Saltar ao contido

Ezra Pound

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEzra Pound

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Ezra Weston Loomis Pound Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1885 Editar o valor en Wikidata
Hailey, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de novembro de 1972 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Venecia, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza gastrointestinal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemetery of San Michele (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaHomer Pound House (en) Traducir (1885–1887) Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaFascismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Pensilvania
Hamilton College (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor, economista, xornalista, locutor de radio, autobiógrafo, compositor, tradutor, crítico literario, historiador da literatura Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1909 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
ProfesoresHerman Vandenburg Ames (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeDorothy Shakespear (1914–) Editar o valor en Wikidata
ParellaIseult Gonne Editar o valor en Wikidata
FillosMary de Rachewiltz
 () Olga Rudge
Omar Pound
 () Dorothy Shakespear Editar o valor en Wikidata
PaisHomer Loomis Pound Editar o valor en Wikidata  e Isabel Weston Editar o valor en Wikidata
ParentesThaddeus C. Pound, avó paterno Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteUbuWeb
Obálky knih,
Library of the World's Best Literature Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1066317 BNE: XX1146129 Bitraga: 1208 Dialnet: 158475 Musicbrainz: dfa199c1-ff92-409a-ad01-1e91c299e075 Discogs: 260614 IMSLP: Category:Pound,_Ezra WikiTree: Pound-317 Find a Grave: 833 Genius: Ezra-pound Editar o valor en Wikidata
Ezra Pound cara 1920

Ezra Weston Loomis Pound, nado o 30 de outubro de 1885 e finado o 1 de novembro de 1972, foi un poeta, músico e crítico estadounidense expatriado, membro da chamada xeración perdida (Lost generation), que foi unha das figuras senlleiras do movemento poético moderno de comezos e mediados do século XX. Foi fundador ou cofundador de movementos como o imaxinismo e o vorticismo. Seguidor de Benito Mussolini, eran coñecidas as súas simpatías fascistas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Pound naceu en Hailey, Idaho, os seus pais foron Homer Loomis e Isabel Weston Pound. Estudou dous anos na universidade de Pensilvania e recibiu licenzatura en filoloxía románica polo Hamilton College en 1905. Durante os seus estudos en Pensilvania coñeceu e fíxose amigo do poeta William Carlos Williams e de Hilda Doolittle (H.D.) coa que tivo unha relación amorosa. Hilda Doolitle tivo tamén relación cunha muller, Frances Gregg, coa que partiu despois para Europa. Pound foi profesor no Wabash College de Crawfordsville, Indiana, durante menos dun ano. En 1908 marchou a Europa e, despois de pasar uns meses en Venecia estableceuse en Londres.

Erza Pound foi amigo do escultor francès Henri Gaudier-Brzeska. Dese encontro naceu o vorticismo, movemento artístico británico dos principios do século XX parecido o futurismo italiano. BLAST foi o xornal dese movemento que só tivo tres números.

Bosquexo de Ezra Pound, feito por Gaudier-Brzeska.

Os primeiros poemas de Pound foron inspirados polos prerrafaelitas e outros poetas do século XIX e da literatura románica medieval e tamén polas filosofías ocultistas e místicas. En Londres, baixo a influencia de Ford Madox Ford e T. E. Hulme empezou a descartar a linguaxe poética e a buscar a súa propia identidade como poeta. Consideraba a William Butler Yeats como o máis grande poeta vivo e fíxose amigo seu chegando mesmo a ser o seu secretario. Estaba tamén interesado polas crenzas ocultistas de Yeats. Durante a primeira guerra mundial os dous viviron en Stone Cottage en Sussex, Inglaterra, estudando xaponés, especialmente o teatro Noh. Prestaron atención especial as obras de Ernest Fenollosa, profesor americano no Xapón autor de traballos en caracteres chineses que foron transformados por Pound no que el chamaba o método ideográmico. En 1914, Pound casou con Dorothy Shakespear, artista, e filla da novelista e vella amante de Yeats Olivia Shakespear.

