Saltar ao contido

Paracelso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaParacelso

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Philippus Aureolus Theophrastus Bombast von Hohenheim Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Philippus Aureolus Theophrastus Bombastus von Hohenheim Editar o valor en Wikidata
10 de novembro de 1493 Editar o valor en Wikidata
Einsiedeln (Antiga Confederación Suíza) Editar o valor en Wikidata
Morte24 de setembro de 1541 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Salzburgo (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTomb of Paracelsus (en) Traducir, St. Sebastian's Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Ferrara (pt) Traducir
Universidade de Basilea
Universidade de Viena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina, alquimia e astroloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico escritor, químico, filósofo, naturalista, médico, farmacéutico, astrónomo, otorrinolaringólogo, astrólogo, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Basilea Editar o valor en Wikidata
AlumnosLorenz Lutz (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioParacelsus Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisWilhelm Bombast von Hohenheim Editar o valor en Wikidata  e NN Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1075957 IMSLP: Category:Paracelsus Find a Grave: 12402 Editar o valor en Wikidata

Theophrastus Phillippus Aureolus Bombastus von Hohenheim,[1] ou Theophrastus Bombast von Hohenheim,[2][3] nado en Zürich (Einsiedeln) o 10 de novembro de 1493 e finado en Salzburgo o 24 de setembro de 1541,[4] foi un alquimista, médico e astrólogo suízo, coñecido como Paracelso ou Teofrasto Paracelso.

Críase que lograra a transmutación do chumbo en ouro mediante procedementos alquimistas. Amais, deulle ao zinc o seu nome, chamándoo zincum.[5] Escolleu para si mesmo o nome Paracelso (Paracelsus en latín), que significa "superior a Celso", en referencia a Aulo Cornelio Celso, médico romano do século I.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Memorial de Paracelso no parque que leva o seu nome, en Einsiedeln (Suíza)
Monumento a Paracelso en Beratzhausen, Baviera
Gravado dunha salamántiga segundo Paracelso

Naceu e foi criado en Einsiedeln (Zürich), fillo do médico e alquimista suabo Wilhelm Bombast von Hohenheim e de nai suíza. Na súa xuventude traballou nas minas como analista. Comezou os seus estudos aos 16 anos na universidade de Basilea, proseguiunos en Viena e doutorouse na universidade de Ferrara.

Paracelso estaba en contra da idea que entón tiñan os médicos de que a cirurxía era unha actividade marxinal relegada aos barbeiros.

As súas investigacións foron sobre todo no campo da mineraloxía. Realizou varias viaxes en busca do coñecemento da alquimia. Fabricou remedios e medicamentos coa axuda dos minerais para destinalos á loita do corpo contra a enfermidade.

Outra achega á medicina moderna foi a introdución do termo sinovial; de aí o líquido sinovial, que lubrifica as articulacións.

Ademais, estudou e descubriu as características de moitas enfermidades, como a sífilis e o bocio. Para combatelas serviuse do xofre e do mercurio.

Disque Paracelso foi un precursor da homeopatía, pois aseguraba que "o parello cura o parello" e nesa teoría fundamentaba a fabricación das súas medicinas.

A orde cósmica era o que lle interesaba a Paracelso en primeira instancia, e achouna na tradición astrolóxica. A doutrina do Astrum in corpore é a súa idea capital. Fiel á concepción do ser humano como microcosmos, puxo o firmamento no corpo deste e designouno como Astrum ou Sydus (en galego, astro ou constelación). Foi para el un ceo endosomático en que o curso estelar non coincide co do ceo astronómico, senón coa constelación individual que comeza co "ascendente" ou horóscopo.

Atribúeselle a paternidade do termo espaxiria.

Un dos principios de Paracelso foi: "unicamente un home virtuoso pode ser bo médico". Para el a medicina tiña catro piares:

  • A astronomía
  • As ciencias naturais
  • A química
  • O amor

Introduciu o uso do láudano.

O seu principal libro foi A gran cirurxía (Die Grosse Wundartzney).

Malia gañar bastantes inimigos e ter fama de mago, contribuíu en gran maneira a que a medicina seguise un camiño máis científico e se afastase das teorías da escolástica.

Tamén achegou datos alquímicos. A Paracelso atribuíselle a idea de que os catro elementos (terra, lume, aire e auga) pertencían a criaturas fantásticas que xa existían antes do mundo. Así pois, a terra pertencería aos gnomos, a auga ás nereidas (ninfas acuáticas), o aire aos silfos (espíritos do vento) e o lume ás salamántigas (fadas de lume).

Igualmente, Paracelso aceptou os temperamentos galénicos e asociounos aos catro sabores fundamentais.

Esta asociación tivo tal difusión na súa época que aínda hoxe na linguaxe coloquial nos referimos a un carácter doce (tranquilo, flegmático), amargo (colérico), salgado (sanguíneo) e ácido (melancólico).

