Saltar ao contido

Periódico

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Prensa escrita»)

Xornais nun quiosco.
Vendedores de xornais no Río de Xaneiro en 1899.

Un periódico[1] é unha publicación cuxa principal función consiste en presentar noticias. Ten unha aparición periódica, que pode ser diaria -denominado xornal[2] ou diario,[3] e que é o periódico por antonomasia-, ou semanal —denominado semanario[4]— e mesmo quincenal ou mensual. Amais de proporcionar información, as publicacións periódicas adoitan defender diferentes posturas públicas, xa sexa con editoriais, artigos de opinión ou mesmo a través dun perfil ideolóxico determinado. Os seus ingresos económicos xeralmente baséanse na inserción de publicidade.

Edítase, distribúese e véndese cada día nos quioscos e nos lugares acreditados. Destínanse ó público en xeral, polo cal o seu estilo é claro e conciso, e o seu contido moi variado, pero sempre dividido en seccións xerais, información e opinión, divididas á súa vez en subseccións: información nacional, internacional, local, sociedade, cultura, ciencia, saúde, economía, deportes, axenda, anuncios etcétera. No caso da información: editorial, artigos de fondo, cartas ó director, columnas, críticas (taurina, cinematográfica, televisiva, deportiva, teatral, musical), crónicas, humor gráfico, etcétera. Por exemplo, xornais coma The New York Times.

Algúns periódicos adquiriron sona pola súa aceptación dalgunha sección en particular, xa sexa que a sección é destacada en comparación con outros xornais, ou porque teña algo peculiar distintivo.

Un periódico, aínda que imparcial, pode ter unha edición con tendencia cara a certa ideoloxía, ou unha tendencia a apoiar particulares causas, pero tamén pode estar máis enfocado ás finanzas, por exemplo.

O xornal foi crucial na difusión do crecemento da conciencia social e laboral, foi un instrumento que puido intervir en favor dos máis oprimidos.

Adóitase usar a palabra "prensa" para diferenciar estas publicacións doutros medios de comunicación como son a radio ou a televisión. A orixe desta palabra está na utilización dunha prensa de imprenta sobre a cal eran imprimidas as follas de papel.

A tinta empregada na impresión de periódicos variou durante os anos; desde a clásica tintura negra e manchante, a unha tinta morada, nalgúns casos, ou mesmo de cor café, aínda que o desenvolvemento máis recente da tinta enfocouse a que non manche e que sexa biodegradable.

Na Roma antiga producíanse Acta Diurna ou boletíns con anuncios do goberno. Estaban talladas en metal ou pedra e colocábanse en lugares públicos. Na China, as primeiras follas informativas producidas polo goberno, chamadas Dibao, circularon entre os funcionarios xudiciais durante finais da dinastía Han (séculos II e III). Entre 713 e 734, o Kaiyuan Za Bao ("Boletín da Corte") da dinastía Tang chinesa publicaba novas do goberno; escribíase a man sobre seda e líano funcionarios do goberno. En 1582 apareceu a primeira referencia a follas de información publicadas en privado en Pequín, durante os últimos anos da dinastía Ming.[5]

Ma Europa moderna, o aumento da interacción transfronteiriza creou unha crecente necesidade de información que foi atendida por concisas follas de noticias escritas a man. En 1556, o goberno de Venecia publicou por primeira vez a notizie scritta mensual, que custaba unha gazzette, unha pequena moeda.[6] Estes avvisi eran boletíns escritos a man e utilizábanse para transmitir noticias políticas, militares e económicas de xeito rápido e eficiente ás cidades italianas (1500-1700), compartindo algunhas características dos xornais aínda que normalmente non se consideran auténticos xornais.[7] Non obstante, ningunha destas publicacións cumpría plenamente os criterios clásicos para os xornais, xa que normalmente non estaban destinadas ao público en xeral e restrinxíanse a un certo rango de temas.

Orixinariamente entendíase por "diario" un rexistro dos sucesos máis importantes na vida dunha persoa (diario persoal) ou un rexistro de incidentes ou novidades (diario de a bordo ou caderno de bitácora"). Un dos exemplos máis antigos e representativos é o Journal d'un bourgeois de Paris (Diario dun burgués de París),[8] creado por un parisiense entre 1405 e 1431 e logo continuado por outro ata 1449. Os primeiros periódicos de actualidades escritos tamén se presentaron en forma cronolóxica, aínda que axiña se evolucionou cara a unha forma máis sintética e práctica, clasificando os sucesos por temas e rúbricas.

