Saltar ao contido

Dante Alighieri

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dante»)

Modelo:BiografíaDante Alighieri
Biografía
Nacemento(it) Dante da Alaghiero degli Alaghieri Editar o valor en Wikidata
c. 1265 Editar o valor en Wikidata
Florencia (República de Florencia) Editar o valor en Wikidata
Morte14 de setembro de 1321 Editar o valor en Wikidata (55/56 anos)
Rávena (Estados Pontificios) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemalaria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaQuadrarco di Braccioforte (en) Traducir (1944–1945)
Dante Alighieri's tomb (en) Traducir (1781–1944)
Quadrarco di Braccioforte (en) Traducir (1321–1483) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaRávena (1318–)
Verona (1313–1318)
París (1309–)
Boloña (1286–)
Florencia
Lucca
Treviso
Arezzo
Milán
Forlì
Roma
Xénova Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía, literatura, lingüística e filosofía política Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Florencia (1280 (Gregoriano)–1302 (Gregoriano)) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, filósofo, teórico político, Intelectual, político, escritor, prosista, lingüista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1292 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata - 1321 Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoDolce Stil Novo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresRemigio dei Girolami (pt) Traducir, Brunetto Latini (pt) Traducir e Cecco d'Ascoli (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Carreira militar
ConflitoBattle of Campaldino (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaAlighieri (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGemma Donati (1285 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosAntonia Alighieri, Jacopo Alighieri, Pietro Alighieri Editar o valor en Wikidata
PaisAlighiero di Bellincione Editar o valor en Wikidata  e Bella degli Abati Editar o valor en Wikidata
IrmánsFrancesco Alighieri Editar o valor en Wikidata
ParentesSperello di Serego Alighieri, descendente Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Católica, (sec:Dante Alighieri)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0019604 BNE: XX1153531 Bitraga: 295 Last fm: Dante+Alighieri Musicbrainz: 6c5a8114-cc72-43bc-a741-00756b317e0e Discogs: 697487 IMSLP: Category:Dante_Alighieri Allmusic: mn0001407229 WikiTree: Alighieri-1 Find a Grave: 5101 Editar o valor en Wikidata

Durante degli Alighieri ou simplemente coñecido Dante, nado en maio ou xuño de 1265 e finado o 13 ou 14 de setembro de 1321[1], é considerado por gran parte dos italianos como o seu poeta maior na Idade Media. Naceu e viviu gran parte da súa vida en Florencia. O seu poema, de cariz épico e teolóxico, A divina comedia, origxinalmente chamado Comedìa (en italiano moderno: Commedia) e máis tarde cristianizado como Divina por Boccaccio, é considerada a obra mestra da literatura italiana e unha dos cumes da literatura universal.[2] É o culminar da afirmación do modo medieval de ver o mundo[1] e a base da lingua italiana moderna.

A finais da Idade Media, a meirande parte da poesía estaba escrita en latín, e só era accesible para audiencias educadas. Porén, en De vulgari eloquentia, Dante defende o emprego das linguas vernáculas na literatura. Mesmo chegou a escribir en toscano en obras como Vita nuova (1295) e na devandita Divina Comedia. Esta escolla, malia ser pouco ortodoxa, sentou un importante precedente que outros escritores italianos como Petrarca ou Boccaccio continuarían. Como resultado, Dante tivo un papel chave no estabelecemento da lingua nacional de Italia. A relevancia de Dante tamén se estende alén do país, as súas descricións do Inferno, do Purgatorio e do Ceo serviron de insipiración para un gran número de obras de arte occidental, e son citadas como influencias nas obras de John Milton, Geoffrey Chaucer, William Shakespeare e Lord Alfred Tennyson, entre outros.

En italiano é coñecido como il Sommo Poeta («o Poeta Supremo»). A Dante tamén se lle considera o «pai do idioma» italiano (chamado volgare naquela época).[3] A súa primeira biografía foi escrita por Giovanni Boccaccio (1313-1375), no Trattatello in laude di Dante.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos de vida e familia

[editar | editar a fonte]
Casa de Dante en Florencia.

