J. R. Martindale
Nome orixinal | (en) John Robert Martindale |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1935 (88/89 anos) |
Educación | Brasenose College, Oxford (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Imperio Romano, Imperio Bizantino e Prosopografía |
Ocupación | historiador |
Empregador | Jesus College |
John Robert Martindale, nado en 1935, é un historiador británico, especializado no imperio romano tardío e mailo imperio bizantino.
As principais publicacións de Martindale son a súa obra mestra, os tres volumes de Prosopography of the Later Roman Empire, iniciada por A. H. M. Jones e publicados entre 1971 e 1992, e a primeira parte de Prosopography of the Byzantine Empire, que foi publicada no 2001.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado no 1935,[1] Martindale estudou no Brasenose College de Oxford, onde en 1958 se licenciou cun Bachelor of Arts (BA) en Literae Humaniores, posteriormente conseguiu un Master of Arts (MA), e en 1961 Bachelor of Letters (BA) cunha tese titulada Public disorders in the late Roman Empire, their causes and character.[2]
En 1960, o supervisor de Martindale era A. H. M. Jones, profesor de Historia Antiga en Cambridge, e cando Martindale se achegaba á conclusión do seu B.Litt. Jones invitouno a colaborar no seu proxecto de prosopografía romana en curso,[3] orixinalmente concibido por Theodor Mommsen.[4] Martindale aceptou e comezou a traballar como asistente de Jones ese mesmo ano, uníndose a John Morris, outro dos antigos alumnos de Jones.[5][4]
Despois da súa graduación final en Oxford, en 1961, Martindale marchou ao Jesus College de Cambridge, onde se incorporou como un MA de Cambridge e foi designado como Investigador Sénior en Clásicos, e continuou nese posto até 1971.[6][7][8] Jones sinalou en 1964 que Martindale xa tiña comprobadas tódalas datas e referencias ao Codex Theodosianus, ao Codex Justinianus e as Novelas de Teodosio II, "unha realización que seguramente podía ser cualificada como un digno candidato o décimo terceiro traballo de Hércules".[9]
Coa morte do profesor Jones, en 1970, a responsabilidade do proxecto caeulle a Martindale quen se centrou, cada vez máis, en dirixi-los proxectos de prosopografía, co financiamento da Academia Británica.[4] Morris continuou traballando no proxecto até a súa morte en 1977, pero tamén tiña outros intereses, especialmente nos estudos artúricos.[10]
A maioría do traballo de Martindale nas décadas de 1970 e 1980 foron o segundo e terceiro volumes da Prosopography of the Later Roman Empire, na que se describían as características comúns de grupos de persoas dentro do Imperio entre os anos 395 e 641, dende o reinado de Honorio até o de Heraclio.[11] Os anos desde 260 a 395 (de Galieno a Theodosio I) era tratado no primeiro volume, publicado en marzo de 1971, e Martindale empezaba traballo preliminar no segundo volume en 1969.[12][13] Un equipo grande de eruditos foi empregado para ler os autores do período e sorteo excerpts desde eles.[11]
Despois da publicación do terceiro volume, Michael Whitby sinalou que a Prosopography of the Later Roman Empire era "un proxecto que, iniciado por Jones, foi considerablemente ampliado, mellorado e completado por John Martindale".[14]
Ao rematalo, Martindale comezou coa Prosopography of the Byzantine World, e o primeiro volume foi publicado nun disco compacto en 2001.[15]
Obras importantes
[editar | editar a fonte]- Prosopography of the Later Roman Empire, con A. H. M. Jones (1904–1970) e John Morris (1913–1977):
- Volume 1, from 260 to 395 AD (Cambridge University Press, 1971, ISBN 978-0521072335), en dous volumes
- Volume 2, from 395 to 527 AD (Cambridge University Press, 1980, ISBN 978-0521201599), en dous volumes
- Volume 3, from 527 to 641 AD (Cambridge University Press, 1992, ISBN 978-0521201605), en dous volumes
- Prosopography of the Byzantine Empire
- Volume 1, dende o 641 até o 847 (Ashgate compact disc, 2001, ISBN 978-0754606130)
Publicacións menores
[editar | editar a fonte]- J. R. Martindale, "Note on the Consuls of 381 and 382" en Historia: Zeitschrift für Alte Geschichte 16, H2 (abril 1967), pp. 254–256
- J. R. Martindale, "Western Aristocracies and Imperial Court A. D. 364–425 By JOHN MATTHEWS", recensión para The Journal of Theological Studies XXVII, nº 1 (abril 1976), pp. 226–229
- J. R. Martindale, "R. von Haehling, Die Religionszugehörigkeit der hohen Amtsträger des Römischen Reiches Seit Constantins I. Alleinherrschaft bis zum Ende der Theodosianischen Dynastie (324–450 BZW. 455 N. CHR.) (Antiquitas, Reihe III, XXIII). Bonn: Habelt, 1978", recensión para Journal of Roman Studies 69 (novembro 1979), pp. 194–196
- J. R. Martindale, "H. C. Teitler, Notarii and Exceptores: an Inquiry into Role and Significance of Shorthand Writers in the Imperial and Ecclesiastical Bureaucracy of the Roman Empire (from the Early Principate to c. 450 A.D.) (Dutch monographs on ancient history and archaeology 1). Amsterdam: Gieben, 1985", recensión paraJournal of Roman Studies 77 (novembro de 1987), pp. 203–204
- J. R. Martindale, "Roger S. Bagnall, Alan Cameron, Seth R. Schwartz, Klaas A. Worp, Consuls of the Later Roman Empire (Philological monographs of the American Philological Association XXXVI). Atlanta: Scholars Press, 1987", recensión para Journal of Roman Studies 79 (novembro de 1989), pp. 254–255
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Martindale, John Robert". viaf.org (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2022.
