Saltar ao contido

Matthew Locke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMatthew Locke

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1621 Editar o valor en Wikidata
Exeter, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morteagosto de 1677 Editar o valor en Wikidata (55/56 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónExeter Cathedral School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, musicólogo, teórico da música Editar o valor en Wikidata
MovementoMúsica barroca Editar o valor en Wikidata
AlumnosHenry Purcell Editar o valor en Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Dicionario Musical Riemann (1901–1904)
Enciclopedia Católica Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0516770 Spotify: 0YWBrDPz84qSSiLgPxjfIo Musicbrainz: 114954fc-dcde-4eea-a1a6-261d70b10386 Songkick: 9426 Discogs: 1189683 IMSLP: Category:Locke,_Matthew WikiTree: Locke-3013 Editar o valor en Wikidata

Matthew Locke, nado en Exeter, Inglaterra, en 1621 ou 1662 e finado en Londres en agosto de 1677, foi un compositor inglés do Barroco.

Foi amigo de Henry Purcell, a quen influíu notablemente no estilo musical. Tamén traballou colaborando con compositores como John Playford, Cristopher Gibbons e Henry Lawes.[1]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Locke foi corista da catedral de Exeter entre 1638 e 1641, onde estudou con Edward Gibbons. Entre 1641 e 1651 estivo exiliado nos Países Baixos, probablemente en compaña doutros realistas.

De volta a Inglaterra, Locke compuxo con Christopher Gibbons a partitura para a obra Cupid and Death, ("Cupido e a Morte") unha mascarada ou obra de entretemento escrita en 1653 polo dramaturgo James Shirley. A súa partitura para esa obra é a única que hoxe se conserva dunha obra dramática daquela época.[2]

Locke formou parte do quinteto de compositores que cumpuxeron música para The Siege of Rhodes ("O asedio de Rodas"), a temperá ópera (1656) de William Davenant.[3] Locke escribiu música tamén para as seguintes óperas de Davenant, The Cruelty of the Spaniards in Peru ("A crueldade dos españois en Perú"), de 1658, e The History of Sir Francis Drake ("A historia de sir Francis Drake"), de 1659.[4]

Logo da restauración, foi nomeado compositor real en 1660 e un ano máis tarde escribiu música para a marcha procesional da coroación de Carlos II de Inglaterra.[5]

En 1662 foi nomeado organista da raíña. A súa personalidade difícil e vingativa envolveuno en diversas controversias nos seus derradeiros anos. 

Partitura de Saraband, unha das primeiras pezas para teclado de Matthew Locke.

Locke escribiu unha importante cantidade de himnos, motets, pezas vocais para servizos litúrxicos, obras dramáticas e música de danza[6]. Tamén é autor dun tratado de música, titulado Melothesia.

Á parte das xa citadas, outras das súas obras principais son as seguintes:

  • The tempest ("A tempestade"), música de escena sobre a obra de William Shakespeare, de 1667: abertura, intermezzos e canon final.
  • Macbeth, de 1672, tamén atribuída a Henry Purcell.
  • The masque of Orpheus ("A máscara de Orfeo"), música de escena, de 1673.
  • Psyche, probablementea primeira ópera inglesa (ou operetta), sobre un libreto de Thomas Shadwell, de 1675.
  1. Uncle Dave Lewis. Biografía de Matthew Locke en www.allmusic.com
  2. Caldwell, John. The Oxford History of Music: From the Beginnings to C. 1715. Oxford, Oxford University Press, 1999. Páxina. 555.
  3. Os outros catro foron Henry Lawes, George Hudson, Henry Cooke e Charles Coleman
  4. Susan Treacy, en Baker, Christopher Paul, ed. Absolutism and the Scientific Revolution, 1600–1720: A Biographical Dictionary. London, Greenwood Press, 2002. Páxina 237.
  5. «Matthew Locke». Catholic Encyclopedia (en inglés). Nova York: Robert Appleton Company. 1913
  6. Catálogo das composicións de Matthew Locke en www.allmusic.com