Descoñécese a data de nacemento de Dante, aínda que el propio nos informe de que naceu baixo o signo dos xemelgos, o que significa que sería entre maio e xuño. Naceu nunha importante familia florentina, (cuxo apelido era, na realidade, Alaghieri)[4] comprometida politicamente co partido dos Güelfos, unha alianza política envolvida en loitas con outra facción de florentinos: os xibelinos. Os güelfos estaban divididos en güelfos brancos e güelfos negros. Dante, no Inferno (XV, 76) pretende dicir que a súa familia ten raíces na Roma Antiga, aínda que o familiar máis antigo que se lle coñece (citado polo propio Dante, no libro Paraíso, (XV, 135), sexa Cacciaguida degli Elisei, que terá vivido, cando moito, contra o ano 1100 (o que, con respecto ao propio Dante, non é moi antigo).

O seu pai, Alighiero di Bellincione, foi un güelfo branco. Non sufriu, porén, ningunha represalia após a vitoria do partido xibelino na Batalla de Montaperti. Esta consideración por parte dos propios inimigos denota, sen sombra de dúbida, o prestixio da familia.[5] A nai de Dante chamábase Dona Bella degli Abati;[4] nome algo comentado por significar "a bela dos abades", aínda que Bella sexa na realidade unha contracción de Gabriella. Morre cando Dante conta apenas con 5 ou 6 anos de idade. Alighiero rapidamente casa con Lapa di Chiarisimo Cialuffi. Hai algunha controversia canto a este casamento, propondo algúns autores que os dous se uniran sen contraer matrimonio, debido a dificultades postas daquela ao casamento de viúvos. Desta segunda muller nacerá o irmán de Dante, Francesco e Tana (Gaetana), a súa irmá.

Dante Alighieri e Beatrice Portinari no xardín, 1903, obra mestra de estilo prerrafaelita de Cesare Saccaggi da Tortona.
Dante Alighieri e Beatrice Portinari no xardín, 1903, obra mestra de estilo prerrafaelita de Cesare Saccaggi da Tortona.

Cando Dante tiña 12 anos, en 1277, decidiuse o seu casamento con Gemma, filla de Mese Manetto Donati.[4] Contraer matrimonio con esta idade, naquela altura, era bastante común. Dábaselle unha importancia excepcional á cerimonia, que decorría nun ambiente moi formal, coa presenza dun notario. Dante tivo varios fillos de Gemma. Como acontece en xeral coas persoas famosas, apareceron moitos supostos fillos do poeta. É probábel, no entanto, que Jacopo, Pietro e Antonia fosen, realmente, fillos seus.[4] Antonia tomou o hábito de freira, co nome de Irmá Beatriz. Outro home, chamado Giovanni, reclamou tamén a filiación pero, malia ter estado con Dante no exilio, restan algunhas dúbidas ao respecto.

Educación e Poesía

[editar | editar a fonte]

Pouco se sabe sobre a educación de Dante. Presúmese que estudou na casa, de forma autodidacta. Sábese que estudou a poesía toscana, talvez coa axuda de Brunetto Latini. A poesía toscana centrábase na "Scuola poetica siciliana", un grupo cultural de Sicilia que se daba a coñecer daquela na Toscana. Ese interese axiña se ampliou a outros autores, entre os cales destacan os menestreis e poetas provenzais, alén dos autores da Antigüidade Clásica latina (de entre os cales elixía, preferentemente, a Virxilio,[6] aínda que tamén tivese coñecemento da obra de Horacio, Ovidio, Cicerón e, de forma máis superficial, Tito Livio, Séneca, Plinio e outros dos que encontramos bastantes referencias na Divina Comedia).

Estatua de Dante na Galería Uffizi de Florencia.

É importante referir que durante a Idade Media, a Italia estaba composta por un complexo mosaico de pequenos estados, de modo que Sicilia estaba tan lonxe, cultural e politicamente, de Florencia como a Provenza. Os territorios que hoxe compoñen Italia aínda non compartían a mesma lingua nin a mesma cultura, en parte debido ás vías de comunicación deficitarias. Porén, é notorio o espírito curioso de Dante que, sen dúbida, pretendía estar a par das novidades culturais a un nivel internacional. Aos dezaoito anos, con Guido Cavalcanti, Lapo Gianni, Cino da Pistoia e, pouco despois, Brunetto Latini, Dante lanza o Dolce Stil Nuovo. Na Divina Comédia (Inferno, XV, 82) faise unha referencia especial a Brunetto Latini, onde se di que instruíu a Dante. Tanto na Divina Comedia como na Vita Nuova apréndese que Dante se interesou por outros medios de expresión como a pintura e a música.

