Cuestor
Roma | |
---|---|
Monarquía | |
República | |
Imperio | |
Principado | Dominado |
Imperio de Occidente | Imperio de Oriente |
Maxistrados Ordinarios: | |
Maxistrados Extraordinarios: | |
Oficiais e Títulos: | |
Institucións e normas: | |
Un cuestor (do latín QVÆSTOR 'indagador') é un maxistrado da antiga Roma. Os primeiros cuestores foron xuíces encargados dos casos de asasinato e de insurrección ou alta traizón. Co tempo a súa denominación máis común foi Decumviri Perduillionis et parricidii. Eran nomeados para cada caso e non constituían unha maxistratura permanente.
A fins do Século III a.C os decumviri ou cuestores perderon as súas atribucións xudiciais que pasaron aos triunviri nocturni.
Simultaneamente a estes cuestores xudiciais existiron os cuestores administrativos, nos cales delegaba ao rei a administración dos fondos públicos. Coa república as súas funcións pasaron aos cónsules que as delegaron en dous cuestores civís (para o Tesouro público) e dous cuestores militares (para as arcas do Exército). Foi nese momento. 309 a.C., no que os plebeos conseguiron acceder á Cuestura, que até entón estaba reservada só para patricios, e ocuparon tres das catro prazas, quedando a cuarta para un patricio. O seu número seguiu aumentando até que na época de Xulio César chegaron a ser 40[1]. Máis tarde o seu nomeamento pasou aos comicios tribunados.
Tamén existiron catro cuestores da Mariña, encargados da administración das catro bases navais romanas. Finalmente establecéronse, xunto aos cuestores existentes, os cuestores Itálicos, con competencias para coordinar os censos da parte de Italia sometida a Roma.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gavernet, Haroldo Ramón; Mojer, Mario Antonio (1992). El Romano, la tierra, las armas. Evolución histórica de las Instituciones del Derecho Romano. La Plata, Argentina: Lex. ISBN 950-9076-30-9.