Saltar ao contido

Esperanza (psicoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Esperanza (sentimento)»)
A Esperanza de Jacques du Broeucq.

A esperanza é un estado de ánimo optimista baseado na expectativa de resultados favorables relacionados a eventos ou circunstancias da propia vida ou o mundo no seu conxunto.[1] Outras definicións de ter esperanza inclúen os seguintes termos: «esperar confiado» e «abrigar un desexo con anticipación».[2] Existen tamén enfoques na área educativa que incorporan o concepto de pedagoxía da esperanza, Paulo Freire refírese a esta como unha necesidade ontolóxica, o que nos move, o que nos marca unha dirección.[3]

Relixións antigas

[editar | editar a fonte]

A esperanza aparece na mitoloxía grega na historia da "Caixa de Pandora". Prometeo roubou o lume de Zeus para darllo ós homes, o que enfureceu ó deus supremo. En vinganza, Zeus creou un pythos (tipo de vaso) que contiña todos os males e deulla xunto a Pandora ó irmán de Prometeo. Esta, creada polos deuses cunha curiosidade innata, abriu a caixa prohibida e todos os males foron liberados polo mundo; só Elpis permaneceu no fondo, o espírito da Esperanza.[4]

A mitoloxía nórdica consideraba a Esperanza Fenrir: o seu concepto da coraxe valoraba máis unha valentía animada na ausencia de esperanza.[5][6]

Cristianismo

[editar | editar a fonte]

Esperanza é o nome dunha das tres virtudes teologais, xunto coa fe e a caridade. Na teoloxía cristiá estas virtudes forma unha unidade indisoluble coas virtudes cardinais ou naturais: prudencia, xustiza, temperanza e fortaleza e todas elas no seu conxunto describen a imaxe cristiá do home.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]