Nos anos anteriores á primeira guerra mundial Pound foi o principal responsable da aparición da corrente literaria do imaxinismo e púxolle o nome a corrente do vorticismo fundada por Wyndham Lewis. Estes dous movementos que facilitaron o coñecemento público de escritores como James Joyce, Wyndham Lewis, William Carlos Williams, H.D., Jacob Epstein, Richard Aldington, Marianne Moore, Rabindranath Tagore, Robert Frost, Rebecca West e Henri Gaudier-Brzeska, foron un acontecemento central na aparición do modernismo en lingua inglesa. Pound editou tamén a obra The waste land” do seu amigo Thomas Eliot o poema que atraeu a atención pública cara a nova sensibilidade poética.

En 1915 Pound publicou Cathay, un pequeno volume de poemas que describiu como “tirado na maior parte de chinés de Rihaku (Li Po), das notas de Ernest Fenollosa e dos descifrados dos profesores Mori e Ariga". O volume inclúe obras como The River Merchant's Wife (A muller do mercador do río), A Letter (Unha carta) e A Ballad of the Mulberry Road (Unha balada de Mulberry Road). A diferenza de anteriores tradutores americanos de poesía, Pound ofrecía ao lector traducións libres en verso. Moitos críticos consideran os poemas de Cathay os mellores da poesía imaxinista de Pound. O seu valor coma traducións e, poren, discutido. Nin Pound nin Fenollosa falaban ou lían con soltura o chinés e Pound ten sido criticado por engadir ou omitir seccións ós seus poemas que non teñen relación co texto orixinal. Hugh Kenner, nun capítulo chamado "A invención da China," afirma que cathay debe ser lido coma un libro sobre a primeira guerra mundial e non coma un intento de tradución coidadosa de poemas. Kenner afirma que, máis que traducións, os poemas son experimentos na poética en inglés e elexías polo occidente en guerra.

A guerra sacudiu a crenza de Pound na moderna civilización occidental e pouco despois dela deixou Londres, despois de publicar Homage to Sextus Propertius (Homenaxe a Sextus Popertius) (1919) e Hugh Selwyn Mauberley (1920). Estes poemas son como unha despedida dos anos ingleses de Pound, mentres que os Cantos, iniciados en 1915 apuntan ó seu novo camiño.

En 1920 Pound instalouse en París onde se moveu entre un círculo de artistas, músicos e escritores que estaban a revolucionar a mundo da arte moderna. Foi amigo de figuras coma Marcel Duchamp, Tristan Tzara, Fernand Leger e outros membros do dadaísmo e o surrealismo. Continuou o traballo nos Cantos. O poema reflectía cada vez máis as súas preocupacións políticas e económicas. Durante estes anos escribiu tamén críticas, traducións en prosa e compuxo dúas óperas coa axuda de George Antheil e algunhas pezas para violín. En 1922 empezou unha relación coa violinista Olga Rudge. Con ela e con Dorothy Shakespear formou un inquedo ménage à trois que ía durar ata a fin da vida do poeta.

O 10 de outubro de 1924, Pound deixa París definitivamente e marcha a Rápallo en Italia. Despois dunha breve estancia, el e Dorothy viaxan a Sicilia e volven a Rápallo para asentarse alí en xaneiro de 1925. En Italia continua a actuar coma catalizador cultural. O escultor Heinz Henghes, por exemplo visitouno e conseguiu, grazas a Pound, aloxamento e material para traballar. O poeta James Laughlin foi animado por Pound a fundar a editora New Directions que sería o vehículo para moitos novos autores. Nesta época Pound organizou unha serie anual de concertos en Rapallo nos que se interpretaron unha ampla variedade de músicas clásicas e modernas. Esta actividade musical contribuíu en parte a redescubrir a música de Vivaldi, que fora esquecida despois da morte do músico italiano.

