Símaco, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 460 Sardeña, Italia |
Morte | 19 de xullo de 514 (53/54 anos) Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
51º Papa | |
23 de novembro de 498 – 19 de xullo de 514 (Gregoriano) ← Anastasio II – Hormisdas → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico, autor |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 19 de xullo |
Descrito pola fonte | 1911 Encyclopædia Britannica/Symmachus (en) Catholic Encyclopedia (1913)/Pope St. Symmachus (en) Encyclopædia Britannica |
Símaco, nado en Sardeña cara ao ano 450 e finado en Roma o 19 de xullo de 514, foi o 51º papa da Igrexa católica entre 498 e 514.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun tal Fortunato, foi arquidiácono durante o pontificado de Anastasio II, ao que sucedeu no pontificado ao ser elixido por unha parte do clero romano.
O mesmo día da súa elección, o 22 de novembro de 498, unha facción disidente do clero romano apoiada polo emperador bizantino Anastasio I, encabezada polo senador Festo, procedeu á elección do arcipreste de Santa Práxedes, Lourenzo, como antipapa.
Ante a existencia de dous pontífices, o rei ostrogodo Teodorico o Grande, intentou acabar co nacente cisma apoiando a Símaco. Finalmente, este convocou un concilio o 1 de marzo de 499, no que Lourenzo, tras aceptar a lexitimidade do seu rival como pontífice, foi nomeado bispo de Nocera. Neste sínodo decretouse que todo crego que, durante o pontificado dun papa, intrigase para elixir o seu futuro sucesor, sería excomungado.
Porén, o cisma reiniciouse en 501, cando o senador Festo acusou a Símaco de diversos crimes e convenceu a Lourenzo para que regresase a Roma. O Papa negouse a comparecer perante o rei para responder as acusacións alegando que ningún poder temporal tiña xurisdición sobre el.
O 23 de outubro de 502 convocouse un novo sínodo, coñecido como Synodus Palmaris, que decretou que ningunha corte humana podía axuizar a un papa xa que este só podía ser xulgado por Deus.
Ante isto, Teodorico instalou a Lourenzo no Palacio de Letrán como papa, co que o cisma se mantivo aberto durante catro anos ata que, en 506, o rei retirou o seu apoio a Lourenzo pola súa excesiva conivencia coa corte bizantina e, tras expulsar a todos os probizantinos, apoiou definitivamente a Símaco.
Durante o seu pontificado, Símaco apoiou economicamente os bispos de África que se encontraban desterrados en Sardeña tralas persecucións ás que os vándalos, de doutrina ariana, someteran á Igrexa do norte de África. Tamén concedeu a liberdade aos escravos que mantiña a Igrexa, e atribúeselle a construción inicial do Palacio Vaticano.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Símaco, papa |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Anastasio II |
papa 498-514 |
Sucesor: Hormisdas |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |