John Hanning Speke
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1827 Bideford, Reino Unido (pt) |
Morte | 15 de setembro de 1864 (37 anos) Corsham, Reino Unido (pt) |
Causa da morte | accidente de caza |
Actividade | |
Ocupación | explorador, militar, botánico, escritor, oficial |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Speke |
Familia | |
Pais | William Speke e Georgiana Elizabeth Hanning |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Спик Джон Хеннинг) Dictionary of National Biography |
John Hanning Speke, nado o 4 de maio de 1827 e finado o 15 de setembro de 1864, foi un militar do exército británico da India e explorador de África, coñecido polo descubrimento do nacemento do río Nilo e do Lago Vitoria.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De mozo serviu no Punjab (India) e explorou o Himalaia. Fixo tres viaxes de exploración a África. Tamén foi o autor da "hipótese hamita", unha das principais causas sospeitosas do xenocidio de Ruanda.
Na súa primeira viaxe, en 1854, uniuse ao famoso Richard Francis Burton para unha expedición a Somalia. Speke permaneceu na cidade de Barbera á espera do regreso de Burton, quen, partindo de Zaila, logrou chegar, a pesar das dificultades, á 'cidade prohibida' de Harar.
Fixo dúas viaxes máis a África con Richard Francis Burton en busca das fontes do río Nilo (1857 e 1858). Na segunda desas viaxes descubriron o lago Tanganica. Debido á enfermidade de Burton, Speke continuou ata que descubriu o lago Vitoria, ao que sinalou como a fonte do Nilo ao seu regreso a Inglaterra sen esperar o regreso de Burton.
Debido a unha polémica con Burton (que non aceptou que o Lago Vitoria fose a fonte do Nilo), regresou uns anos máis tarde (en outubro de 1860) para demostrar que os seus cálculos eran correctos, e descubriu as fervenzas do Ripon, que intuíu que eran onde naceu o Nilo. Desta volta volveu pola beira norte, aínda que non puido facelo seguindo todo o curso do Nilo por problemas coas tribos veciñas. Seguiu a dirección norte ata Gondokoro (no Sudán) onde coñeceu a Samuel Baker e á súa muller subindo río arriba, e rematou por Exipto para regresar a Inglaterra.
A discusión con Burton orixinouse do feito de que Burton cría que o Nilo naceu no lago Tanganica, pero Speke díxolle que non podía ser, porque este lago estaba por debaixo do nivel do lago Vitoria e que a auga non podía subir. Determinou o aumento do nivel nuns 360 m.[1] Este cálculo baseouse na diferenza da temperatura de ebulición da auga en ambos os lugares. Anos máis tarde Henry Morton Stanley demostrou que Speke tiña a razón.
Morreu aos 37 anos nun sospeitoso accidente de caza en Somerset por un disparo do seu propio rifle, na mañá do 18 de setembro de 1864, día sinalado para o enfrontamento cara a cara con Burton para probar a súa teoría, organizada pola sección xeográfica da British Bath Association. Este feito fixo que a teoría errónea de Burton prevalecera ante a opinión pública ata que Henry Morton Stanley a refutou en 1877.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Hanning Speke |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burton, Richard Francis (1872). "Captain Speke". Zanzibar. Londres: John Murray.
- Grant, James Augustus (1864). A Walk Across Africa: Or, Domestic Scenes from My Nile Journal. Londres: W. Blackwood and sons.
- Harrison, William (1984). Burton and Speke. W.H. Allen. ISBN 978-0-491-03092-2.
- Lloyd, Clare (1985). The Travelling Naturalists. Croom Helm. ISBN 978-0-7099-1658-1. — Includes Charles Waterton, John Hanning Speke, Henry Seebohm and Mary Kingsley.
- Maitland, Alexander (1971). Speke. Constable. ISBN 9780094574304. (the only full-length biography).
- Millard, Candice (2022). River Of The Gods: Genius, Courage, and Betrayal in the Search for the Source of the Nile (Hardback). New York: Doubleday. ISBN 978-0385543101.
- Moorehead, Alan (1983). The White Nile. Vintage Books. ISBN 978-0-394-71445-5.
- Sparrow-Niang, Jane (2014). Bath and the Nile Explorers: In commemoration of the 150th anniversary of Burton and Speke's encounter in Bath, September 1864, and their 'Nile Duel' which never happened. Bath: Bath Royal Literary and Scientific Institution. ISBN 978-0-9544941-6-2.
- Wisnicki, Adrian S. (2014). "Cartographical Quandaries: the Limits of Knowledge Production in Burton's and Speke's Search for the Source of the Nile". History in Africa 35: 455–479. ISSN 0361-5413. doi:10.1353/hia.0.0001.
- Wisnicki, Adrian S. (2009). "Charting the Frontier: Indigenous Geography, Arab-Nyamwezi Caravans, and the East African Expedition of 1856-59". Victorian Studies 51 (1): 103–137. JSTOR 20537367. doi:10.2979/VIC.2008.51.1.103.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |