Saltar ao contido

Marco Terencio Varrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarco Terencio Varrón

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Marcus Terentius Varrō Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento116 a. C. Editar o valor en Wikidata
Rieti, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte27 a. C. Editar o valor en Wikidata (88/89 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Cuestor
Pretor
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, Historiador da Antiga Roma, gramático, analista, filósofo, poeta, teórico da música, militar da Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Período de tempoRepública Romana Editar o valor en Wikidata
ProfesoresLucius Aelius Stilo Praeconinus (en) Traducir, Tyrannion of Amisus (en) Traducir e Antíoco de Ascalón Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaTerentii Varrones (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFundania Editar o valor en Wikidata
Paisvalor descoñecido Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
43 a. C.proscrición Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia de Otto
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata
BNE: XX958574

Marco Terencio Varrón (en latín: Marcus Terentius Varro), nado en Rieti en -116 e finado en -27, foi un polígrafo, militar e funcionario romano, orixinario da orde ecuestre.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Lugartenente de Pompeio durante a guerra civil en -49, chegou a ser pretor. Obtido o perdón de Xulio César, foi nomeado por este director das primeiras bibliotecas públicas de Roma. Á morte de Xulio César, confiscáronlle os seus bens por orde de Marco Antonio, que o declarou fóra da lei, pero finalmente Octavio restituíullos. Abandonou entón por completo a carreira militar para dedicarse ao saber e á escritura.

Foi membro da gran burguesía conservadora. Foi un importante político, militar e literato. Destacou pola súa cultura e as súas obras literarias sobre a agricultura.

Edición de De re rustica, conservada na Biblioteca Medicea Laurenziana

Amigo de Cicerón e discípulo de Lucio Elio Estilón está considerado un dos máis grandes anticuaristas romanos e escribiu, segundo as diferentes tradicións, entre 490 e 620 obras das que se coñecen os títulos de 55, aínda que só se conserva unha completa, De re rustica (Das cousas do campo) composta de tres libros e publicada en -37. Á parte de De lingua latina do resto só se conservan citas fragmentarias.[1]

Un aspecto destacábel da obra é a anticipación da microbioloxía e a epidemioloxía. Varrón advertiu aos seus contemporáneos que evitasen os pantanos e as marismas, xa que en ditas áreas "hai unha raza de certas criaturas diminutas que non se poden ver polos ollos, pero que flotan no aire e entran ao corpo pola boca e o nariz e causan enfermidades graves".[2]

De lingua latina

[editar | editar a fonte]

Desta obra consérvanse parcialmente 6 dos 25 volumes que a compuñan orixinalmente.

  • Controversia entre anomalistas e analoxistas.
  • Ensaio amplo do latín: etimoloxía, morfoloxía e sintaxe.
  • Significado das palabras. A súa construción. Para Varrón, o home creou as palabras porque se atopa accións ou obxectos cotiáns que requiren que lles poña un nome. A partir destas palabras primitivas, vanse creando outras palabras posteriores (Varrón está a explicar, en definitiva, como se crea unha lingua). Desde un punto de vista actual, esta idea si que ten algo de fundamentación en relación coa adquisición da linguaxe.
  • A Varrón débese a primeira distinción entre formación por flexión (morfoloxía flexiva) e formación por derivación (morfoloxía derivativa).
    • Variación das palabras pola súa propia natureza. Variación obrigatoria, por exemplo, os morfemas de xénero e número (flexión).
    • A variación por derivación non é obrigatoria. Ex: Casiña. Se non existe o morfema –iña, segue existindo a palabra casa.
  • Clasificación das partes da oración segundo o criterio do caso e o tempo:
  1. PARTICIPIO (ten caso e tempo).
  2. VERBO (non ten caso pero si tempo).
  3. NOME (nesta categoría incluíase tamén o adxectivo, ten caso pero non tempo).
  4. ADVERBIO (non ten caso nin tempo).

Listaxe de obras

[editar | editar a fonte]

Completas

[editar | editar a fonte]
  • De lingua latina, libri XXV [Sobre a lingua latina, en 25 libros (consérvanse 6)]: referencia para os gramáticos latinos
  • Rerum rusticarum libri III (Tópicos de Agricultura en tres libros): dirixidos á súa esposa Fundania: a arte do agricultor, as mandas, a economía rural
  • Saturarum Menippearum libri CL (Sátiras Menipeas en 150 libros): sátiras imitadas do filósofo cínico Menipeo de Sínope.
  • Antiquitatum rerum humanarum et divinarum libri XLI: algunhas partes das Antigüidades serviron de referencia aos Pais da Igrexa cristiá en temas de relixión romana pagá.
  • Logistoricon libri LXXVI.
  • Hebdomades vel de imaginibus.
  • Disciplinarum libri IX.
  • De rebus urbanis libri III.
  • De gente populi Romani libri IIII (cf. Agostiño, "De civitate dei" XXI. 8).
  • De sua vita libri III.
  • De familiis troianis.
  • De Antiquitate Litterarum libri II (dedicado ao poeta tráxico Lucio Accio; é unha das súas obras máis antigas).
  • De Origine Linguae Latinae libri III (dedicado a Pompeio; cf. Agostiño, "De civitate dei" XXII. 28).
  • Περί Χαρακτήρων (sobre a formación de palabras).
  • Quaestiones Plautinae libri V (con interpretacións de palabras raras das comedias de Plauto).
  • De Similitudine Verborum libri III (sobre a regularidade en formas e palabras).
  • De Utilitate Sermonis libri IIII (sobre o principio de anomalía ou irregularidade).
  • De sermone latino libri V (?) (dedicado a un tal Marcelo),[3] sobre a ortografía e os metros da poesía).
  • De philosophia (cf. Agostiño, '"De civitate dei" XIX, 1).
  1. Varrón, Marco Terencio. De las cosas del campo (2ª ed.). Universidad Nacional Autónoma de México. ISBN 968-36-1701-8. 
  2. "Marcus Terencio Varrón, Biografía, Calendarios, Obras". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 11 de abril de 2018. 
  3. Several people called Marcellus lived during Varro's time. The identity of this one is unclear.Wilmanns, Augustus (1864). "II:97". De M. Terenti Varronis Libris Grammaticis. Gutenberg (Berlin: Weidmann). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2018. Consultado o 11 de abril de 2018. Marcellus autem ad quem haec uolumina misit quis fuerit nescio. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Varrón, Marco Terencio. La lengua latina. Obra completa. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-1895-8. , Marco Terencio (1998). Obra completa. Madrid: Gredos.  
  1. Libros V-VI. ISBN 978-84-249-1896-5.   
  2. Libros VII-X y fragmentos. ISBN 978-84-249-1899-6.   

Outros artigos

[editar | editar a fonte]