Henry Holiday: Dante incontra Beatrice al ponte Santa Trinita, pintura ó óleo (1883).

Aínda novo (18 anos), coñeceu a Beatrice Portinari, a filla de Folco dei Portinari, aínda que, acreditando no propio Dante, a teña fixado na memoria cando a viu pola primeira vez, con nove anos (tería Beatriz, nesa altura, 8 anos). Hai quen di,[quen?] no entanto, que Dante a viu unha única vez e que nunca deu falado con ela. Non hai elementos biográficos que comproben este feito.

É difícil interpretarmos en que consistiu esta paixón pero, é certo, foi de importancia fulcral para a cultura italiana. É baixo o signo deste amor que Dante deixa a súa marca profunda no Dolce Stil Nuovo e en toda a poesía lírica italiana, abríndolle camiño aos poetas e escritores que lle seguiron para desenvolveren o tema do Amor (Amore) que, até entón, non fora tan enfatizado. O Amor por Beatriz (tal como o amor que Petrarca demostra por Laura, aínda que nunha perspectiva diferente) aparece como a xustificación da poesía e da propia vida, case confundíndose coas paixóns políticas, igualmente importantes para Dante. Cando Beatriz morre, en 1290, Dante procura refuxio espiritual na filosofía da Literatura latina. Polo Convívio sabemos que leu a "De consolatione philosophiae" de Boecio e a "De amicita" de Cicerón. Dedicouse, pois, ao estudo da filosofía en escolas relixiosas, como a dominicana de Santa Maria Novella, tanto máis que el propio era membro da Orde Terceira de San Domingos. Participou nas disputas entre místicos e dialécticos, que se producían, entón, en Florencia nos medios académicos. Disputas esas que se centraban en torno das dúas ordes relixiosas máis relevantes. Por un lado, os franciscanos, que defendían a doutrina dos místicos e, por outro, os dominicanos, que se socorrían das teorías de San Tomé de Aquino. A súa paixón "excesiva" pola filosofía é criticada por Beatriz (representando a Teoloxía), no Purgatorio.

Carreira política en Florencia

[editar | editar a fonte]
Arnolfo di Cambio, statua di Bonifacio VIII, ca. 1298, conservada no Museo dell'Opera del Duomo de Florencia.

Dante participou, tamén, na vida militar da época. En 1289 combateu ao lado dos cabaleiros florentinos, contra os de Arezzo, na Batalla de Campaldino, o 11 de xuño.[7] En 1294 estaba cos soldados que escoltaban a Carlos Martel de Anjou (fillo de Carlos de Anjou e heroe de Poitiers) cando este estaba en Florencia.[8] Foi, tamén, médico e farmacéutico; non pretendía exercer esas profesións pero, segundo unha lei de 1295, todo nobre que pretendese tomar un cargo público debía pertencer a unha das Guildas (Corporacioni di Arti e Mestieri - ou sexa, Corporación de Artes e Ofícios). Ao entrar na guilda dos boticarios, Dante podía, así, acceder á vida política. Esta profesión non era de todo inadecuada para Dante, xa que, nesa época, os libros vendíanse nas boticas. De 1295 a 1300, fixo parte do Consello dos Cen (o Consello Municipal de Florencia), onde fixo parte dos seis priores que gobernaban a cidade. O compromiso político de Dante carrexoulle varios problemas. O Papa Bonifacio VIII tiña a intención de ocupar militarmente Florencia. En 1300, Dante estaba en San Gimignano, onde preparaba a resistencia dos güelfos toscanos contra as intrigas papais.[9] En 1301, o papa enviou a Carlos de Valois, (irmán de Filipe, o Belo, rei de Francia), como pacificador da Toscana. O goberno de Florencia, no entanto, xa recibira mal os embaixadores papais, semanas antes, de forma a rexeitar calquera influencia da Santa Sé. O Consello da cidade enviou, entón, unha delegación a Roma co fin de indagar ao certo as intencións do Sumo Pontífice. Dante encabezaba esa delegación.

