

Os xéneros normalmente incluídos en Varanidae (dentro da subfamilia Varaninae egundo Conrad et al., 2008)) son:

  • Iberovaranus Hoffstetter, 1969 - Considerado un sinónimo júnior de Varanus por Delfino et al. (2013).[10]
  • Ovoo Norell, Gao, & Conrad, 2008[11]
  • Saniwa Leidy, 1870
  • Varanus Shaw, 1790

Outros xéneros ás veces incluídos en Varanidae (na subfamilia Lanthanotinae segundo Conrad et al., 2008), pero tratados como unha familia diferente, Lanthanotidae, por outros autores son:

Varanoides basais:

Anteriormente incluídos en Varanidae:

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

Velaquí un cladograma de Conrad et al. (2008) que mostra as relacións dentro de Varanoidea:[13]

Varanoidea 

Mosasaurs

"Saniwa" feisti

Necrosaurus

Saniwides

Telmasaurus

 Varanidae 
 Lanthanotinae 

Aiolosaurus

Lanthanotus

Cherminotus

 Varaninae 

Ovoo

Saniwa

Varanus

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Os varanos monitor están considerados uns dos lagartos máis intelixentes. A maioría das especies buscan continuamente alimento e teñen amplos dominios vitais,[14] e moitos son moi resistentes.[15] Aínda que a maioría das especies son carnívoras, hai tres arbóreas en Filipinas (Varanus olivaceus, Varanus mabitang e Varanus bitatawa) que son principalmente fruxívoras.[2][16] Entre as especies de varánidos vivos, as extremidades mostran unha alometría positiva, xa que son máis grandes nas especies de corpo meirande, aínda que os pés se fan máis pequenos se os comparamos coas lonxitudes doutros segmentos da extremidade.[17]

Os varánidos presentan un fluxo de aire pulmonar unidireccional, incluíndo sacos aéreos similares aos que teñen as aves.[18]