- ↑ University of Oxford Committee for Advanced Studies, Successful Candidates for the Degrees of D.Phil., B.Litt., and B.Sc. with Titles of Their Theses (Oxford University Press, 1961), p. 5
- ↑ Martindale (2003), p. 3-10.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Cameron (2000), p. 24.
- ↑ Cameron (2008), p. 241.
- ↑ Cambridge University List of Members 1976 (CUP 1976), p. 613
- ↑ Cambridge University Calendar 1974 (CUP 1974), p. 22
- ↑ Commonwealth Universities Yearbook, vol. 1 (1978), p. 316
- ↑ Humphress (2008), p. 125.
- ↑ Morris, J. R.: Studies in ancient history" (obituary) en The Times, 10 de xuño de 1977, p. 18
- ↑ 11,0 11,1 Liebeschuetz (1981), pp. 256-258.
- ↑ Bowersock (1976), pp. 84-86.
- ↑ Martindale( 2003), pp. 3–10
- ↑ Whitby (2008), p. 70.
- ↑ Cameron (2000), p. 25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bowersock, G. W. (primavera 1976). "The Prosopography of the Later Roman Empire by A. H. M. Jones, J. R. Martindale, J. Morris". American Journal of Philology (en inglés) 97 (1): 84–86. JSTOR 294120. doi:10.2307/294120.
- Cameron, Averil (xullo-decembro 2000). "Prosopography of the Byzantine Empire" (PDF). ACADEMY RESEARCH PROJECTS (en inglés) (4): 24–26. ISSN 2047-1866.
- Cameron, Averil (2008). "A.H.M. Jones and the end of the ancient world". En Gwynn, David M. A. H. M. Jones and the Later Roman Empire. Colección: Brill's Series on the Early Middle Ages, nº 15 (en inglés). Leiden & Boston: Brill. ISBN 978-90-04-16383-6.
- Humphress, Caroline (2008). "Law and justice in the Later Roman Empire". En Gwynn, David M. A. H. M. Jones and the Later Roman Empire. Coleccion: Brill's Series on the Early Middle Ages, nº 15 (en inglés). Leiden & Boston: Brill. pp. 121-142. ISBN 9789004163836.
- Liebeschuetz, Wolf (outubro de 1981). "Persons No Longer Missing - J. R. Martindale: The Prosopography of the Later Roman Empire. Vol. II: A.D. 395–527". The Classical Review (en inglés) 31 (2): 256–258. doi:10.1017/S0009840X00237785.
- Martindale, J. R. (2003). "The Prosopography of the Later Roman Empire, Volume I: A memoir of the era of A. H. M. Jones". En Cameron, Averil. Fifty Years of Prosopography: The Later Roman Empire, Byzantium and Beyond (en inglés). Oxford: University Press for British Academy. pp. 3–10. ISBN 0-19-726292-9.
- Whitby, Michael (2008). "The role of the Emperor". En Gwynn, David M. A. H. M. Jones and the Later Roman Empire. Colección: Brill's Series on the Early Middle Ages, nº 15 (en inglés). Leiden & Boston: Brill. ISBN 978-90-04-16383-6.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- J.R. Martindale en worldcat.org
- The Prosopography of the Later Roman Empire vol I, en Archive.org (en inglés)