Kendrick Perkins
(2011) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 10 de novembro de 1984 (40 anos) Nederland, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Beaumont Independent School District (en) Clifton J. Ozen High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 208 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 120 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2003 - 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Memphis Grizzlies | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Kendrick La'Dale Perkins, nado o 10 de novembro de 1984 en Nederland, Texas, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Canton Charge da NBA G League.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse no instituto Clifton J. Ozen en Beaumont, Texas, en 2003. Durante a súa traxectoria no instituto liderou a Ozen High a conseguir catro campionatos de distritos consecutivos, ademais dun estatal. Coñecíaselle coma Baby Shaq. En 2003, foi seleccionado para disputar o prestixioso All-American McDonald's.
En 2003, foi elixido no Draft da NBA de 2003 polos Memphis Grizzlies na posición 27ª, aínda que inmediatamente foi traspasado xunto con Marcus Banks a Boston a cambio de Troy Bell e Dahntay Jones. Gañou o anel de campión da NBA cos Boston Celtics na tempada 2007-08, ano no que fixo tamén as súas mellores medias ata entón, asinando 8.5 puntos, 8.1 rebotes e 2.0 tapóns por partido.
O 24 de febreiro de 2011, Perkins e Nate Robinson foron traspasados aos Oklahoma City Thunder a cambio de Jeff Green e Nenad Krstić. En 2012, Perkins chegou ás Finais da NBA cos Thunder, pero foron derrotados polos Miami Heat. O 19 de febreiro de 2015, Perkins foi traspasado ós Utah Jazz nun traspaso entre os Thunder, os Jazz e os Detroit Pistons.[1] Dous días máis tarde, foi cortado polos Jazz.[2]
O 24 de febreiro de 2015, Perkins asinou cos Cleveland Cavaliers.[3] Fixo o seu debut con Cleveland o día seguinte na vitoria contra os Detroit Pistons por 102-93. Perkins fixo dous puntos en dous minutos de xogo.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Utah sends Kanter and Novak to Oklahoma City; Detroit also part of deal". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
- ↑ "Jazz Waive Perkins". NBA.com. 21 de febreiro de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2015.
- ↑ "Cavs Sign Kendrick Perkins". NBA.com. 25 de febreiro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2015.
- ↑ "Love hits 8 3-pointers, Cavaliers beat Pistons 102-93". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 20 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1984
- Nados no condado de Jefferson, Texas
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Eleccións no Draft da NBA dos Memphis Grizzlies
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores dos Oklahoma City Thunder
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores dos New Orleans Pelicans