Exilio e morte

[editar | editar a fonte]

Bonifacio rapidamente enviou os outros representantes de volta a Florencia , retendo só a Dante en Roma. Entrementres, o 1 de novembro de 1301, Carlos de Valois entraba en Florencia cos güelfos negros que, por seis días, devastaron a cidade e masacraron gran número de partidarios da facción branca. Instalouse, entón, un goberno partidario dos güelfos negros, e Cante dei Gabrielli di Gubbio foi nomeado "Podestá" (funcionario público designado polas familias máis influentes da cidade). Dante foi condenado, en Florencia, ao exilio por dous anos, alén de ser condenado a pagar unha elevada multa en diñeiro. Estando aínda en Roma, o papa "suxeriulle" que ficase, sendo considerado, a partir de entón, un proscrito.

Non tendo pago a multa, foi, por consecuencia, condenado ao exilio perpetuo. O poeta participou en varias tentativas para repor os güelfos brancos no poder; en Florencia, no entanto, debido a diversas traizóns, todas fallaron. Dante, contrariado polo o tratamento de que foi albo por parte dos seus inimigos, lamentaba tamén a inacción dos seus antigos aliados. Declarou solemnemente, daquela, que pertencía a un partido cun único membro. Foi nesta altura cando comezou a facer o bosquexo do que sería a "Divina Comedia", poema constituído por 100 cantos, divididos en 3 libros ("Inferno", "Purgatorio" e "Paraíso") con 33 cantos cada un (exceptuando o primeiro libro que, dos seus 34 cantos, o primeiro é considerado apenas como Canto introdutorio). Foi para Verona, onde foi hóspede de Bartolomeo Della Scala; mudouse para Sarzana (Liguria), e, despois, suponse que viviu algún tempo en Lucca con Madame Gentucca, que o acolleu de forma calorosa (o que, máis tarde, será referido de forma agradecida no Purgatorio XXIV,37).

Algunhas fontes chegan a avanzar que estivo en París, entre 1308 e 1310. Outras fontes, menos fiábeis, porén, din que foi até Oxford. En 1310, Arrigo VII de Luxemburgo invadía Italia. Dante viu nel a oportunidade de se vingar. Escribiulle (así como tamén a varios príncipes italianos) cartas abertas onde incitaba violentamente á destrución do poderío dos güelfos negros. Mesturando relixión e asuntos privados, invocou a ira divina sobre a súa cidade, suxerindo como albo principal do desagrado de Deus os seus máis acérrimos inimigos persoais. En Florencia, Baldo d'Aguglione perdoou a maior parte dos güelfos brancos que estaban no exilio, permitíndolles o seu regreso. Dante, no entanto, traspasara con moito os límites tolerábeis para o partido negro nas súas cartas a Arrigo VII, polo que o seu regreso non foi permitido. En 1312, Arrigo asalta Florencia, derrotando os güelfos negros. Non hai, no entanto, ningunha evidencia dunha posíbel participación de Dante no evento. Hai quen di que Dante se negou a participar nun ataque á súa cidade ao lado dun estranxeiro. Outros, porén, suxiren que o seu nome se tornara incómodo para os propios güelfos brancos, polo que calquera trazo da súa pasaxe foi axiña ocultado para a posteridade. En 1313, coa morte de Arrigo, morre tamén a esperanza de Dante de rever a súa cidade.

Volta para Verona, onde Cangrande Della Scala lle permite vivir seguro, confortábel e con algunha prosperidade. Cangrande é unha das personaxes admitidas por Dante no seu Paraíso (XVII, 76). En 1315, Florencia foi obrigada, por Uguccione della Faggiuola (oficial militar que controlaba a cidade) a outorgar amnistía a todos os exiliados. Dante constaba na lista daqueles que debían recibir o perdón.

Tumba de Dante preto da Basílica de San Francisco de Rávena, por Camillo Morigia.

No entanto, esixíase que estes pagasen unha determinada multa e, sobre todo, que aceptasen participar nunha cerimonia de cariz relixioso onde se retractarían como ofensores da orde pública. Dante negouse a semellante humillación, preferindo o exilio. Cando Uguccione derrota, finalmente, a Florencia, a sentenza de morte que recaía sobre Dante foi conmutada nunha pena de prisión, baixo a única condición de que tería de ir a Florencia xurar solemnemente que xamais entraría na cidade. Dante non foi.[10]

Como resultado, a pena de morte estendeuse aos seus fillos. Dante aínda esperou que fose posíbel ser convidado por Florencia a un regreso honrado. O exilio era como unha segunda morte, privándoo de moito do que formaba a súa identidade. Os seus restos mortais mantéñense en Rávena, non en Florencia. Guido Novello da Polenta, príncipe de Rávena, convidouno en 1318 a vivir alí. Dante aceptou a oferta. Foi en Rávenaonde terminou o Paraíso e, pouco despois, falecía, talvez de malaria, en 1321, con 56 anos, sendo sepultado na Igrexa de San Pier Maggiore (máis tarde chamada Igrexa de San Francesco). Bernardo Bembo, pretor de Venecia, decidiu honrar os restos mortais do Poeta, erixíndolle un monumento funerario de acordo coa dignidade de Dante Alighieri.

