Supercopa de España de fútbol
Tipo | supertaça nacional de futebol (pt) |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | Real Federación Española de Fútbol |
Número de participantes | 4 |
Localización e Datas | |
País | Arabia Saudita e España |
Vixencia | 1982 – |
Calendario da tempada | xaneiro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Número de edición | 30+ |
Competición | |
Primeiro posto | FC Barcelona (1983, 1991, 1992, 1994, 1996, 2005, 2006, 2009, 2010, 2011, 2013, 2016, 2018, 2023) Real Madrid CF (1988, 1989, 1990, 1993, 1997, 2001, 2003, 2008, 2012, 2017, 2020, 2022) Deportivo da Coruña (1995, 2000, 2002) Atlético de Madrid (1985, 2014) Athletic Club (1984, 2015, 2021) Valencia CF (1999) Real Zaragoza (2004) Sevilla FC (2007) RCD Mallorca (1998) Real Sociedad (1982) |
A Supercopa de España é unha competición de fútbol, organizada pola Real Federación Española de Fútbol. Foi creada en 1982 coma unha competición de dous equipos: o campión de liga de Primeira División contra o campión da Copa do Rei. En 2019 adoptou o seu actual formato de catro equipos: os gañadores e subcampións de Liga e Copa. O FC Barcelona é o seu actual campión e equipo máis laureado (14 títulos).
Sistema de competición
[editar | editar a fonte]A Supercopa dispútase desde 2020 a modo de eliminatoria con semifinais e final entre os dous equipos finalistas da Copa do Rei e os dous mellores clasificados no campionato de liga de Primeira División. En caso de que algún equipo copase praza en ambas competicións, accederá á Supercopa o ou os mellores clasificados no campionato de liga que non disputaran a final da Copa do Rei. O campión de copa enfróntase ao subcampión de liga, e o campión de liga enfróntase ao subcampión de copa, coa excepción se deben participar os mellores clasificados de liga, en cuxo caso os partidos decídense mediante sorteo.[1][2]
Anteriormente xogouse desde os seus inicios por eliminación directa a dobre partido (excepto en 2018, que se disputou a partido único en territorio neutral): o primeiro encontro no estadio do campión de Copa e o partido de volta no campo do campión de Liga. As únicas edicións nas que a orde dos partidos invertíronse foi nas de 1983, 1988 e 1992. O equipo que lograba maior diferenza de goles en ambos encontros proclamábase campión del torneo. En caso de empate, os goles anotados en campo contrario tiñan maior valor xerando así un punto a favor do equipo visitante. Se aínda así persistía o empate, disputábase unha prórroga e, en última instancia, o título decidíase mediante lanzamentos de penalti.
Historia
[editar | editar a fonte]A actual Supercopa de España ten os seus antecedentes históricos en tres torneos que enfrontaban aos campións da Liga Española e da Copa do Xeneralísimo:
- Copa de Campións (1939–1940)
- Copa de Ouro Arxentina (1944–1945)
- Copa Eva Duarte (1946–1953)
En xullo de 1982 a asemblea da Real Federación Española de Fútbol, a proposta do entón presidente do FC Barcelona, Josep Lluís Núñez, aprobou a creación dunha Supercopa que enfrontase anualmente aos campións de Liga e Copa[3].
Nos seus inicios o torneo disputábase a metade da tempada. A dificultade de atopar datas libres no calendario obrigou a suspender algunhas edicións, como en 1986]] e 1987. Tampouco houbo final en 1984 e 1989, xa que o campión de Liga e da Copa nesas tempadas foi o mesmo equipo, adxudicándose o título automaticamente.
Para potenciar o torneo, a partir de 1994 a RFEF decidiu adiantar a Supercopa no calendario, situándoa entre o final da pretemporada e o inicio do campionato de Liga[4].
Así mesmo, en 1996 a Federación Española acordou que, no caso que un equipo lograse o dobrete, o título da Supercopa disputaríano o campión de Liga fronte ao subcampión de Copa. Esta situación produciuse en 1996, 1998 e 2009[5], 2016 e 2018.
