National Portrait Gallery
National Portrait Gallery | |
---|---|
Fachada do museo | |
País | Reino Unido |
Cidade | Londres |
Tipo | Público |
Director | Sandy Nairne |
Inauguración | 1856 1896 novo edificio |
Visitantes | 2 096 858 (2013)[1][2] (22.º máis visitado do mundo[1] e 11.º do Reino Unido[2]) |
Na rede | |
http://www.npg.org.uk/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A National Portrait Gallery (en galego: Galería Nacional de Retratos) é un dos museos máis famosos de Londres. Non debe confundirse coa National Portrait Gallery de Washington, Estados Unidos.
A súa colección está formada por retratos de personaxes destacados da historia; o edificio está construído xusto detrás da National Gallery.
A colección
[editar | editar a fonte]Foi fundada en 1856 co espírito vitoriano do idealismo e a educación a través do exemplo; o obxectivo da colección era reunir retratos dos grandes e poderosos de Gran Bretaña para que inspirasen a outros. A colección inclúe fotografías e pinturas, ademais de caricaturas, debuxos e esculturas. A National Portrait Gallery alberga, entre outros retratos famosos, o Retrato Chandos, posiblemente a imaxe máis coñecida de William Shakespeare.
Non todos os retratos son excepcionais artisticamente, como si o son os de Anton van Dyck ou os autorretratos de William Hogarth, Sir Joshua Reynolds e outros artistas británicos importantes. Outros, como un retrato de grupo dos participantes na conferencia de Somerset House de 1604, son importantes ao ser un documento histórico. Así, a miúdo, o valor dun traballo como curiosidade ou documento é maior que o seu valor artístico, como no caso do retrato anafórmico de Eduardo VI de William Scrots, ou unha escultura da Raíña Vitoria e o Príncipe Alberte con roupa medieval.
Nun principio, para que o retrato se incluíse na colección, o personaxe debía morrer. Na actualidade esta norma non se cumpre, e pódense ver retratos do xogador de fútbol Bobby Charlton, do príncipe Carlos de Inglaterra ou a súa nai a raíña Isabel II.
A Galería mudouse ao seu edificio actual, ao norte de Trafalgar Square, en 1896. O edificio foi deseñado por Ewan Christian nun estilo neo-renacentista, e construído por Shilliote & Son; foi ampliado en dúas ocasións. A primeira ampliación foi inaugurada por Lord Duveen en 1933, e trátase dunha á que percorre Orange Street; a segunda ampliación abriu en 2000 e foi realizada por Christopher Ondaatje. A á Ondaatje ocupa un espazo situado entre os edificios do século XIX da National Gallery e o edificio da National Portrait Gallery, e é notable pola súa escaleira mecánica de dous pisos que leva aos visitantes á parte máis antiga da colección, os retratos dos Tudor.
En xaneiro de 2008, a Galería recibiu a maior doazón da súa historia, 5 000 000 de libras, feita polo millonario estadounidense Randy Lerner.
Actualmente a colección da National Portrait Gallery está composta por uns 10 000 obxectos, entre cadros, esculturas, caricaturas e debuxos.
Directores
[editar | editar a fonte]- George Scharf - 1857-1894/5
- Lionel Cust - 1895-1909
- Charles John Holmes - 1909-1916
- James Milner - 1917-1927
- Sir Henry Hake - 1927-1951
- Charles Kingsley Adams - 1951-1964
- David Piper - 1964-1967
- Roy Strong - 1967-73
- John Hayes - 1974-94
- Charles Saumarez Smith - 1994-2002
- Sandy Nairne - 2002-presente
Galería de obras
[editar | editar a fonte]-
Retrato de sir Walter Raleigh, miniatura de Nicholas Hilliard.
-
Retrato alegórico de lady Digby, por Anton van Dyck.
-
Johann Christian Bach, obra de Thomas Gainsborough.
-
Giuseppe Baretti, por Joshua Reynolds.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Véxase en: Top 100 Art Museum Attendance, The Art Newspaper, 2014.
- ↑ 2,0 2,1 Véxase en: Latest Visitor Figures, ALVA, 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: National Portrait Gallery |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial da National Portrait Gallery
- Catálogo completo ilustrado. Arquivado 10 de decembro de 2006 en Wayback Machine.
- National Portrait Gallery: Guía do Visitante por John Cooper (nova edición de 2006) Arquivado 09 de decembro de 2006 en Wayback Machine.
- Buscador da colección Arquivado 19 de decembro de 2006 en Wayback Machine.
- National Portrait Gallery no Castelo de Bodelwyddan Arquivado 05 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.