Década de -40
Aparencia
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -I | |||||
| |||||
|
49 a.C.
- Artigo principal: -49.
- 10 de xaneiro - Xulio César, desobedecendo o mandato do Senado romano pasa o río Rubicón coas súas tropas. Ao cruzar as augas pronuncia a célebre frase: alea iacta est! (a sorte está botada!).
- 30 de xullo - Hispania: Batalla de Ilerda: nas proximidades da cidade de Ilerda, Xulio César vence os pompeianos. César pasa a controlar o val do Ebro.
- 24 de agosto - Norte de África: Batalla de Bagradas: Curión, partidario de César, é derrotado polos pompeianos, axudados polo rei de Numidia, Xuba I, que abraza o partido de Pompeio.
- 6 de setembro - Galia: César toma a cidade de Massilia (Marsella), regresando logo a Hispania.
48 a.C.
- Artigo principal: -48.
- 9 de agosto - Batalla de Farsalia: En Tesalia, Grecia, César derrota a Pompeio, que escapa para Exipto, onde será asasinado, por instigación de Tolomeo XIII.
- César achégase a Exipto, perseguindo a Pompeio.
47 a.C.
- Artigo principal: -47.
- Batalla de Zela: Xulio César vence a Farnaces II, rei do Ponto.
- Ariarates I comeza a reinar no Ponto (até -39).
46 a.C.
- Artigo principal: -46.
- Batalla de Tapso: César vence os partidarios de Pompeio, na provincia de África.
- Reconstrúese a cidade grega de Corinto como unha colonia romana.
- Xulio César crea o calendario xuliano. Este ano fíxose un axuste e tivo 445 días.
Arte e cultura
- Discursos de Cicerón na defensa de Marcelo e de Ligario.
45 a.C.
- Artigo principal: -45.
- 17 de marzo - Batalla de Munda - No Sur de Hispania, Xulio César derrota os partidario de Pompeio, apoderándose de toda a Bética. A vitoria supón o final da guerra civil.
- Xulio César é recoñecido como ditador perpetuo.
44 a.C.
- Artigo principal: -44.
Arte e cultura
- A efixie de César é o primeiro retrato de persoa que se cuña nas moedas romanas.
43 a.C.
- Artigo principal: -43.
- Octavio Augusto, Marco Antonio e Lépido forman o Segundo Triunvirato.
- Octavio Augusto crea a Legio III Augusta.
- Invasión romana da Britannia.
- Guerra Civil romana (dende o 43 a.C. a 31 a.C.).
- Fame en Exipto.
- Fundación de Lugdunum, actual Lión.
42 a.C.
- Artigo principal: -42.
- 1 de xaneiro: O Senado Somano decide considerar divindade ao defunto Xulio César.
- 23 de outubro - Batalla de Filipos, onde Bruto e Casio, asasinos de Xulio César se enfrontan a Marco Antonio e Octaviano. Nesta xornada morre Bruto.
41 a.C.
- Artigo principal: -41.
- Asedio de Perugia: Octavio Augusto forza a rendición da cidade de Perugia, onde se refuxiara Lucio Antonio, irmán de Marco Antonio, que seguía o partido deste.
40 a.C.
- Artigo principal: -40.
- Acordo de Brindisi: os triúnviros acordan repartir o Imperio romano por zonas de influencia: Octavio pasa a gobernar o imperio occidental; Marco Antonio rexerá a zona oriental, e Lépido, África. Italia fica como dominio común.
- Os partos atacan a provincia romana de Siria.