En xuño de 2021 anunciouse unha extensión do acordo co reino de Arabia Saudita por 10 anos, polo que a Supercopa seguirase disputando nese país alo menos até 2029.[6]
Historial
[editar | editar a fonte]Excepto nas edicións de 1983, 1988 e 1992, o primeiro partido xogouse sempre no estadio do campión de Copa. A edición de 2018 foi a primeira que xogouse a partido único e nun campo fóra de territorio español (Tánxer).
Formato de dous equipos
[editar | editar a fonte]Formato de catro equipos
[editar | editar a fonte]Ano | Campión | Resultado | Subcampión | Semifinalistas | Recinto |
---|---|---|---|---|---|
2019–20 | Real Madrid (terceiro posto na Liga 2018–19) |
0–0 (prór.) (4–1 pen.) |
Atlético Madrid (subcampións da Liga 2018–19) |
Valencia (campións da Copa 2018–19) |
Cidade Deportiva Rei Abdullah, Jeddah |
Barcelona (subcampións de Liga 2018–19 e Copa 2018–19) | |||||
2020–21 | Athletic Club (subcampións da Copa 2019–20)[a] |
3–2 (prór.) | Barcelona (subcampións da Liga 2019–20) |
Real Sociedad (campións da Copa 2019–20)[a] |
Estadio de La Cartuja, Sevilla |
Real Madrid (campións da Liga 2019–20) | |||||
2021–22 | Real Madrid (subcampións da Liga 2020–21) |
2–0 | Athletic Club (subcampións da Copa 2020–21) |
Barcelona (campións da Copa 2020–21) |
Estadio Rei Fahd, Riyadh |
Atlético de Madrid (campións da Liga 2020–21) | |||||
2022–23 | Barcelona (subcampións da Liga 2021–22) |
3–1 | Real Madrid (campións da Liga 2021–22) |
Valencia (subcampións da Copa 2021–22) |
Estadio Rei Fahd, Riyadh |
Real Betis (campións da Copa 2021–22) |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Pos. | Equipo | Campión | Subcampión | Títulos (anos) |
---|---|---|---|---|
1 | Barcelona | 13 | 10 | 1983, 1991, 1992, 1994, 1996, 2005, 2006, 2009, 2010, 2011, 2013, 2016, 2018 |
2 | Real Madrid | 10 | 5 | 1988, 1989, 1990, 1993, 1997, 2001, 2003, 2008, 2012, 2017 |
3 | Deportivo | 3 | 0 | 1995, 2000, 2002 |
4 | Atlético de Madrid | 2 | 4 | 1985, 2014 |
5 | Athletic Club | 2 | 2 | 1984, 2015 |
6 | Valencia | 1 | 3 | 1999 |
7 | Zaragoza | 1 | 2 | 2004 |
Sevilla | 1 | 2 | 2007 | |
8 | Mallorca | 1 | 1 | 1998 |
10 | Real Sociedad | 1 | 0 | 1982 |
11 | Espanyol | 0 | 2 | |
12 | Betis | 0 | 1 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Aprobada la nueva Supercopa de España en modelo final fopur FINAL FOUR: ASÍ SE LOGRARÁ EL BILLETE PARA JUGARLA". Diario As. 7 de febreiro de 2020. Consultado o 18 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Aprobada la nueva Supercopa de España en modelo final four: Así se logrará el billete para jugarla". EuroSport. 29 de abril de 2019. Consultado o 18 de xaneiro de 2023.
- ↑ Hemeroteca El Mundo Deportivo
- ↑ Hemeroteca El Mundo Deportivo
- ↑ Hemeroteca El Mundo Deportivo
- ↑ "Arabia Saudí acogerá la Supercopa de España hasta 2029". Marca. 7 de xuño de 2021. Consultado o 5 de xaneiro de 2023.