Saltar ao contido

Magister militum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roma
Monarquía
República
Imperio
Principado Dominado
Imperio de Occidente Imperio de Oriente
Maxistrados Ordinarios:
Maxistrados Extraordinarios:
Oficiais e Títulos:
Institucións e normas:

Magister militum (termo latino que significa Mestre da milicia) foi o rango que se empregou no período tardío do Imperio Romano, para designar o máis alto xefe militar. O cambio realizouse no século IV con Constantino I, quen mudou a estrutura defensiva do imperio despois da reforma do goberno (sistema da tetrarquía) e a administración levada a cabo por Diocleciano; a principal medida de Constantino foi a supresión das funcións militares do prefecto do pretorio.

Como título individual, o do magister militum, era o equivalente a un Mariscal de Campo, un Shogun ou un Xeneralísimo. Xeralmente tiña un poder absoluto sobre o exército e ostentárono personaxes que actuaban como poder na sombra dos Emperadores romanos, como Estilicón ou Ricimer. A expresión latina, que significaba literalmente "mestre de soldados", foi traducida posteriormente ao grego (un idioma comunmente utilizado no Imperio Romano de Oriente) polas palabras strategos ou stratelates. Traduciuse como "mestre da milicia" ou "mestre das milicias" (a palabra milicia, deriva da palabra latina miles, militis, "soldado").

Orixinalmente, distinguíase entre o magister peditum (comandante da infantería) e o magister equitum (comandante da cabalería). Cando se xuntan as dúas funcións, o seu titular recibe o título de magister utriusque miliciae (“mestre de ámbalas dúas milicias”). Máis tarde, xurdiu o magister militum praesentales, que era o comandante das unidades militares a disposición do emperador que se concentraba xeralmente en Milán (do 285 ao 402) e despois en Rávena, até o final do Imperio Romano de Occidente en 476.

No Imperio de Oriente, a función deixou de existir cando se crearon os themas, nos que o gobernador (strategos) combinaba as funcións militares e civís.

Foi tamén un alto rango administrativo-militar do Imperio na división territorial en prefecturas, só por debaixo do prefecto do pretorio, ao modo dun Capitán Xeneral.

Reforma de Constantino I

[editar | editar a fonte]

Primeiramente, creáronse dous postos, un como xefe da infantaría ou magister peditum (lieralmente, "Mestre a pé"), e outro para a cabalaría ou magister equitum (lieralmente, "Mestre a cabalo"). Este último título existira xa dende a época republicana, como o segundo baixo o mando do ditador romano.

Os sucesores de Constantino, estableceron o título cunha delimitación, tamén, territorial e, polo tanto, nomeáronse magistri peditum e magistri equitum para cada prefectura pretoriana (per Gallias, per Italiam, per Illyricum, per Orientem) e, en ocasións tamén, para Tracia e ás veces para África. En ocasións, os cargos, foron exercidos pola mesma persoa, pasando a ser magister equitum et peditum ou tamén magister utriusque militiae ("Mestre de ámbolos dous exércitos").

Como tal, estaban directamente ao mando do exército móbil dos comitatenses, composto principalmente por cabalaría, que actuaba como unha forza de reacción rápida. Outros magistri quedaron á disposición inmediata dos emperadores, e foron chamados in praesenti ("en presenza" do emperador).

A finais do século IV, os comandantes rexionais eran chamados simplemente magister militum. No Imperio Romano de Occidente, o "comandante en xefe" evolucionou co título de magister utriusque militiae abreviado a miúdo MVM. Este poderoso cargo era a miúdo o poder detrás do trono e foi ocupado por Estilicón, Flavius Aecio, Ricimer e outros. En Oriente había dous xenerais maiores, que foron nomeados cada un para o cargo de magister militum praesentalis.

Durante o reinado do emperador Xustiniano I, con crecentes ameazas militares e a expansión do Imperio de Oriente, creáronse tres novos postos: o magister militum per Armeniam nas provincias armenia e caucásica, antiga territorio da xurisdición do magister militum per Orientem; o magister militum per Africam nas provincias africanas reconquistadas (534), cun magister peditum subordinado e o magister militum Spaniae (c. 562).

No curso do século VI, as crises internas e externas nas provincias a miúdo requirían a unión temporal da autoridade civil rexional suprema co cargo de magister militum. No establecemento dos exarcados de Rávena e Cartago en 584, esta práctica atopou a súa primeira expresión permanente. De feito, despois da perda das provincias orientais pola conquista musulmá na década de 640, os exércitos de campo sobreviventes e os seus comandantes formaron o primeiro temata. Os comandantes militares supremos ás veces tamén tomaron este título na Italia altomedieval, por exemplo nos Estados Pontificios e en Venecia, cuxo Dogo afirmaba se-lo sucesor do exarca de Rávena.

Lista de Magistri Militum

[editar | editar a fonte]

Mando sen especificar

[editar | editar a fonte]

Por territorios

[editar | editar a fonte]
  1. PLRE I, p. 1114

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]