  1. Debus, A. G. (1993): Paracelsus, Five Hundred Years. Paracelsus and the medical revolution of the Renaissance. Bethseda, Maryland: Hahnemann University Library, National Library of Medicine e Escola de Medicina da Universidade de Washington, páx. 4. Paracelsus.PDF
  2. Schüller Pérez, Amador (2004): Real Academia Nacional de Medicina de España. PDF Arquivado 25 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Anales de la Real Academia Nacional de Medicina, tomo CXXI, caderno IV, páx., 676.
  3. Asimov, Isaac: Introducción a la ciencia. Volume 1. Barcelona: Orbis. ISBN 978-84-7634-117-9, páxs. 117-119.
  4. Jung, C. G.: Obra completa. Volume 15. Sobre el fenómeno del espíritu en el arte y en la ciencia. Paracelso. 3, § 1. Madrid: Editorial Trotta.
  5. Habashi, Fathi: "Discovering the 8th Metal" in International Zinc Association (IZA) PDF Arquivado 09 de decembro de 2008 en Wayback Machine..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Paracelso (2009). Ed. facsímile. Rodolfo Putz. Valladolid: Maxtor, ed. Botánica oculta: las plantas mágicas según Paracelso. ISBN 978-84-9761-275-3. 
  • – (2007 [2ª edición]). Edición de Jolande Jacobi, introdución de Gerhard Wehr, epílogo de C. G. Jung, tradución Carlos Fortea. El Árbol del Paraíso 24. Madrid: Ediciones Siruela, ed. Textos esenciales. ISBN 978-84-7844-567-7. 
  • – (2007). Barcelona: Ediciones Obelisco, ed. La naturaleza de las cosas. ISBN 978-84-9777-342-3. 
  • – (2004). Agotado. Barcelona: Ediciones 29, ed. Diccionario de botánica oculta: las plantas mágicas. ISBN 978-84-7175-529-2. 
  • – (2004). Barcelona: Editorial Humanitas, ed. Los misterios de los signos del zodíaco: medicinas celestiales. Cura mágica de enfermedades con sellos grabados en metales. ISBN 978-84-7910-383-5. 
  • – (2004). Barcelona: Editorial Humanitas, ed. La aplicación de la magia divina: la filosofía oculta. ISBN 978-84-7910-381-1. 
  • – (2004). Barcelona: Editorial Humanitas, ed. Los secretos de la alquimia: el arte oculto revelado en la naturaleza de los planetas. ISBN 978-84-7910-380-4. 
  • – (2003). Cuarta edición biligüe alemán-espanol. Barcelona: Ediciones Obelisco, ed. Libro de las ninfas, los silfos, los pigmeos, las salamandras y los demás espíritus. ISBN 978-84-9777-043-9. 
  • – (1999). Agotado. Barcelona: Editorial Humanitas, ed. Las plantas mágicas: botánica oculta. ISBN 978-84-7910-037-7. 
  • – (1997). Barcelona: MRA, ed. Manual de la Piedra Filosofal y otros textos alquímicos. ISBN 978-84-88865-28-1. 
  • – (1990). Barcelona: Edicomunicación, ed. Paracelso: Obras Completas. ISBN 978-84-7672-264-0. 
  • – (1984). Agotado. Buenos Aires: Editorial Kier, ed. Botánica oculta: las plantas mágicas. ISBN 978-950-17-0611-6. 
  • – (1977). Madrid: Luis Cárcamo editor, ed. Tres tratados esotéricos. ISBN 978-84-85316-00-7. 
  • – (1945). Contiene Estudio Preliminar sobre Paracelso; Libro de los Prólogos; Libro de las Entidades; Libro de las Paradojas. 435 págs. Buenos Aires, Argentina: Editorial Schapire, ed. Obras Completas (Opera Omnia). ISBN 978-84-86307-45-5. 
  • Agamben, Giorgio (2009). Buenos Aires: Adriana Hidalgo editora, ed. Signatura rerum: sobre el método. ISBN 978-987-1556-17-5. 
  • Jung, Carl Gustav. Madrid: Editorial Trotta, en prensa, ed. Obras completas. Volumen 13. Estudios Sobre Representaciones Alquímicas. Paracelso como fenómeno espiritual (1942). 
  • — (1999 [3ª edición 2007]). Madrid: Editorial Trotta, ed. Obras completas. Volumen 15. Sobre el fenómeno del espíritu en el arte y en la ciencia. Paracelso (1929). Paracelso como médico (1941/1942). ISBN 978-84-8164-300-8/ ISBN 978-84-8164-342-8. 
  • Puerto, Javier (2001). Tres Cantos: Nivola libros y ediciones, ed. Paracelso: el hombre en llamas. ISBN 978-84-95599-24-7. 
  • Riviere, Patrick (2001). Barcelona: Editorial De Vecchi, ed. Paracelso. ISBN 978-84-315-2642-9. 
  • Yates, F.A. (2008). Madrid: Ediciones Siruela, ed. El iluminismo rosacruz. ISBN 978-84-9841-176-6. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]