Véxase tamén: A divina comedia.
Primeira páxina da Divina Comedia, obra mestra de Dante.
Dante e Virxilio, de William-Adolphe Bouguereau (1850).

A divina comedia describe unha viaxe de Dante a través do Inferno, do Purgatorio, e do Paraíso, primeiro guiado polo poeta romano Virxilio, autor do poema épico Eneida, a través do Inferno e do Purgatorio e, despois, no Paraíso, pola man da súa amada Beatriz (con quen probabelmente nunca chegou a falar e apenas viu dunha a tres veces). En termos xerais, os lectores modernos prefiren a descrición vívida e psicoloxicamente interesante para a sensibilidade contemporánea do "Inferno", onde as paixóns se axitan de forma angustiada nun ambiente case cinematográfico. Os outros dous libros, o Purgatorio e o Paraíso, xa esixen outra abordaxe por parte do lector: contén sutilezas a nivel filosófico e teolóxico, metáforas dificilmente comprensíbeis para a nosa época, requirindo algunha procura e paciencia. O Purgatorio é considerado, dos tres libros, o máis lírico e humano. É interesante verificar que é, tamén, aquel onde aparecen máis poetas. O Paraíso, o máis pesadamente teolóxico de todos, está repleto de visións místicas, raiando o éxtase, onde Dante tenta describir aquilo que, confesa, é incapaz de expresar (como acontece, de feito, con moitos textos místicos que fan a historia da literatura relixiosa). O poema preséntase como "poema sagrado", o que demostra que Dante leva moi a serio o lado teolóxico e, quizais, profético, da súa obra. O poema chámase "Comedia" non por ser divertido ou cómico, senón porque termina ben (no Paraíso). Era ese o sentido orixinal da palabra comedia, en contraste coa traxedia, que terminaba, en principio, mal para os personaxes. Dante escribiu a "Comedia" no seu dialecto local. Ao crear un poema de estrutura épica e con propósitos filosóficos, Dante demostraba que a lingua toscana (moi próxima ao que hoxe é coñecido como lingua italiana) ou lingua vulgar (en oposición ao latín, que se consideraba como a lingua apropiada para discursos máis serios) era adecuada para o máis elevado tipo de expresión, ao mesmo tempo que establecía o toscano como dialecto patrón para o italiano.

Outras obras importantes do autor son:

  • De Vulgari Eloquentia ("Sobre a lingua vulgar", escrita, curiosamente, en latín)
  • Vida nova, onde insire sonetos comentados onde narra a historia do seu amor por Beatriz. A lingua utilizada é a toscana, tanto para os poemas (o que non é gran novidade, xa que moitas obras líricas xa se escribían daquela en lingua vulgar) como para os comentarios que, polo seu carácter máis teórico, xa innovan ao prescindir do latín.
  • Le Rime - ("As rimas"), tamén chamadas de "Canzoniere", onde aparecen varios textos de cariz lírico (sonetos, cancións, baladas, sextinas...), onde, novamente, lle canta ao amor idealizado (amor platónico), a Beatriz, así como á Ciencia, á Filosofía e á Moral (nun sentido amplo do termo);
  • Il Convivio - "O Convivio" ou "O Banquete", de carácter filosófico, é presentado polo poeta como un banquete con 14 pratos (simbolizando as cancións), acompañados do pan (os comentarios). Fai parte das obras que pretenden dignificar a lingua vulgar. Dante chega aquí a citar autores tan importantes como Aristóteles ou San Tomé de Aquino.
  • Monarchia - "Monarquia", onde expón as súas ideas políticas;
  • Outras obras, consideradas menores, como "As Epístolas", "Églogas" e "Quaestio de aqua et terra".
  1. 1,0 1,1 History. "Falleció Dante Alighieri" (en castelán). Consultado o 25 de decembro do2015. 
  2. www.enciclopedia.us.es (8 de marzo de 2007). "El poema épico más grande de la literatura italiana". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 16 de julio de 2008. 
  3. Matheson, Lister M. (2012). Icons of the Middle Ages: Rulers, Writers, Rebels, and Saints 1. Santa Barbara, CA. p. 244. ISBN 978-0-313-34080-2. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Chimenz, S.A. Dizionario Biografico degli Italiani, ed. Alighieri, Dante (en italiano). 
  5. Santagata, Marco (2012). Mondadori, ed. Dante: Il romanzo della sua vita. Milan. p. 21. ISBN 978-8804620266. 
  6. Ver Bookrags.com and Tigerstedt, E.N. 1967, Dante; Tiden Mannen Verket (Dante; The Age, the Man, the Work), Bonniers, Stockholm, 1967.
  7. Davenport, John (2005). Infobase Publishing, ed. Dante: Poet, Author, and Proud Florentine. p. 53. ISBN 978-1-4381-0415-7. 
  8. O propio Dante citou a Carlos Martel de Anjou na Divina Comedia (Paraíso VIII, v. 31 e IX, v. 1).
  9. Robert Harrison, "Dante on Trial", NY Review of Books, 19 Feb 2015, pp. 36-37
  10. Malcolm Moore "Dante's infernal crimes forgiven", Arquivado 22 de xuño de 2008 en Wayback Machine. Daily Telegraph, June 17, 2008. Consultado o 18 de xuño de 2008.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
De vulgari eloquentia, 1577

