Saltar ao contido

Eddie Vedder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEddie Vedder

(2006) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Edward Louis Severson III Editar o valor en Wikidata
23 de decembro de 1964 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Evanston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Outros nomesJerome Turner
Wes C. Addle
Jerome230 Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónSan Dieguito High School Academy (en) Traducir
San Diego City College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor, guitarrista, cantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, rock alternativo e indie folk Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, ukelele e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoJ Records
Republic Records Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJill Vedder Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0891641 Rottentomatoes: celebrity/eddie_vedder
Facebook: EddieVedder MySpace: intothewildmovieeddievedder Youtube: UCYhMI2F7L2zGqRh0dpLL9MA Spotify: 0mXTJETA4XUa12MmmXxZJh iTunes: 267320 Last fm: Eddie+Vedder Musicbrainz: 1a60d6dd-9d3e-40fc-a66d-3184f9ee0d61 Songkick: 5847 Discogs: 262214 Allmusic: mn0000175025 WikiTree: Severson-124 Deezer: 17030 Genius: Eddie-vedder Editar o valor en Wikidata

Eddie Vedder, nado como Edward Louis Seversen III o 23 de decembro de 1964, é un cantante e compositor estadounidense que na actualidade traballa como vocalista e un dos tres guitarristas da banda de rock alternativo Pearl Jam. Vedder deixou a escena musical do sur de California para mudarse a Seattle, Washington en 1990 e unirse a Pearl Jam onde saltou á fama no medio do movemento grunge.

Infancia e mocidade

[editar | editar a fonte]

Eddie naceu en Evanston, Illinois, ás aforas de Chicago. Tivo unha infancia difícil. Despois de que os seus pais se divorciasen en 1965, cando só tiña un ano, a súa nai casou cun home chamado Peter Mueller, polo cal pasaría a adoptar ese apelido, e anos máis tarde, e despois dun novo divorcio o seu nome volvería cambiar quedándose no definitivo Eddie Vedder.

A mediados dos anos 70, a familia, incluíndo os seus tres medio irmáns máis novos, mudouse ao condado de San Diego, en California. Foi nese momento no que Eddie, que recibira unha guitarra da súa nai polo seu 12º aniversario, comezou a amosar interese pola música. A súa nai e Mueller divorciáronse nos seus últimos anos de adolescencia. A nai e os irmáns volveron a mudarse á area de Chicago, pero Eddie quedou co seu padrasto en California porque non quería cambiar de instituto.

Non foi ata despois do divorcio cando Vedder soubo que Mueller non era o seu pai. Eddie coñecera ao seu pai biolóxico brevemente cando era un neno, pero pensaba que Sverson era un amigo dos seus pais. Ao mesmo tempo coñeceu que Svenson morrera de esclerose múltiple. A relación de Vedder co seu padrasto, que non era moi boa, fíxose máis distante. El acabou por deixar o instituto de San Dieguito, en Encinitas, e uniuse ao resto da familia en Chicago. Tamén cambiou o seu nome a Eddie Vedder, o apelido de solteira da nai.

En 1984 Vedder regresou a San Diego coa súa moza, Beth Liebling. Alí mantívose ocupado gravando demos na súa casa e traballando en varias cousas, incluíndo empregado nocturno nunha gasolineira ou garda de seguridade no hotel La Valencia en La Jolla. Vedder pasou por varias bandas da zona de San Diego, como Surf and Destroy e The Butts. Nun destes grupos, chamado Indian Style, tamén estaba o futuro membro de Rage Against the Machine e Audioslave Brad Wilk. En 1988, Vedder converteuse no vocalista da banda de funk progresivo Bad Radio. A música da encarnación orixinal do grupo estaba influenciada por Duran Duran; porén, despois de que Vedder se unise a Bad Radio, a banda comezou a facer rock alternativo, influenciado por Red Hot Chili Peppers.

Temple of the Dog

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Temple of the Dog.

Despois de deixar Bad Radio, Vedder estivo sen banda e durante o resto de 1990 traballou polas noites nunha gasolineira. Na escena musical do Sur de California coñeceu ao antigo batería dos Red Hot Chili Peppers Jack Irons, do que se fixo amigo e co que adoitaba xogar ao baloncesto. Posteriormente, ese mesmo ano, Irons deulle unha cinta demo dunha banda de Seattle, Washington, que estaba buscando cantante. Vedder escribiu letras para tres das cancións, gravou as súas voces e enviouna de volta a Seattle. Os tres temas acabarían por converterse nos temas de Pearl Jam "Alive", "Once" e "Footsteps".

Despois de escoitar a cinta coas voces de Vedder, os antigos membros de Mother Love Bone Stone Gossard e Jeff Ament convidárono a ir a Seattle para realizar unha audición para o seu novo grupo, e quedaron impresionados pola súa voz. Nese tempo, Gossard e Ament estaban traballando no proxecto Temple of the Dog creado polo líder de Soundgarden Chris Cornell, como tributo ao desaparecido Andrew Wood, vocalista de Mother Love Bone que morrera dunha sobredose de heroína aos 24 anos. Tamén formaban parte do proxecto Matt Cameron, batería de Soundgarden, e o guitarrista Mike McCready. O tema "Hunger Strike" converteuse nun dueto entre Cornell e Vedder, e este último faría tamén coros noutros temas que aparecerían no álbum Temple of the Dog, editado en abril de 1991.

Pearl Jam

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Pearl Jam.