  1. BUSCatermos varano. "Zooloxía" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009
  2. 2,0 2,1 Welton, L. J.; Siler, C. D.; Bennett, D.; Diesmos, A.; Duya, M. R.; Dugay, R.; Rico, E. L. B.; Van Weerd, M.; Brown, R. M. (2010). "A spectacular new Philippine monitor lizard reveals a hidden biogeographic boundary and a novel flagship species for conservation". Biology Letters 6 (5): 654–658. ISSN 1744-9561. PMC 2936141. PMID 20375042. doi:10.1098/rsbl.2010.0119. 
  3. Fry, B.G.; Vidal, N; Norman J.A.; Vonk F.J.; Scheib, H.; Ramjan S.F.R; Kuruppu S.; Fung, K.; Hedges, B.; Richardson M.K.; Hodgson, W.C.; Ignjatovic, V.; Summerhays, R.; Kochva, E. (febreiro de 2006). "Early evolution of the venom system in lizards and snakes" (PDF). Nature 439 (7076): 584–588. PMID 16292255. doi:10.1038/nature04328. 
  4. Estes, Richard; Kevin de Queiroz; Jacques Gauthier (1988). "Phylogenetic Relationships within Squamata". En Richard J. Estes. Phylogenetic Relationships of the Lizard Families: Essays Commemorating Charles L. Camp. Stanford University Press. p. 166. ISBN 9780804714358. 
  5. 5,0 5,1 Conrad J. (2008). "Phylogeny and systematics of Squamata (Reptilia) based on morphology". Bulletin of the American Museum of Natural History 310: 1–182. doi:10.1206/310.1. 
  6. Lee MSY (1997-01-29). "The phylogeny of varanoid lizards and the affinities of snakes". Philos Trans R Soc Lond B Biol Sci. 352 (1349): 53–91. PMC 1691912. doi:10.1098/rstb.1997.0005. 
  7. Michael S.Y Lee (2005). "Molecular evidence and marine snake origins". Biology Letters 1 (2): 227–230. PMC 1626205. PMID 17148173. doi:10.1098/rsbl.2004.0282. 
  8. Nicolas Vidal, Julie Marin, Julia Sassi, Fabia U. Battistuzzi, Steve Donnellan, Alison J. Fitch, Bryan G. Fry, Freek J. Vonk, Ricardo C. Rodriguez de la Vega, Arnaud Couloux and S. Blair Hedges (2012). "Molecular evidence for an Asian origin of monitor lizards followed by Tertiary dispersals to Africa and Australasia". Biology Letters 8 (5): 853–855. PMC 3441001. PMID 22809723. doi:10.1098/rsbl.2012.0460. 
  9. Jacques A. Gauthier, Maureen Kearney, Jessica Anderson Maisano, Olivier Rieppel, Adam D.B. Behlke; Kearney; Maisano; Rieppel; Behlke (2012). "Assembling the Squamate Tree of Life: Perspectives from the Phenotype and the Fossil Record". Bulletin of the Peabody Museum of Natural History 53 (1): 3–308. doi:10.3374/014.053.0101. 
  10. Massimo Delfino, Jean-Claude Rage, Arnau Bolet and David M. Alba (2013). "Synonymization of the Miocene varanid lizard Iberovaranus Hoffstetter, 1969 with Varanus Merrem, 1820". Acta Palaeontologica Polonica. in press. doi:10.4202/app.2012.0025. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Conrad, JL; Balcarcel, AM; Mehling, CM (2012). "Earliest Example of a Giant Monitor Lizard (Varanus, Varanidae, Squamata)". PLoS ONE 7 (8): e41767. PMC 3416840. PMID 22900001. doi:10.1371/journal.pone.0041767. 
  12. Alexandra Houssaye, Nathalie Bardet, Jean–Claude Rage, Xabier Pereda Suberbiola, Baâdi Bouya, Mbarek Amaghzaz and Mohamed Amalik (2011). "A review of Pachyvaranus crassispondylus Arambourg, 1952, a pachyostotic marine squamate from the latest Cretaceous phosphates of Morocco and Syria". Geological Magazine 148 (2): 237–249. doi:10.1017/S0016756810000580. 
  13. Conrad, J.; Rieppel, O.; Grande, L. (2008). "Re-assessment of varanid evolution based on new data from Saniwa ensidens Leidy, 1870 (Squamata, Reptilia)" (PDF). American Museum Novitates 3630: 1–15. doi:10.1206/596.1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de setembro de 2012. Consultado o 24 de agosto de 2017. 
  14. Perry, G.; Garland, T., Jr. (2002). "Lizard home ranges revisited: effects of sex, body size, diet, habitat, and phylogeny" (PDF). Ecology 83 (7): 1870–1885. doi:10.1890/0012-9658(2002)083[1870:LHRREO]2.0.CO;2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de agosto de 2017. Consultado o 24 de agosto de 2017. 
  15. Clemente, C.J.; Withers, P.C.; Thompson, G.G. (2009). "Metabolic rate and endurance capacity in Australian varanid lizards (Squamata; Varanidae; Varanus)". Biological Journal of the Linnean Society (]) 97 (3): 664–676. doi:10.1111/j.1095-8312.2009.01207.x. 
  16. Greene, Harry W. (1986). Diet and Arboreality in the Emerald Monitor, Varanus prasinus, with Comments on the Study of Adaptation. Chicago: Field Museum of Natural History. OCLC 14915452. Consultado o 12 de decembro de 2013. 
  17. Christian, A.; Garland, T., Jr. (1996). "Scaling of limb proportions in monitor lizards (Squamata: Varanidae)" (PDF). Journal of Herpetology 30 (2): 219–230. JSTOR 1565513. doi:10.2307/1565513. Arquivado dende o orixinal (]) o 30 de novembro de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2017. 
  18. Unidirectional Airflow In The Lungs Of Birds, Crocs And Now Monitor Lizards

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]