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Didier Ottaviani, La philosophie de la lumière chez Dante, Honoré Champion, 200].
  • Etienne-Jean Delécluze, Dante et la poésie amoureuse, 1854.
  • Claude Fauriel, Dante et les origines de la langue et de la littérature italiennes, cours fait à la Faculté des lettres de Paris 1854.
  • Jacqueline Risset, Dante écrivain, ou L'intelletto d'amore, Seuil, coll. Fiction & Cie, 1982.
  • René Guénon, L’Ésotérisme de Dante, Charles Bosse (1925), Gallimard (1957).
  • Kurt Leonhard: Dante. Mit Selbstzeugnissen und Bilddokumenten, Rowohlt, Reinbek 1998, (Rowohlts Monographien; Bd. 167) ISBN 3-499-50167-8
  • GONZÁLEZ, Isabel: Antología de la literatura italiana. Barcelona, Ariel, 1986. ISBN 84-344-8357-2.
  • Ulrich Prill: Dante, Metzler, Stuttgart 1999, (Sammlung Metzler; Bd. 318), ISBN 3-476-10318-8
  • Rolf Hellmut Foerster, EUROPA - Nymphenburger Verlagshandlung 1967 - Verlagsnummer 785
  • Winfried Wehle: Dichtung über Dichtung. Dantes 'Vita Nuova': Die Aufhebung des Minnesangs im Epos, Fink, München 1986.
  • Mario Tobino: Biondo era e bello.
  • Historia del Arte, Anaya, Madrid, 1986. ISBN 84-207-1408-9
  • Graham-Leigh, Elaine. The Southern French Nobility and the Albigensian Crusade. Woodbridge: The Boydell Press, 2005. ISBN 1-84383-129-5
  • Das Gastmahl. Buch I. Einleitung. Ital.-dt., übers. v. Thomas Ricklin. Meiner, Hamburg 1996. ISBN 978-3-7873-1298-6
  • «Botticelli». Los grandes genios del arte, n.º 29. Eileen Romano, dir. Unidad Editorial, S.A., 2005, ISBN 84-89780-97-8
  • Bacci, M., «Botticelli», no Diccionario Larousse de la pintura, tomo I, Editorial Planeta-De Agostini, S.A., 1987. ISBN 84-395-0649-X.
  • PETRONIO, Giuseppe: Historia de la literatura italiana. Madrid, Cátedra, 1990. ISBN 84-376-0942-9.
  • – (2003). Obras completas. (texto bilingüe). Madrid: Ediciones Cátedra (Bibliotheca Aurea). ISBN 978-84-376-2036-7. 
  • Davide Shamà, Genealogie delle dinastie nobili italiane, "Alighieri"[Ligazón morta], sidan besökt 2006.08.30
  • Winthrop Wetherbee, Cornell University, "Dante Alighieri"; Stanford Encyclopedia of Philosophy (consultada o 5 de abril de 2022)

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]