Pound fíxose un seguidor entusiasta de Mussolini, e nos seus escritos detéctanse sentimentos antisemitas (aínda que o antisemitismo non estaba entre as ideas de Mussolini). En 1939 viaxou aos Estados Unidos por primeira vez despois de moitos anos, e parece que considerou establecerse alí, aínda que finalmente volveu a Italia. As causas do retorno, simpatías políticas á parte, foron tamén familiares. Os pais anciáns de Pound marcharan a Italia para estar con el e o seu estado de saúde non lles permitía xa volver a América. Tiña tamén unha filla italiana adolescente (María) da súa amante Olga Rudge. María vivira, malìa ter dobre nacionalidade, toda a súa vida en Italia e non era fácil que se decidira a cambiar de residencia.

Despois do comezo da segunda guerra mundial Pound foi un activo propagandista do Eixo. Continuou a traballar en publicacións científicas e escribiu numerosos artigos xornalísticos. Foi contrario a entrada dos Estados Unidos na guerra e mesmo se dirixiu aos seus contactos políticos en Washington para evita-la. Falou na radio italiana e deu discursos sobre temas culturais. Pound cría que as causas da guerra eran económicas e nos seus discursos atacaba a usura e afirmaba que a democracia representativa fora usurpada pola infiltración dos banqueiros nos gobernos mediante a creación dos bancos centrais. Cría que a capacidade dos bancos centrais de emitir diñeiro, permitía que os bancos puidesen controlar os medios británicos e estadounidenses para forzar a súa opinión en favor da guerra e dos mesmos bancos. En política incorporou denuncias antisemitas o seu discurso contra a guerra. Nunha das súas transmisións radiofónicas afirmou:

“O Xudeu é tan unido co préstamo que é imposible separar esa tortilla. Sería mellor para ti retirarte a Derbyshire e desafiar a Nova Xerusalén, mellor retirarte a Gloucester e atopar un lugar que sexa Inglaterra no canto de loitar polos xudeus e ignorar o proceso.... Tolérache o Xudeu e o Xudeu minou o teu imperio [•••] . O Gran Xudeu fixo podrecer cada nación na que se infiltrou (15 de marzo de 1942).

Aínda que non esta claro que os seus discursos radiofónicos foran escoitados nos Estados Unidos (as emisión en onda curta da radio italiana non eran moi fiables), o certo é que os seus escritos tiveron certa influencia en Italia.

Despois da ocupación aliada do sur de Italia en xullo de 1943 e a formación da República de Salo no norte de Italia por Mussolini, Pound xogou un gran papel nas actividades culturais e propagandísticas da nova república, que durou ata a primavera de 1945.

O 2 de maio de 1945 foi arrestado e posteriormente liberado por partisanos italianos. El mesmo se entregou as tropas estadounidenses e foi encerrado nun campo de detención preto de Pisa onde se di que sufriu unha crise nerviosa. Alí esbozou os Pisan Cants (Cantos pisanos) que significan un cambio de dirección no traballo de Pound, centrado na meditación sobre a súa propia ruína e a de Europa e sobre a seu lugar no mundo natural. Os Pisan Cantos gañaron o primeiro Premio Bollingenda Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos en 1949.

A reclusión

[editar | editar a fonte]

