Saltar ao contido

Steve Turner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSteve Turner

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Houston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónNorthwest School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, guitarrista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica rock e ska Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra, voz e Saxofón Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0877878 BNE: XX5550588 Musicbrainz: c4fc3b45-2c80-4071-9aa2-393e49da4292 Songkick: 401289 Discogs: 112603 Allmusic: mn0001966442 Editar o valor en Wikidata

Steve Turner, nado o 28 de marzo de 1965, é un guitarrista estadounidense, coñecido polo seu traballo coa banda de grunge Mudhoney.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A primeira banda de Turner chamábase The Ducky Boys. A formación incluía ao futuro membro de Pearl Jam Stone Gossard. The Ducky Boys separouse ao redor de 1983 e Turner uniuse a Mark Arm en Mr. Epp and the Calculations, que Arm describía como a peor banda do mundo. O grupo fixo o seu último concerto con Turner en 1984. Turner tocou tamén en Green River onde novamente estaba con Arm e Gossard, e tamén contaba con Jeff Ament no baixo. Turner deixou a banda en 1994 citando diferenzas con Ament. Arm e Turner formarían Mudhoney o día de ano novo de 1988. O baixista dos Melvins Matt Lukin e o batería Dan Peters completarían a banda. Con Mudhoney, Turner gravou todos os seus álbums, dende Superfuzz Bigmuff en 1988 ata The Lucky Ones no ano 2008. Turner tamén apareceu en proxectos paralelos coma The Thrown Ups, Monkeywrench, The Fall Outs e tivo un propio no que fixo gravacións en solitario de estilo folk.