Paul Thomas Anderson
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xuño de 1970 (54 anos) Studio City, Estados Unidos de América |
Residencia | Val de San Fernando Los Angeles |
Educación | Universidade de Nova York Colexio Montclair Escola Preparatoria The Buckley School (en) Cushing Academy (en) Campbell Hall School (en) Emerson College (en) Santa Monica College John Thomas Dye School (en) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, realizador, produtor, director de fotografía, guionista, produtor de cinema, escritor |
Período de actividade | 1988 - |
Membro de | |
Influencias | |
Familia | |
Parella | Maya Rudolph (2001–) |
Fillos | Pearl Anderson |
Pai | Ernie Anderson |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, NFF Archief |
|
Paul Thomas Anderson, nado en Studio City, un barrio dos Ánxeles (California) o 26 de xuño de 1970 é un director, guionista e produtor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Paul Thomas Anderson naceu en 1970, fillo de Edwina Gough e Ernie Anderson.[1][2] Ernie foi actor de voz e presentador dun programa de terror en Cleveland titulado "Ghoulardi" (que logo daría nome á produtora de Paul Thomas Anderson).[1][2] Anderson creceu no Val de San Fernando.[3] Tivo unha relación complexa coa súa nai, máis estaba próximo ao seu pai, que o apoiou para converterse en guionista e director.[4] Estivo involucrado na creación de cinema e nunca tivo outro plan que ser director.[5] Fixo o seu primeiro filme con oito anos[6] e comezou a gravar vídeos coa cámara Betamax que o seu pai comprou en 1982. Comezou a escribir na adolescencia.
Escribiu e filmou a súa primeira produción real no instituto usando o diñeiro que gañou limpando gaiolas nunha tenda de animais.[7] O filme foi un falso documental de trinta minutos titulado The Dirk Diggler Story (1988), sobre un actor pornográfico inspirado en John Holmes, que foi tamén a inspiración para Boogie Nights.[4]
Anderson pasou dous semestres no Emerson College e dous días na Universidade de Nova York antes de comezar a súa carreira como axudante de produción en telefilmes, vídeos musicais e concursos.[8][9] Con algún diñeiro que gañara en apostas, a tarxeta de crédito da súa moza e 10 000 dólares que o seu pai gardara para a universidade decidiu facer un filme de vinte minutos que sería a súa "universidade".[8] O filme foi Cigarettes & Coffee (1993), que se viu no Festival de Sundance de 1993.
En 1996 realizou a súa primeira longametraxe, Sydney, retitulada como Hard Eight.[4] O filme foi exhibido na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes.[10][11]
O filme que lanzou a Anderson foi Boogie Nights (1997),[7][12] que tamén reviviu a carreira de Burt Reynolds[13][14] e deu os seus primeiros grandes papeis a Mark Wahlberg[15] e Julianne Moore.[16]
Tralo éxito de Boogie Nights, a produtora New Line dixo a Anderson que podía facer o que quixese no seu seguinte filme e deulle o control creativo.[4] A pesra de que inicialmente Anderson quixo facer un filme "pequeno e íntimo", o guión creceu e converteuse no filme coral Magnolia (1999).[17][18] A continuación decidiu que quería traballar con Adam Sandler nun filme de noventa minutos.[12][17] Foi a comedia romántica Punch-Drunk Love (2002), con Emily Watson.
There Will Be Blood (2007) estaba en parte baseado na novela Oil!, de Upton Sinclair[19] e valeulle a Daniel Day-Lewis o Oscar ao mellor actor.[20] The Master (2012) trata sobre un "intelectual carismático" que comeza unha nova relixión na década de 1950.[21] Aínda que o filme non fai ningunha referencia, está "amplamente asumido que está baseado na Ciencioloxía."[22] O seguinte traballo foi Puro vicio (2014), baseada na novela de Thomas Pynchon.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Longametraxes
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Acreditado como | Rotten Tomatoes[23] | Metacritic[24] | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Director | Guionista | Produtor | ||||
1996 | Hard Eight (tamén coñecida como Sydney) | Si | Si | 83% | 78 | |
1997 | Boogie Nights | Si | Si | Si | 92% | 85 |
1999 | Magnolia | Si | Si | Si | 84% | 77 |
2002 | Punch-Drunk Love | Si | Si | Si | 79% | 78 |
2007 | There Will Be Blood | Si | Si | Si | 91% | 92 |
2012 | The Master | Si | Si | Si | 85% | 86 |
2014 | Puro vicio | Si | Si | Si | 72% | 81 |
2017 | Phantom Thread | Si | Si | Si | ||
Media | 84% | 82 |
Documentais
[editar | editar a fonte]- Junun (2015)
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]- The Dirk Diggler Story (1988)
- Cigarettes & Coffee (1993)
- Flagpole Special (1998)
- Couch (2002)
Vídeos musicais
[editar | editar a fonte]- "Try" by Michael Penn (1997)
- "Across the Universe" by Fiona Apple (1998)
- "Fast as You Can" by Fiona Apple (1999)
- "Save Me" by Aimee Mann (1999)
- "Limp" by Fiona Apple (2000)
- "Paper Bag" by Fiona Apple (2000)
- "Here We Go" by Jon Brion (2002)
- "Hot Knife" by Fiona Apple (2013)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Waxman, Sharon R. (2005). Rebels on the backlot: six maverick directors and how they conquered the Hollywood studio system. HarperCollins. p. 84. ISBN 978-0-06-054017-3.
