Saltar ao contido

Mark Arm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMark Arm

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Seattle, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Washington
Bellevue Christian School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, guitarrista, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1980 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra eléctrica e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoSub Pop Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0035232 Twitter: shitmarkarmsays Musicbrainz: 3f99d2df-8859-4249-8a70-84fe04c5a096 Discogs: 318766 Allmusic: mn0000281729 Editar o valor en Wikidata

Mark Arm, nado como Mark Thomas McLaughlin o 21 de febreiro de 1962, é o vocalista da banda de grunge Mudhoney. É tamén considerado o creador do termo grunge para describir o seu estilo de rock. A súa primeira banda, Green River, é unha das primeiras bandas deste estilo xunto con Malfunkshun, Soundgarden, Skin Yard, ou U-Men, entre outras. Tamén é o xerente do almacén do selo Sub Pop[1] e anteriormente traballou en Fantagraphics Books.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Arm naceu o 21 de febreiro de 1962 na base da Forza Aérea de Vandenberg en California, e medrou en Kirkland, Washington. De neno foi membro dos Boy Scouts.[3] Graduouse no Bellevue Christian High School en Bellevue, Washington.[4]

No ano 1985 Arm btivo o grao de inglés con énfase en escritura creativa pola Universidade de Washington.[5]

Primeiras bandas

[editar | editar a fonte]

Mark Arm entrou na escena musical de Seattle en 1980, despois de formar unha banda mentres aínda estaba no instituto chamada Mr. Epp and the Calculations. A banda non fixo o seu primeiro concerto ata 1981, facendo de abreconcertos de Student Nurse. Mark falaba de Mr. Epp como "a peor banda do mundo". En 1982 editaron o EP Mohawk Man e ao ano seguinte introduciron como segundo guitarrista a Steve Turner e editaron un casete.[6] Mr. Epp and the Calculations separouse en 1984.

Despois do fin de Mr. Epp and the Calculations, Mark Arm e Steve Turner (que fixéranse grandes amigos) uníronse á banda Limp Richerds durante unhas semanas. Despois diso, Arm e Turner recrutaron a Jeff Ament, Stone Gossard e Alex Vincent para formar a banda Green River. Green River editou dous EPs e un álbum antes de separarse. Steve Turner deixou a banda para rematar os seus estudos, e Arm tivo que formar unha nova banda. Despois de que Turner volvese, eles retomaron o seu proxecto paralelo a Green River, The Thrown Ups.

Arm e Turner formaron, xunto co batería Dan Peters e o baixista Matt Lukin (antigo membro de Melvins), Mudhoney. En 1988 Sub Pop editou o primeiro sinxelo da banda, "Touch Me I'm Sick". Despois dunha longa xira e un EP, Mudhoney editou o seu álbum de debut, Mudhoney, en 1989. O seu seguinte traballo, Every Good Boy Deserves Fudge, chegou pouco despois, xusto antes do estoupido do grunge, grazas á edición do Nevermind de Nirvana. Na época, Sub Pop, a súa discográfica, estaba "ao bordo da quebra, tendo problemas para pagar a súa banda estrela, atrasando gravemente o lanzamento do álbum ata xullo de 1991".[7] En 1992, a banda asinou por unha multinacional, Reprise Records, e editou Piece of Cake. O álbum non vendeu ben debido á combinación do son intransixente da banda e á sobresaturación do xénero; segundo Stephen Turner, no disco nótase "con que facilidade lles chegaran as cousas... as cancións estaban medio cocidas... e Mark non estaba no seu mellor momento".[7]

Aínda que nunca alcanzaría a fama dalgúns dos seus contemporáneos, Mudhoney é unha das poucas bandas de grunge que continúan editando álbums. No 2002 editaron Since We've Become Translucent, no 2006 aparecería Under a Billion Suns, e o seu máis recente traballo, The Lucky Ones, foi editado en maio do ano 2008, a través do selo Sub Pop. A contribución de Arm e de Mudhoney á música grunge é realmente moi significante.

Traballo en solitario e proxectos paralelos

[editar | editar a fonte]

Arm editou "The Freewheelin' Mark Arm" como un sinxelo en solitario no ano 1990. Foi vocalista e guitarrista na banda Bloodloss e vocalista no supergrupo de Seattle The Monkeywrench. Nesta banda tocaban ademais de Arm e o seu compañeiro en Mudhoney Steve Turner, Tim Kerr (Lord Hi Fixers, Big Boys, Poison 13), Tom Price (Gas Huffer) e Martin Bland (Bloodloss). Arm tamén apareceu coma convidade en varios álbums, sendo o máis destacable o EP de Alice in Chains Sap, editado en 1992.

En 1998 apareceu na banda sonora da película Velvet Goldmine con Ron Asheton, Mike Watt, Thurston Moore e Steve Shelley baixo o nome Wylde Ratttz.

No ano 2000 Arm, Turner, Peters, Scott McCaughey, Tom Price e Bill Henderson gravaron o álbum The New Original Sonic Sound baixo o nome The New Strychnines, formado por 16 temas coa lendaria banda dos 60 de Seattle The Sonics. O disco foi editado polo selo Book Records.

No 2004 xirou con MC5, suplindo a Rob Tyner na voz.

En 2013 cantou na versión do tema de The Scientists "Set It on Fire" para o álbum de Melvins Everybody Loves Sausages.

  1. Mojo Magazine "Nirvana: Spirit of '88" por Keith Cameron; agosto de 2008; p. 84
  2. "Comics and Graphic Novels - Martin Bland sound art, Spring Cleaning Sale at Fantagraphics". Fantagraphics Books. 2013-10-29. Archived from the original on 29 de outubro de 2013. Consultado o 2023-04-08. 
  3. "Mudhoney 2 1993 Aloha Tower Hawaii Thurston Moore interviews Mark Arm backstage for Junk.". Consultado o 2023-04-08. 
  4. "Q&A with Mudhoney's Mark Arm: Laid-back guy, fired-up music". The Seattle Times. Consultado o 2023-04-08. 
  5. "Mudhoney: Articles: UW Daily, 2/11/99". www.ocf.berkeley.edu. Consultado o 2023-04-08. 
  6. Jocko Weyland (1984). Revenge Against Boredom; Number 5; Honolulu, HI (en English). 
  7. 7,0 7,1 Mojo Magazine "Come As You Are" por Michael Azerrad; agosto de 2008; p. 96