Saltar ao contido

Cleveland, Ohio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cleveland»)
Modelo:Xeografía políticaCleveland, Ohio
Cleveland (en) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Fotomontaxe
Vista no inverno
Imaxe

AlcumeThe Land, The Forest City e Klivlend Editar o valor en Wikidata
EpónimoMoses Cleaveland (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°29′57″N 81°41′41″O / 41.4992, -81.6947
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoOhio
Condado (pt) TraducirCondado de Cuyahoga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación372.624 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.744,6 hab./km²)
Número de fogares174.920 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaGreater Cleveland (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:2.088.251) Editar o valor en Wikidata
Superficie213,587322 km² Editar o valor en Wikidata
Auga5,7829 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Bañado porCuyahoga River (en) Traducir e Lago Erie Editar o valor en Wikidata
Altitude199 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorMoses Cleaveland (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación22 de xullo de 1796 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Cleveland, Ohio (en) Traducir Editar o valor en WikidataJustin Bibb (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCleveland City Council (en) Traducir , (Escano: 17) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal44101–44199, 44101, 44104, 44109, 44112, 44116, 44119, 44122, 44125, 44126, 44130, 44131, 44133, 44134, 44136, 44139, 44141, 44143, 44144, 44147, 44150, 44152, 44154, 44158, 44160, 44164, 44168, 44172, 44174, 44177, 44181, 44185, 44188, 44190, 44189, 44186, 44193 e 44195 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico216 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Ibadan
Lima
Nettuno (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 21+

Sitio webclevelandohio.gov Editar o valor en Wikidata

Cleveland é unha cidade estadounidense que pertence ao estado de Ohio. É a sede do condado de Cuyahoga, o máis poboado deste estado. Segundo o censo de 2010, a cidade de seu ten un total de 396.815 habitantes, convertendo a Cleveland na cuadraxésimo quinta cidade máis grande dos Estados Unidos, e na segunda máis grande de Ohio.

Coordenadas

[editar | editar a fonte]

A cidade está situada no nordeste de Ohio, na ribeira sur do lago Erie, aproximadamente a 60 millas (97 km) ao oeste da fronteira co estado de Pensilvania. Fundouse en 1796 preto da desembocadura do río Cuyahoga, e converteuse nun centro manufactureiro grazas á súa localización na ribeira, así como a estar conectado con numerosas canais e liñas de ferrocarril.

Fundación

[editar | editar a fonte]

En 1796, o xeneral Moses Cleaveland, inspeccionando a rexión ao sur do lago Erie para a Connetticut Land Company, considerou a foz do río Cuyahoga un bo lugar para asentar unha cidade coma centro do territorio Western Reserve. Dispuxo unha praza central (Public Square, á maneira das vilas de Nova Inglaterra) e parcelou o terreo arredor[1].

Pero as condicións insalubres por pantanosas das terras nas que levantouse Cleaveland e a dureza dos invernos disuadiron aos colonos e impediron que fora pouco máis que un pobo ata a terceira década do século XIX[2].

Crecemento

[editar | editar a fonte]

Foi da man da posta en marcha do canal do Erie-Ohio en 1832 e a posterior chegada do ferrocarril que a posición da poboación adquiriu importancia no tráfico de mercadorías entre os Grandes Lagos e o val do Mississippi. Perdeu o a e converteuse en Cleveland.

De seguido urbanizáronse as terras baixas da foz (os Flats[3]) onde xa estaba a medrar a poboación rival de Ohio City na beira occidental do Cuyahoga[4]. Foi o lugar onde se asentáron industrias e os seus traballadores, maiormente inmigrantes (irlandeses e alemáns). Máis tarde construíronse peiraos no lago e no vello leito do río. Ohio City foi anexionada en 1854.

Na outra beira, en Cleveland propiamente, tamén se produciu a expansión da cidade ao leste con grandes avenidas diagonais partindo da Public Square (Euclid Avenue)[5].

Cleveland en 1904

Exlosión económica

[editar | editar a fonte]

O período da guerra civil (1861-65) e a posguerra foron os dun auténtico boom económico para a cidade que pasou a se converter nun centro manufactureiro de primeiro orde, xigante industrial da nación sobre todo na industria pesada (o aceiro, ao seres intermediaria do mineral que viña de Minnesota cara as grandes cidades da costa leste; os Rockefeller comezaron aquí a súa fortuna cunha refinería a partir de 1870). A poboación máis que duplicouse en apenas unha década e Cleveland acadou todos os servizos e adiantos dunha urbe moderna (primeiro alumeado público eléctrico do mundo na Public Square)[6].

O século XX comezou coa proposta dun "salón urbano" a maneira do Mall de Washington e co mesmo nome. Proxectado por D. Burnham entre outros, unía a esquina nordeste da Public Square coa beira do lago Erie[7]. Inda que non levada completamente a cabo, representou a primeira e máis lograda realización de centro cívico fora do da capital do país.