- ↑ 2,0 2,1 Luttermoser, John (5 de abril de 2008). "'There Will Be Blood' comes out on video Tuesday". Cleveland.com. Cleveland Live, Inc. Consultado o 28 de setembro de 2010.
- ↑ Waxman, Sharon R. (2005). Rebels on the backlot: six maverick directors and how they conquered the Hollywood studio system. HarperCollins. ISBN 978-0-06-054017-3.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Hirshberg, Lynn (19 de decembro de 1999). "His Way". The New York Times (The New York Times Company). Consultado o February 10, 2010.
- ↑ Johnston, Robert K. (2004). Useless Beauty: Ecclesiastes Through The Lens Of Contemporary Film. Baker Academic. pp. 73–74. ISBN 978-0-8010-2785-7.
- ↑ Hirschberg, Lynn (5 de xuño de 2013). "The Master Director: Paul Thomas Anderson". PORT Magazine. Consultado o 8 de xuño de 2013.
- ↑ 7,0 7,1 "The Minor Works of Paul Thomas Anderson". Slate. Graham Holdings Company. 13 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2014. Consultado o 28 de maio de 2014.
- ↑ 8,0 8,1 Ebert, Roger (19 de outubro de 1997). "Director's talent makes 'Boogie' fever infectious". rogerebert.com. Chicago Sun-Times. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 21 de maio de 2011.
- ↑ Waxman, Sharon R. (2005). Rebels on the backlot: six maverick directors and how they conquered the Hollywood studio system. HarperCollins. p. 86. ISBN 978-0-06-054017-3.
- ↑ Waxman, Sharon R. (2005). Rebels on the backlot: six maverick directors and how they conquered the Hollywood studio system. HarperCollins. ISBN 978-0-06-054017-3.
- ↑ "Festival de Cannes: Hard Eight". Festival-Cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o September 20, 2009.
- ↑ 12,0 12,1 Pilkington, Ed (4 de xaneiro de 2008). "'Tell the story! Tell the story!'". The Guardian. Guardian Media Group. Consultado o 9 de marzo de 2011.
- ↑ Kennedy, Helen (19 de xaneiro de 1998). "'TITANIC' FLOATS THEIR BOATS WINS GOLDEN GLOBES FOR DRAMA, DIRECTOR". NYDailyNews.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2023. Consultado o August 23, 2010.
- ↑ Corliss, Richard (17 de decembro de 2008). "Burt Reynolds, Boogie Nights". Time.com (Time Inc.). Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2011. Consultado o 26 de febreiro de 2011.
- ↑ Travers, Peter (10 de outubro de 1997). "Boogie Nights". RollingStone.com. Jann Wenner. Consultado o 26 de febreiro de 2011.
- ↑ Reid, Joe (1 de marzo de 2010). "Julianne Moore Returning to As the World Turns". SOAPnet.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2012. Consultado o 26 de febreiro de 2011.
- ↑ 17,0 17,1 Patterson, John (10 de marzo de 2000). "Magnolia Maniac". guardian.co.uk. Guardian News and Media Limited. Consultado o 12 de abril de 2010.
- ↑ Schickel, Richard (27 de decembro de 1999). "Cinema: Magnolia". Time.com (Time Inc.). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2011. Consultado o 26 de febreiro de 2011.
- ↑ Goodwin, Christopher (25 de novembro de 2007). "Daniel Day-Lewis Gives Blood, Sweat and Tears". The Sunday Times. Times Newspapers Ltd. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2011. Consultado o 21 de decembro de 2009.
- ↑ "Oscars Ceremonies 2008". Oscars.org. Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Consultado o 12 de febreiro de 2015.
- ↑ Fleming, Michael (2 de decembro de 2009). "Anderson working on 'Master'". Variety. Reed Business Information. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2012. Consultado o 2 de decembro de 2009.
- ↑ Pilkington, Ed (26 de abril de 2011). "Church of Scientology snaps up Hollywood film studio". The Guardian. Guardian News and Media Limited. Consultado o 9 de marzo de 2011.
- ↑ Flixter (ed.). "Paul Thomas Anderson". Rotten Tomatoes. Consultado o 25 de abril de 2015.
- ↑ CBS Interactive (ed.). "Paul Thomas Anderson". Metacritic. Consultado o 25 de abril de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paul Thomas Anderson |