Despois da guerra Pound foi levado os Estados Unidos para ser xulgado por traizón. Os cargos cubrían só a época na que Italia estaba oficialmente en guerra cos Estados Unidos, antes da captura de Roma e a fuxida de Mussolini. Pound non foi perseguido polas súas actividades en favor da República de Salo porque esta nunca fora recoñecida polos Estados Unidos. Foi considerado incapacitado para afronta-lo xuízo pola súa saúde mental e internado no hospital de St. Elizabeth en Washington, D.C. onde permaneceu entre 1946 e 1958. O tema do seu recurso por demencia é motivo de controversia porque os seus traballos durante a guerra non parecen corresponder ós dunha persoa con problemas mentais. A alegación de demencia foi parte dunha apelación destinada a evitar a posible condena a morte do escritor. O caso de Pound é similar ó do autor noruegués Knut Hamsun, que colaborou cos nazis e foi declarado tolo pola autoridades despois da guerra, aínda que seguiu a publicar despois da sentenza. No hospital Pound recibía visitas de celebridades literarias e mesmo tivo relacións sexuais coa súa muller e varias amantes. Estivo rodeado de poetas e admiradores e continuou a traballar nos Cantos e a traducir os clásicos confucianos. Un dos visitantes máis asiduos era o presidente do Rights Democratic Party, co que Punmd discutía temas como a preservación da segregación racial nos Estados Unidos. Outra visitante asidua era Eustace Mullins investigadora da Biblioteca do Congreso, á que Pound encargou escribir un libro sobre a historia de reserva Federal a que cría responsable da participación dos estados Unidos nas dúas guerras mundiais para acadar máis poder e diñeiro para a banca. Coñeceu a Hugh Kenner, que co seu libro “The Poetry of Ezra Pound” (1951) influíu na valoración da obra de Pound. Entre os visitantes de Pound na época cóntanse a poetisa Elizabeth Bishop, Robert Lowell, Sheri Martinelli, William Carlos Williams e Louis Zukofsky. Pound foi liberado finalmente despois dunha campaña levada a cabo por artistas como Robert Frost e Archibald MacLeish.

Preguntado pola súa opinión sobre os Estados Unidos despois de ser liberado, Pound manifestou que era “Un asilo de lunáticos”. Volveu a Italia onde permaneceu ata a súa morte en 1972.

Volta a Italia e morte

[editar | editar a fonte]

En Italia Pound continuou a escribir os seus Cantos, aínda que cun certo sentido de fracaso artístico. Allen Ginsberg, nunha entrevista, afirmou que Pound lamentaba moitas das súas posturas anteriores e a presenza do antisemitismo nas súas obras, opinión que algunhas cartas de Pound publicadas despois da súa morte parecen desmentir taxativamente. Pound morreu en Venecia en 1972.

Pound e a música

[editar | editar a fonte]

Nos Cantos Pound tentou buscar sempre a cualidade musical da poesía. O ouvido de Pound estaba adestrado na poesía trobadoresca e desafiaba aos novos poetas a exercitar o ouvido con traducións para aprender como funcionaba a escolla das palabras. Mais, despois de traducir textos de dez linguas diferentes considerou que:

Os grandes medos para os novos que queren apender a escribir estrofas son Catulo e François Villon. Tívenme que limitar a musicalos porque non os puiden traducir.

En 1919, Pound comezou unha carreira de compositor novel, segundo escribiu privadamente como oposición á música de Claude Debussy. De xeito autodidacta, escribiu unha pequena serie de obras, entre as que se conta a musicalización para violín da sextina de Dante "Al poco giorno". Escribiu dúas óperas “Le Testament” baseada no poema do mesmo nome de François Villon e "Cavalcanti", posta en música de once poemas de Guido Cavalcanti. Pound comezou a compoñer "Le testament" coa axuda da pianista londiniense Agnes Bedford. Nos anos en París (1921-1924), Pound fíxose amigo do pianista e compositor americano George Antheil, que colaborou tamén en "Le Testament".

A importancia da obra de Pound

[editar | editar a fonte]

As posturas políticas de Pound influíron e seguen a influír na valoración da súa poesía, aínda que os máis dos estudosos lle recoñecen a influencia na evolución da lírica moderna en inglés. Os seus poemas imaxinistas influíron, entre outros, nos obxectivistas, e nos poetas beat. Como crítico, editor e promotor axudou nas carreiras de moitos escritores influentes da lingua inglesa como T.S. Eliot, James Joyce, Wyndham Lewis, Robert Frost, William Carlos Williams, H.D., Marianne Moore, Ernest Hemingway, D. H. Lawrence, Louis Zukofsky, Basil Bunting, George Oppen e Charles Olson.

Inmediatamente antes do comezo da segunda guerra mundial interesouse pola arte e asociouse cos vorticistas. Pound inventou o nome do movemento e deulle moita publicidade. Como tradutor colaborou moito a dar a coñecer ó público angloparlante as poesías chinesa e provenzal, reactivou o interese polos clásicos confucianos e introduciu a poesía xaponesa clásica e o drama Noh no mundo anglosaxón. Traduciu clásicos gregos, latinos e anglosaxóns.