Crise económica e decadencia

[editar | editar a fonte]

Os anos vinte representaron o cénit da prosperidade de Cleveland cando era a quinta metrópole dos Estados Unidos. A erección da Terminal Tower (1927, a máis alta do mundo fóra de Nova York) no suroeste da Public Square simbolizou ese poderío. Despois veu a Gran Depresión da que o Exposición dos Grandes Lagos de 1936 (na beira do lago, xusto diante do Mall [8]) tentou seres un revulsivo.

Pero os anos duros inda estaban por vir. Coma para todo a área coñecida anteriormente coma Cinto do Aceiro (Detroit-Cleveland-Pittsburgh) a recesión dos setenta na industria pesada castigou a cidade e a súa área metropolitana (no agora chamado Cinto do Ferruxe).

O incerto futuro encárase con plans de renovación e revitalización do centro urbano e os barrios, e buscando investimentos en novos sectores produtivos.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

De acordo coa Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha área total de 82,47 millas cadradas (213,60 km2), das cales, 77,70 millas cadradas (201,24 km2) son terra e 4,77 millas cadradas (12,35 km2) son auga. A ribeira do lago Erie sitúase a 569 pés (173 m) por riba do nivel do mar; porén a cidade repousa sobre acantilados irregulares que se estenden de maneira abrupta en paralelo có lago. En Cleveland estes acantilados son cortados principalmente polo río Cuyahoga, Big Creek, e Euclid Creek. A terra ascende rapidamente dende a ribeira do lago. A “Public Square”, a menos dunha milla (2 km) terra adentro, atópase a unha altura de 650 pés (198 m), e o aeroporto Hopkins, a só 5 millas (8 km) terra adentro dende o lago, atópase a unha altitude de 791 pés (241 m).

Como é típico da rexión dos grandes lagos, Cleveland presenta un clima continental con catro estacións ben diferenciadas, o que deriva nun clima continental húmido. Os veráns son quentes e húmidos, mentres que os invernos son fríos e nevarentos.

Cleveland Downtown

Economía

[editar | editar a fonte]

A localización xeográfica de Cleveland no río Cuyahoga e no lago Erie foi a clave para o seu crecemento. O canal de Ohio e de Erie xunto coas liñas ferroviarias axudaron a establecer a cidade como un importante centro comercial. O aceiro e moitos outros produtos manufacturados emerxeron como as industrias máis importantes. A cidade diversificou a súa economía máis alá do seu sector manufactureiro. Cleveland acolle as sedes centrais de moitas grandes compañías, tales como “Applied Industrial Technologies”, “Eaton”, “Forest City Enterprises”, “Sherwin-Williams Company” e “KeyCorp”. A NASA mantén unha das súas instalacións en Cleveland, o “Glenn Research Center”. “Jones Day”, un bufete de avogados dos máis grandes nos Estados Unidos, comezou en Cleveland. Cleveland e as áreas residenciais circundantes acollen tamén varias empresas privadas de capitais, incluíndo a “Riverside Company”, “Kirtland Capital Partners”, “Resilience Capital Partners” e “Primus Capital”.

Ocio e educación

[editar | editar a fonte]
Medio dólar conmemorativo do Centenario de Cleveland en 1936.

O distrito escolar metropolitano de Cleveland é a rexión con máis escolas infantís e primarias no estado de Ohio, con 127 escolas e matrículas de 55.567 estudantes durante o ano académico 2006-2007. É a única rexión en Ohio que se atopa baixo o control directo do alcalde, quen designa o consello de administración. Aproximadamente unha milla cadrada (2,6 km2) de Cleveland, contiguo á veciñanza de Shaker Square, pertence ao “Shaker Heights City School District”. A área, que foi unha parte do distrito da escola Shaker dende a década dos 20, permite a estes residentes de Cleveland pagar as mesmas taxas estudantís que os residentes de Shaker, así como votar nas eleccións ao consello escolar desta escola.

Escolas privadas: Benedictine High School, Cleveland Central Catholic High School, Eleanor Gerson School, Montessori High School at University Circle, St. Ignatius High School, St. Joseph Academy, Villa Angela-St. Joseph High School, Urban Community School, Saint Martin de Porres e The Bridge Avenue School.

Os equipos deportivos profesionais de Cleveland inclúen os “Cleveland Indians” (grandes ligas de béisbol), “Cleveland Browns” (liga nacional de fútbol americano), “Cleveland Cavaliers” (National Basketball Association; en galego, Asociación Nacional de Baloncesto) e “Lake Erie Monsters” (liga estadounidense de hockey).

Medios de comunicación

[editar | editar a fonte]

Só existe un xornal diario en Cleveland chamado “The Plain Dealer”. Tamén se distribúe na cidade unha revista mensual de cultura rexional, chamada “Cleveland Magazine”.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2010. Consultado o 06 de marzo de 2013. 
  2. [1]
  3. [2]
  4. [3]
  5. [4]
  6. [5]
  7. [6]
  8. [7][Ligazón morta]