Saltar ao contido

John Huston

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Huston

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) John Marcellus Huston Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de agosto de 1906 Editar o valor en Wikidata
Nevada, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte28 de agosto de 1987 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Middletown, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Hollywood Forever Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónArt Students League of New York (pt) Traducir
Abraham Lincoln High School (en) Traducir
Escola Preparatoria de Hollywood Editar o valor en Wikidata
Altura187 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Hollywood Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor, produtor de cinema, escritor, actor de xénero, guionista, actor de cinema, director de cinema, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1930 Editar o valor en Wikidata - 1987 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSamuel Goldwyn Productions (en) Traducir
Universal Studios
Signal Corps (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeCeleste Shane (1972–1977), divorcio
Enrica Soma (1950–1969), morte do cónxuxe
Evelyn Keyes (1946–1950), divorcio
Lesley Black (1937–1945), divorcio
Dorothy Harvey (1925–1933), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosAllegra Huston, filla adoptiva
 () John Julius NorwichEnrica Soma
Tony Huston
 () Enrica Soma
Anjelica Huston
 () Enrica Soma
Danny Huston
 () Zoe Sallis Editar o valor en Wikidata
PaisWalter Huston Editar o valor en Wikidata  e Rhea Gore Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001379 Allocine: 351 Rottentomatoes: celebrity/john_huston Allmovie: p95260 TCM: 510041 TV.com: people/john-huston IBDB: 15194
BNE: XX1643464 Musicbrainz: cfd1a291-222b-493d-aaae-ba1047ec8a58 Discogs: 1564219 WikiTree: Huston-724 Find a Grave: 1332 Editar o valor en Wikidata

John Huston, nado en Nevada (Missouri) o 5 de agosto de 1906 e finado o 28 de agosto de 1987, foi un director, guionista e actor de cinema norteamericano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi un personaxe inquedo, xa que tamén foi boxeador, xornalista, novelista, militar, criador de cabalos, cazador, coleccionista de arte... De feito, na súa adolescencia chegou a ser un campión de boxeo e exerceu como agregado militar estadounidense no exército mexicano. Contraeu o seu primeiro matrimonio á temperá idade de 20 anos. Viviu como pintor na rúa en París durante unha tempada, traballou como actor e foi redactor nunha revista neoiorquina.

Comezou no cine como extra nalgunha película, como O home de palla, Santos do inferno ou The Storm. Grazas ao seu pai, que era actor, foi guionista de varias películas de William Wyler (A casa da discordia ou Jezebel) e traballou nunha cantidade impresionante de guións durante a década de 1930 e principios dos anos 1940 (O sarxento York, O dobre crime de rúa Morgue, O último refuxio, entre outras). A súa primeira película como director, da que tamén foi guionista, O falcón maltés, segue sendo considerada unha obra mestra da historia do cine, con Humphrey Bogart como protagonista. As súas seguintes películas importantes tamén estiveron protagonizadas por Bogart: O tesouro de Serra Madre e Key Largo.

A raíña de África, outra das súas obras mestras, rodada en 1951, demostrou ao seu equipo ata onde estaba disposto a chegar para rodar unha película, rodando na República do Congo, con mosquitos, calor e todo tipo de enfermidades. Errol Flynn e Trevor Howard tamén sufriron grandes penalidades durante a rodaxe de As raíces do ceo no Chad.

Con todo, a súa carreira tivo certa irregularidade, ao aceptar dirixir películas como A Biblia, producida por Dino de Laurentiis; Annie; Evasión ou vitoria, ou Casino Royale, película de James Bond que contou con cinco directores distintos.

A pesar diso, seguiu facendo grandes películas posteriormente, como Reflexos nun ollo dourado ou Debaixo do volcán.

Tivo ocasión de dirixir ao seu propio pai, o oscarizado actor Walter Huston, en polo menos cinco longametraxes, e tamén dirixiu á súa filla, Anjelica Huston, en A honra dos Prizzi e en Dublineses, entre outras.

Faleceu en Middletown (Rhode Island) dun enfisema. Pódese afirmar que Huston é un dos grandes directores da historia recente do cine.

Filmografía como director

[editar | editar a fonte]
Estatua de John Huston, Porto Vallarta, México.

Como guionista

[editar | editar a fonte]

Como actor

[editar | editar a fonte]

Non inclue filmes nos que tamén foi director