Finlandia (Sibelius)
Finlandia | |
---|---|
de Jean Sibelius | |
Primeira edición da redución de Finlandia, editada por Breitkopf & Härtel. | |
Xénero | Sinfónico |
Forma | Poema sinfónico |
Texto | Finlandia hymni[a] |
Composición | 1899 (r. 1900) |
Gravación | 1909, dir. Ronald Landon[1] |
Estrea | |
Data | 2 de xullo de 1900 |
Lugar | Helsinqui |
Director | Robert Kajanus |
Intérpretes | Orquestra da Sociedade Filharmónica de Helsinqui |
O poema sinfónico Finlandia (Op. 26) compúxoo Jean Sibelius en 1899 e revisou de novo en 1900 para animar a loita popular contra da revogación da autonomía finesa polo goberno imperial ruso, converteuse nunha peza moi popular no país, nun himno oficioso e secreto por canto as autoridades rusas prohibírano
Finlandia era o cadro final dunha suite de varias pezas que Sibelius compuxo para ser estreada con ocasión das Festas da Pensión da Prensa de 1899, a prensa fora precisamente un dos baluartes da oposición á rusificación de Finlandia, e o acto converteuse nun chamamento do sentimento patriótico finés nun momento no que a política rusa se facía máis agresiva. Gran parte do peza é música turbulenta e implorante, utilizando instrumentos de vento, evocando a loita do pobo finés polos seus dereitos mais cara ao fin da obra a composición vólvese máis serenamente melódica, esta última parte volveuna escribir Sibelius máis tarde como unha nova peza co nome de Finlandia-hymni.
Orquestración
[editar | editar a fonte]A partitura de Sibelius require da utilización de:
Instrumentación de Finlandia |
Madeiras |
2 frautas, 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagots, contrafagot |
Metais |
4 trompas, 3 trompetas en Fa, 3 trombóns, tuba |
Percusión |
Timpani, bombo, pratos, ferriños |
Cordas |
Violíns (I e II), violas, violonchelos, contrabaixos |
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 "Finlandia" (en inglés). sibelius.fi. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2017. Consultado o 19 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Scores completos de varios poemas sinfónicos de Jean Sibelius incluído Finlandia
- Vídeo dunha gravación de 2012 de Finlandia Op.26 en www.youtube.com
- Vídeo da inauguración do Musiikkitalo Helsinki coa versión coral de Finlandia interpretada pola Radion sinfoniaorkesteri baixo a batuta de Jukka-Pekka Saraste en www.youtube.com