Saltar ao contido

Sisto I, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSisto I, papa

(1842) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Sixtus PP. I Romanus
(la) Xystus PP. I Romanus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 42 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Mortedécada de 120 Editar o valor en Wikidata (83/93 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro Editar o valor en Wikidata
Papa
década de 110 – década de 120
← Alexandre ITelésforo → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo e Igrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
CelebraciónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Día de festividade relixiosa3 de abril Editar o valor en Wikidata
Símbolo iconográficoPapal symbols (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Patrón deAlife (pt) Traducir e Alatri Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Sixtus I. Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1588105

Sisto I,[1] chamado logo san Sisto, nado probablemente en Roma e morto talvez na mesma cidade en 126, foi bispo cristián de Roma entre o 113 e o 126[2].

Vida e pontificado

[editar | editar a fonte]

Como na maior parte dos primeiros papas, pouco se sabe da súa vida e do seu labor profesional, e os feitos que se lle atribúen son a miúdo dubidosos. Crese que procedía dunha familia da Elvidia (Grecia), e o Liber pontificalis di que sistematizou algúns ritos prohibindo que os obxectos sagrados fosen tocados por persoas que non fosen ministros oficiados. Tamén se lle atribúe o triplo canto do Sanctus na misa, a norma de que os bispos que van a Roma deben regresar ás súas dioceses cunha misiva de comuñón co papa, e unhas epístolas apócrifas sobre a doutrina da Trindade.

Durante o seu pontificado comezan a rexistrarse as primeiras diferenzas entre a Igrexa de Occidente e a Igrexa de Oriente, por cuestións do calendario de celebración da Pascua.

Morte e santidade

[editar | editar a fonte]

Como todos os papas que o foron antes da emisión do Edicto de Milán, é considerado santo. Ademais, a Igrexa teno por mártir e venérao o 6 de abril a canda os outros papas santos co mesmo nome Sisto II e Sisto III, se ben non está probado que fose asasinado polas súas crenzas.

Foi soterrado no Vaticano por mandato de Pascual I. As súas reliquias atoparíanse pois neste templo, e mais nas catedrais de Alatri e de Alife, dúas vilas do interior de Italia, ata onde serían levadas na Idade Media.

Parroquias galegas

[editar | editar a fonte]

Non hai ningunha parroquia galega baixo a avogación de san Sisto.

  1. Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  2. Donald Attwater. A Dictionary of the Popes, The Catholic Book Club, Londres, 1939.