Saltar ao contido

Tánxer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTánxer
طنجة (ar)
ⵟⴰⵏⵊⴰ (tzm) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 35°46′36″N 5°48′14″O / 35.7767, -5.8039
Monarquía constitucionalMarrocos
RexiónTánxer-Tétouan-Al Hoceïma
PrefecturaTânger-Azilal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación947.952 (2014) Editar o valor en Wikidata (4.751,64 hab./km²)
Número de fogares362.062 (2024) Editar o valor en Wikidata
Lingua usadaárabe magrebí
Língua gomara (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie199,5 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude56 m-80 m Editar o valor en Wikidata
Creaciónséculo V a. C. Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal90000, 90010, 90020, 90030, 90040, 90050, 90060, 90070, 90080, 90090 e 90100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2MA-TNG Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

BNE: XX450798

Tánxer[1][2] (en árabe: طنجة Ṭanjah; en bérber: ⵟⴰⵏⵊⴰ Ṭanja) é unha cidade ao norte de Marrocos, capital da rexión de Tánxer-Tetuán. Está situada na costa norteafricana, á entrada do estreito de Xibraltar. Contaba en 2004 cunha poboación de 669.680 habitantes.

A cidade foi fundada por colonizadores cartaxinenses a comezos do século V a.C. O seu nome posiblemente deriva da deusa berber Tinjis (ou Tinga). No primeiro século a.C., pasou a estar gobernada polos romanos. No mandato de Augusto, a colonia foi a capital da provincia de Mauretania Tingitana. No século V, os vándalos conquistaron e ocuparon "Tingi". Un século despois pasou a formar parte do Imperio bizantino, pouco antes de estar controlada e islamizada polos árabes da dinastía Omeia no 702.

Na Baixa Idade Media, Tánxer pasou a pertencer, desde 1471, a Portugal, despois de varios intentos errados, até que en 1661 pasou a Carlos II de Inglaterra como parte do dote da infanta portuguesa Catarina de Braganza. Non obstante, o dominio inglés sobre a cidade durou pouco tempo. En 1679 o sultán Moulay Ismail de Marrocos tentou sen éxito ocupar a cidade, pero mantivo un gran bloqueo que finalmente levou á retirada inglesa o día 6 de febreiro de 1684.

Século XX

[editar | editar a fonte]

Xa no século XX, Tánxer estivo na base dunha crise internacional que precede á I Guerra Mundial, debido a que o káiser Guillerme II quixo establecer alí intereses alemáns, indo contra os intereses de Francia, que tentaba tamén controlar o sultanato.

Tras converterse Marrocos nun protectorado francés en 1912, a cidade acabou por ser declarada zona internacional, administrada polo Reino Unido, España, Francia, a partir de 1923 tamén por Portugal, Italia, Bélxica, Países Baixos, Suecia, Estados Unidos e, desde 1945, Unión Soviética. Foi despois unida ao reino de Marrocos, cando a independencia deste en 1956.

Economía

[editar | editar a fonte]

Tánxer é o segundo centro industrial máis importante de Marrocos, despois de Casablanca, con industrias téxtil, química, metalúrxica e naval. Actualmente, a cidade posúe dous parques industriais, que teñen o estatuto de zona Franca.

A economía de Tánxer baséase fortemente no turismo. O número de resorts á beira do mar vén aumentando, con proxectos patrocinados por investimentos estranxeiros. Compañías do sector inmobiliario e do sector de construción civil están investindo cada vez máis na infraestrutura turística.

O comercio artesanal na cidade vella (Medina) especializouse principalmente en produtos de coiro, manufacturas de madeira e prata, roupas tradicionais, e calzado. A agricultura da área basicamente produce cereais.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tanxerino.
  2. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]