Desta forma de presentación e ordenamento xurdiu o concepto de periódico na súa acepción máis moderna, como soporte en papel que contén informacións e datos correspondentes a un certo período, substituíndo así o vocábulo gaceta nunha parte dos usos.[9][10]

A partir do século XVII o xornalismo comezou a madurar, co desenvolvemento de varias especialidades: político, informativo, cultural e mundano. O primeiro periódico impreso coñecido chamouse Strassburger Relation e apareceu en Estrasburgo contra 1605. O periódico sueco Post- och Inrikes Tidningar ou POIT ("Boletín de informaciones nacionales") foi fundado en 1645 pola raíña Cristina de Suecia e no ano 2006 era o máis lonxevo do mundo, aínda que a versión en papel desapareceu en xaneiro de 2007 e pasou a ter so formato na web.[11]

Ao longo do século XVIII xurdiu o xornalismo diario. O primeiro deste tipo foi o Daily Courant (1702-1735), que introduciu a publicidade nas súas edicións, e o segundo foi o Diario Noticioso[12] (Madrid, 1758). Con todo, a periodicidade diaria non se asentou ata comezos do século XIX.

Coa industrialización da prensa escrita, fundáronse os grandes títulos da prensa, e as entidades empregaron xornalistas e reporteiros para elaborar os contidos que logo se difundían.

O xeito de presentación da información cunha orientación sistemática e temática dos periódicos foi emulada por outros medios de comunicación como a radio e a televisión.

Xornais galegos

[editar | editar a fonte]

Velaí unha relación de xornais de información xeral editados en Galicia:

A Coruña

[editar | editar a fonte]

Pontevedra

[editar | editar a fonte]

Santiago de Compostela

[editar | editar a fonte]

Vilagarcía de Arousa

[editar | editar a fonte]

A maioría dos periódicos modernos publícanse nun destes tamaños:

  • Formato grande ou broadsheet: 575×410 mm, xeralmente asociado con periódicos máis intelectuais, aínda que hai unha tendencia a cambialo a tamñaos máis compactos.
Exemplos: The Washington Post, The New York Times, Frankfurter Allgemeine Zeitung, Die Welt, Süddeutsche Zeitung, Corriere della Sera, L'Équipe, De tijd, Het Belang van Limburg.
Exemplos: Le Progrès, Het Laatste Nieuws, De Morgen.
Exemplos: Le Figaro, Le Monde, Les Échos, Le Soir, Le Temps.
Exemplos: The Times, France Soir, Aujourd'hui en France / Le Parisien, La Tribune, Metro, Het Nieuwsblad, De Standaard, Gazet van Antwerpen.
  • Demi-tabloide o Demi-berlinés (A4): 290×210 mm
Exemplos: 20 minutes, Le Matin

Circulación

[editar | editar a fonte]

Segundo o Libro Guinness dos récords, a circulación diaria do periódico soviético Trud excedía en 1990 os 21 500 000 exemplares, mentres que o semanario tamén soviético Argumenty i Fakty chegaba aos 33 500 000 en 1991. Segundo datos da Orgación das Nacións Unidas de 1995 Xapón ten tres periódicos diarios (Yomiuri Shimbun, Asahi Shimbun e Mainichi Shimbun) cunha circulación superior aos 5,5 millóns de exemplares. O alemán Bild chega aos 3,8 millóns. No Reino Unido o máis vendido é The Sun con 3,24 millóns de copias e nos Estados Unidos o The Wall Street Journal con aproximadamente 2,02 millóns.[13]

Mentres que o número de lectores de pago está estancado ou diminúe nos países desenvolvidos, está a aumentar en países en vías de desenvolvemento (Brasil, India, Indonesia, China e Suráfrica), que en 2008 superaron en número de lectores os primeiros.[14]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para periódico.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xornal.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para diario.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para semanario.
  5. Brook, Timothy (1998). The Confusions of Pleasure: Commerce and Culture in Ming China. Berkeley: University of California Press. p. xxi. ISBN 0-520-22154-0. 
  6. "WAN – A Newspaper Timeline". Wan and-press.org. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 21 de febreiro de 2012. 
  7. Infelise, Mario. "Roman Avvisi: Information and Politics in the Seventeenth Century." Court and Politics in Papal Rome, 1492–1700. Cambridge: Cambridge University Press, 2002. 212,214,216–217
  8. Journal d'un bourgeois de Paris, 1405-1449
  9. Historia del Periodismo
  10. Frédéric Barbier, Catherine Bertho Lavenir, Historia de los medios: De Diderot a Internet, Buenos Aires, Ediciones Colihue (1999).
  11. El 'POST OCH INRIKES TIDNINGAR' sueco: El diario más antiguo del mundo no se imprimirá y saldrá ya sólo en Internet, Reuters, 3 de xaneiro de 2007
  12. Axalbir: Diario Noticioso
  13. Liedtke, Michael (26 de outubro de 2009). "Newspaper circulation drop accelerates April–Sept". The Seattle Times. Consultado o 26 de outubro de 2011. 
  14. OECD Working Party on the Information Economy (11-6-2010). "The evolution of news and the internet" (PDF). Consultado o 14-7-2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]