Les Confessions
Les Confessions | |
---|---|
Título orixinal | Les Confessions |
Autor/a | Jean-Jacques Rousseau |
Orixe | Francia |
Lingua | lingua francesa |
Xénero(s) | autobiografía e tratado |
Data de pub. | 1782 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Les Confessions (en galego As confesións) é unha obra de Jean-Jacques Rousseau escrita entre 1766 e 1770, cando o seu autor contaba entre 54 e 58 anos.
Contexto da obra
[editar | editar a fonte]Coa publicación de Emilio ou Da educación e o Contrato social empezaron as súas desgrazas: as dúas obras foron condenadas polo Parlamento de París que ditou orde de prisión contra o autor, aínda que se permitiu que escapase. Viviu un tempo en Suíza, logo en Inglaterra e finalmente recalou en París en 1770. Les Confessions foton escritas no exilio, e son unha potente autoxustificación dun ancián que xa estaba afectado pola paranoia e a teima persecutoria. A paranoia tiña o seu fundamento, a condena do Emilio e do Contrato era esaxerada e consecuencia dunha persecución real na que interviñeron varios enciclopedistas como Jean Le Rond D'Alembert, Denis Diderot e o Barón de Holbach.
Contido
[editar | editar a fonte]Jean-Jacques Rousseau puxo nas Confesións os cimentos da moderna autobiografía. As confesións van máis aló dunhas simples memorias xa que Rousseau converte ao lector en «xuíz» dos feitos da súa vida. Expón o seu testemuño sobre os elementos biográficos dun home que quere descubrir a súa vida e existencia até tal punto que está seguro de que non terá nunca imitadores. Rousseau vive e revive a súa etapa de ilusións infantís e a súa adolescencia ambulante, na que o amor dunha muller acende no mozo un lume cuxa paixón alenta aínda na vellez. Con todo, non é o rexistro intimista ou sentimental o único que ten cabida nesta amenísima obra. Empregando como trama a loita que sostivo contra o destino, ao aceptar as acusacións vertidas contra o seu ser por consideralas outras tantas virtudes que habían de conducirlle á gloria e volverse contra os seus acusadores. As confesións constitúen un vívido retrato dunha sociedade que non só atafegou ao neno inocente da primeira parte, senón que seguiu facendo o propio co home maduro da segunda. Un home que foi perseguido de forma infatigable por todos, incluídos os seus propios amigos de mocidade, como Diderot, Grimm ou Voltaire, que non aforraron encarnizamientos contra a súa persoa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Huisman, Denis (2005). Tecnos, ed. Diccionario de las mil obras clave del pensamiento. Madrid. ISBN 84-309-4531-8.