Saltar ao contido

Autobiografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuberta da primeira edición en inglés da autobiografía de Benjamin Franklin, 1793.

A autobiografía[1] é un xénero literario consistente no relato da propia existencia.

Na literatura galega existen diversas obras de carácter autobiográfico, como Arredor de si de Otero Pedrayo en que o escritor se converte en testemuña dunha época e dun colectivo, amosando a evolución ideolóxica da Xeración Nós. Respecto á guerra civil española, teñen carácter autobiográfico as obras Scórpio de Ricardo Carvalho Calero, O siñor Afranio. Ou como me rispei das gadoupas da morte de Antón Alonso Ríos, O cego de Pumardedón de Francisco Fernández del Riego ou Non agardei por ninguén de Ramón de Valenzuela. Xa no século XXI, obras autobiográficas son Diario dun enterro de Gonzalo Hermo ou Diario dun confinamento de Xosé Carlos Carracedo Porto.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para autobiografía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.