Río Cinca
Tipo | curso de auga río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Altitude inicial | 2.590 m | ||||
División administrativa | Bielsa, España | ||||
Localización | ibón de Marboré (en) | ||||
Final | |||||
Altitude final | 72 m | ||||
División administrativa | Segrià, España | ||||
Localización | Massalcoreig | ||||
Desembocadura | Río Segre (Aiguabarreig Segre-Cinca (en) ) | ||||
| |||||
Afluentes | Río Ésera, Río Ara, España, Río Vero (en) , Alcanadre (en) , Sosa river (en) , Q9072197 , La Nata River (en) , Llastre (en) | ||||
Conca hidrográfica | Conca do Ebro | ||||
Características | |||||
Dimensións | 170 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 9.000 km² | ||||
O río Cinca é un curso fluvial aragonés, o segundo máis caudaloso da comunidade autónoma. É un afluente do Segre pola súa beira dereita, e polo tanto un subafluente do Ebro.
Percorrido
[editar | editar a fonte]O Cinca nace nos Pireneos, no lago de Pineta a uns 2.500 msnm, baixo o pico de Tres Sorores, na comarca do Sobrarbe. O seu curso toma unha dirección N-S, aínda que vai devalando lixeiramente cara a oriente. Durante o seu curso medio atravesa localidades como Fraga, Monzón e Barbastro. Desauga no Segre á altura da Granja d'Escarp, poucos quilómetros antes da confluencia deste río co Ebro.
Afluentes
[editar | editar a fonte]Pola dereita:
Pola esquerda:
Límite lingüístico
[editar | editar a fonte]O curso baixo do Cinca marca, actualmente, a fronteira lingüística entre o catalán e o castelán (no pasado co aragonés). Atravesa localidades importantes da Franja del Ponent (a zona lingüística catalá occidental) como son Fraga e Massalcoreig, a única poboación administrativamente catalá do seu curso.
Explotación
[editar | editar a fonte]No curso alto do Cinca están situados os encoros de Lo Grau e Mediano
Protección ambiental
[editar | editar a fonte]No seu curso alto nace dentro do Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido. No lado catalán, a contorna do sistema Segre-Cinca está protexido como Espazo de Interese Natural.