Keith Bogans
(2011) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1980 (44 anos) Alexandria, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | DeMatha Catholic High School (en) Universidade de Kentucky | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 196 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 98 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2003 - 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 6 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Milwaukee Bucks | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Keith Ramon Bogans, nado o 12 de maio de 1980 en Washington, D.C., é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Orlando Magic
[editar | editar a fonte]Bogans foi elixido na 43ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Milwaukee Bucks, pero foi traspasado o mesmo día do Draft aos Orlando Magic. Bogans xogou de titular na metade dos partidos na súa tempada coma rookie, acadando 6.8 puntos, 4.3 rebotes e 2.9 asistencias por partido.
Charlotte Bobcats
[editar | editar a fonte]Os Magic decidiron traspasar a Bogans aos Charlotte Bobcats a cambio de Brandon Hunter o 1 de novembro de 2004. Bogans continuou medrando coma xogador para os Bobcats na tempada 2004-05, sendo titular en 42 de 76 partidos, e facendo 9.6 puntos por encontro.
Houston Rockets
[editar | editar a fonte]O 9 de febreiro de 2006, Bogans foi traspasado aos Houston Rockets por Lonny Baxter. Coma curiosidade, Chuck Hayes e Gerald Fitch, antigos compañeiros de Bogans na Universidade de Kentucky, xunto a el mesmo, foron nalgún momento membros dos Rockets.
Segundo ciclo en Orlando
[editar | editar a fonte]Bogans asinou de novo cos Magic en xullo de 2006 coma axente libre.[1]
O 22 de novembro de 2008, Bogans, de titular no primeiro partido[2] da tempada 2008-09, mancouse na súa man no partido contra os Houston Rockets.[3] Perderíase entre 4-6 semanas de liga.[3] Con todo, recuperouse moito antes do previsto, o 3 de decembro,[4] e coma se esperaba,[5] volveu o 5 de decembro contra os Oklahoma City Thunder, anotando 9 puntos en 26 minutos.[6][7]
Milwaukee Bucks e San Antonio Spurs
[editar | editar a fonte]O 5 de febreiro de 2009, Bogans foi traspasado aos Milwaukee Bucks a cambio de Tyronn Lue e diñeiro.[8][9]
Bogans asinou polos San Antonio Spurs en setembro de 2009.[10] Durante a tempada 2009-10 cos Spurs, Bogans anotou 17 puntos, a súa mellor marca da tempada contra os Minnesota Timberwolves o 13 de abril de 2010.[11]
Chicago Bulls
[editar | editar a fonte]Bogans fichou polos Chicago Bulls o 11 de agosto de 2010.[12] Durante a tempada regular 2010-11, Bogans foi titular para os Bulls, e acadou 4.4 puntos, 1.8 rebotes e 1.2 asistencias.
O 15 de marzo de 2011, Bogans anotou 17 puntos, mellor marca da tempada, na vitoria contra os Washington Wizards para axudar aos Bulls a asegurar a primeira praza da Conferencia Leste.[13] Bogans ademais anotou 15 puntos no quinto partido na primeira rolda dos Playoffs contra os Indiana Pacers, onde os Bulls conseguiron o seu pase á segunda rolda.[14]
En decembro de 2011, foi cortado polos Bulls.
New Jersey / Brooklyn Nets
[editar | editar a fonte]O 1 de febreiro de 2012, os New Jersey Nets ficharon a Bogans. Tras unha lesión contra os Detroit Pistons o 8 de febreiro, foi cortado polos Nets uns días máis tarde,[15] pero asinou de novo con eles no verán de 2012.[16]
Boston Celtics
[editar | editar a fonte]Bogans foi renovado e traspasado ós Boston Celtics o 12 de xullo de 2013, como parte dun traspaso que mandou a Kevin Garnett e a Paul Pierce ós Nets.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Magic Sign Free Agent Keith Bogans, Orlando Magic home page, 13 de xullo de 2006
- ↑ "Yao has 22 points, 13 rebounds as Rockets snap Magic streak at five". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 Bogans, Magic's top reserve, to miss 4-6 weeks with broken thumb
- ↑ "Howard leads Magic past Timberwolves 100-89". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 22 de xuño de 2011.
- ↑ Thunder-Magic Preview
- ↑ Thunder 89, Magic 98 - Box score
- ↑ "Hotbox Sports - Keith Bogans - Fantasy Basketball Profile". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2010. Consultado o 22 de xuño de 2011.
- ↑ Magic acquire point guard Lue
- ↑ Stephens, Tim (2009-02-05). "Orlando Magic trade Keith Bogans for former Magic guard Tyronn Lue". Orlando Sentinel. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2009. Consultado o 2009-02-05.
- ↑ "Spurs sign Keith Bogans". ClutchFans (en inglés). Consultado o 2021-02-24.
- ↑ Spurs rout T-Wolves, avoid 8th seed in West Arquivado 16 de abril de 2010 en Wayback Machine. on Yahoo! Sports; Weber, Paul (13 de abril de 2010)
- ↑ Bulls sign guard Keith Bogans
- ↑ Bulls win 7th straight, are alone atop East race Arquivado 21 de marzo de 2011 en Wayback Machine. on Yahoo! Sports (15 de marzo de 2011)
- ↑ Rose, Bulls eliminate Pacers, 116-89 Arquivado 30 de abril de 2011 en Wayback Machine. on Yahoo! Sports (27 de abril de 2011)
- ↑ "Injury-plagued Nets sign F Andre Emmett to 10-day contract". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 16 de agosto de 2012.
- ↑ "Brooklyn Nets sign Keith Bogans". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2013. Consultado o 16 de agosto de 2012.
- ↑ "Celtics Complete Trade With Brooklyn Nets". NBA.com. 12 de xullo de 2013. Consultado o 13 de xullo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- ClutchFans.net Perfil Keith Bogans Arquivado 05 de outubro de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)
- Biografía en Kentucky (en inglés)
- Nados en 1980
- Nados en Washington, D.C.
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Escoltas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos Charlotte Bobcats
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos San Antonio Spurs
- Xogadores dos Chicago Bulls
- Xogadores dos New Jersey Nets
- Xogadores dos Brooklyn Nets
- Xogadores dos Boston Celtics