Escolma de obras

[editar | editar a fonte]
  • 1908 - A Lume Spento, poemas.
  • 1908 - A Quinzaine for This Yule, poemas.
  • 1909 - Personae, poemas.
  • 1909 - Exultations, poemas.
  • 1910 - Provença, poemas.
  • 1910 - The Spirit of Romance, ensaios.
  • 1911 - Canzoni, poemas.
  • 1912 - Ripostes de Ezra Pound, poemas.
  • 1912 - Sonetos e baladas de Guido Cavalcanti, tradución.
  • 1915 - Cathay, poemas / traducións.
  • 1916 - Algunhas obras nobres do Xapón sacadas dos manuscritos de Ernest Fenollosa, seleccionadas e acabadas por Ezra Pound.
  • 1916 - "Noh", estudo sobre o teatro clásico xaponés, complishment:de Ernest Fenollosa e Ezra Pound.
  • 1916 - The Lake Isle, poema.
  • 1917 - Lustra , poemas.
  • 1917 - Doce diálogos de Fontenelle, traducións.
  • 1918 - Quia Pauper Amavi, poemas.
  • 1918 - Pavanas e Divisións, ensaios.
  • 1919 - O cuarto Canto, poemas.
  • 1920 - Umbra, poemas e traducións.
  • 1920 - Hugh Selwyn Mauberley, poemas.
  • 1921 - Poems, 1918-1921, poemas.
  • 1922 - The Natural Philosophy of Love, de Rémy de Gourmont, traducións.
  • 1923 - Indiscretions, ensaios.
  • 1923 - Le Testament, one-act opera.
  • 1924 - Antheil and the Treatise on Harmony, ensaios.
  • 1925 - A Draft of XVI Cantos, poemas.
  • 1927 - Exile, poemas
  • 1928 - A Draft of the Cantos 17-27, poemas.
  • 1928 - Ta hio, a grande sabedoría, de novo traducida na lingua americana, tradución.
  • 1930 - Imaginary Letters, ensaios.
  • 1931 - How to Read, ensaios.
  • 1933 - A Draft of XXX Cantos, poemas.
  • 1933 - ABC of Economics, ensaios.
  • 1933 - Cavalcanti, opera.
  • 1934 - Homage to Sextus Propertius, poemas.
  • 1934 - Eleven New Cantos: XXXI-XLI, poemas.
  • 1934 - ABC of Reading, ensaios.
  • 1935 - Make It New, ensaios.
  • 1936 - Os ideogramas chinese como medio poético de Ernest Fenollosa, editado por Ezra Pound.
  • 1936 - Jefferson e/ou Mussolini, ensaios.
  • 1937 - The Fifth Decade of Cantos, poemas.
  • 1937 - Polite Ensaios, ensaios.
  • 1937 - Digest of the Analects, de Confucio, tradución.
  • 1938 - Culture, ensaios.
  • 1939 - What Is Money For?, ensaios.
  • 1940 - Cantos LII-LXXI, poemas.
  • 1944 - L'America, Roosevelt e a Causa da Guerra Presente, ensaios.
  • 1944 - Introduzione a natureza economica dos Estados Unidos, prosa.
  • 1947 - Confucius: the Unwobbling pivot & the Great digest, tradución.
  • 1948 - The Pisan Cantos, poemas.
  • 1950 - Seventy Cantos, poemas.
  • 1951 - Analectas de Confucio, tradución.
  • 1956 - Section Rock-Drill, 85-95 de los Cantares, poemas.
  • 1956 - Women of Trachis, de Sophocles, tradución.
  • 1959 - Thrones: 96-109 de los Cantares, poemas.
  • 1968 - Drafts and Fragments: Cantos CX-CXVII, poemas.
  • 1997 - Ezra Pound and Music, ensaios.
  • 2002 - Canti postumi, poemas
  • 2003 - Ego scriptor cantilenae: The Music of Ezra Pound, operas/música.