Odio
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8a/Df_wm_0005065_Silvestre%2C_Louis_Dresden%2C_Residenzschlo%C3%9F%2C_Thronsaal_Herkules_st%C3%BCrzt_Zwietracht%2C_Neid_und_Ha%C3%9F.jpg/220px-Df_wm_0005065_Silvestre%2C_Louis_Dresden%2C_Residenzschlo%C3%9F%2C_Thronsaal_Herkules_st%C3%BCrzt_Zwietracht%2C_Neid_und_Ha%C3%9F.jpg)
O odio é un sentimento humano que se expresa a través dunha fonda aversión, antipatía ou repugnancia cara a un ser vivo, grupo, situación, fenómeno ou cousa. Comunmente considerado o oposto ao amor, os dous teñen en común a súa intensidade e o seu ímpeto.
Tipoloxía
[editar | editar a fonte]Entre as diversas formas de odio atópase a misoxinia que é o odio ás mulleres; a misandria, o odio aos homes; a misantropía, o odio á raza humana; o odio cara a unha nación, relixión ou raza por exemplo o antisemitismo; misoloxía, o odio á razón.