Pearl Jam was formárono en 1990 Ament, Gossard e McCready, que posteriormente recrutaron a Vedder e ao batería Dave Krusen. A banda colleu orixinalmente o nome de Mookie Blaylock, pero viuse forzada a cambialo cando asinou con Epic Records en 1991. Despois das sesións de gravación de Ten, Krusen deixou Pearl Jam en maio de 1991. Krusen foi substituído por Matt Chamberlain, que anteriormente tocara en Edie Brickell & New Bohemians. Despois de realizar só un feixe de concertos, un dos cales foi filmado para o video de "Alive", Chamberlain saíu do grupo para unirse á banda do programa Saturday Night Live. Como substituto Chamberlain suxeriu a Dave Abbruzzese, que uniuse a Pearl Jam e tocou o resto dos concertos de promoción de Ten.

Ten levou á banda ao gran público e converteuse nun dos discos máis vendidos dos anos 90. Pearl Jam atopouse no medio da repentina popularida e a atención dada á escena musical de Seattle e do grunge. O sinxelo "Jeremy" recibiu unha nomeación ao Grammy á mellor canción de rock e á mellor interpretación de hard rock en 1993. Pearl Jam recibiu catro MTV Video Music Awards polo videoclip dese sinxelo. Ten foi situado no posto número 207 da lista da Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos, e "Jeremy" no número 11 da lista da VH1 das 100 mellores cancións dos 90.

Despois dunha intensa xira, a banda entrou no estudio para gravar o seu segundo traballo, Vs., editado en 1993. Tras a súa publicación,Vs converteuse no disco que ata ese momento vendera máis copias nunha semana, pasando cinco semanas no número 1 da lista Billboard 200. Vs. foi nomeado ao Grammy ao mellor álbum de rock en 1995. A canción "Daughter" foi nomeada á mellor interpretación de rock e "Go" á mellor interpretación de hard rock.

Sentindo a presión do éxito, con gran parte da carga da popularidade da banda caendo sobre Vedder, Pearl Jam decidiu diminuír o nivel de promoción dos seus álbums, rexeitando incluso publicar videoclips. En 1994 o grupo comezou un boicot moi publicitado a Ticketmaster, que durou tres anos e limitou a capacidade da banda para xirar polos Estados Unidos. Durante mediados dos 90 Vedder enfrontouse ao que el chamou "un problema de acoso moi intenso". Vedder falaría do problema na canción "Lukin" do álbum No Code.

En 1994 a banda editou o seu terceiro álbum de estudio, Vitalogy, que ao igual que os anteriores sería multi-platino. Foi nesa época cando Vedder comezou a tocar máis a guitarra acústica. Moitas das cancións de Vitalogy semellan estar baseadas na presión da fama sobre Vedder. O álbum recibiu nomeacións dos Grammy para os premios a mellor álbum do ano e mellor álbum de rock en 1996. Vitalogy foi situado no posto 492 na lista da Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos. O seu sinxelo principal, "Spin the Black Circle", gañaría o Grammy á mellor interpretación de hard rock. Aínda que Abbruzzese gravou o disco, sería despedido en agosto de 1994, catro meses antes da súa edición. A banda citou diferenzas políticas entre o batería e o resto dos membros; por exemplo, estaba en desacordo co boicot a Ticketmaster. Foi substituído por Jack Irons, un bo amigo de Vedder e o antigo batería de Red Hot Chili Peppers.

En canto ao enfoque que Pearl Jam tomou despois do seu éxito inicial Vedder afirmou: "Tivemos o luxo de escribir a nosa propia descrición do traballa... e esa descrición foi reducida basicamente a unha liña: facer música". A banda posteriormente lanzou No Code en 1996 e Yield en 1998. Ese último ano, despois da xira de promoción do álbum, Irons abandonou o grupo debido a que non estaba satisfeito coas xiras. Pearl Jam recrutou ao antigo batería de Soundgarden, Matt Cameron, como substituto de Irons inicialmente de xeito temporal, pero ao pouco tempo converteuse en membro permanente da banda. "Do the Evolution" (do Yield) foi nomeada ao Grammy á mellor interpretación de hard rock. Tamén en 1998, Pearl Jam gravou "Last Kiss", unha versión dunha balada dos 60 que fixo famosa J. Frank Wilson and the Cavaliers. Foi publicada polo club de seareiros do grupo no seu sinxelo de Nadal dese ano; porén, por demanda popular, o tema foi editado ao público como sinxelo en 1999. "Last Kiss" chegou ao número 2 nas listas da Billboard, converténdose no sinxelo da banda en chegar máis nunha lista.

No ano 2000 publicouse o sexto álbum de Pearl jam, Binaural, e iniciouse o lanzamento dunha exitosa serie de bootlegs oficiais. A banda publicou 72 álbums ao vivo deste tipo entre 2000 e 2001. "Grievance" (de Binaural) foi nomeada ao Grammy á mellor interpretación hard rock. A banda lanzou o seu sétimo álbum de estudio, Riot Act, en 2002. A contribución de Pearl Jam á película do 2003 Big Fish, "Man of the Hour", foi nomeada ao un Globo de Ouro en 2004. O oitavo traballo, Pearl jam, apareceu en 2006. O grupo editou o seu noveno álbum, Backspacer, en 2009.

Nas gravacións de Pearl Jam, Vedder usa o seudónimo "Jerome Turner" para as súas contribucións non musicais (normalmente de deseño). Ten usado tamén o seudónimo "Wes C. Addle" ("West Seattle").

Outros proxectos musicais

[editar | editar a fonte]

Contribucións a bandas sonoras

[editar | editar a fonte]

Vedder contribuíu con material en solitario en varias bandas sonoras e recompilatorios, incluídos os filmes Dead Man Walking (1995), I Am Sam (2001), A Brokedown Melody (2004), Body of War (2007), e Reign Over Me (2007). Vedder collaborou co músico paquistaní Nusrat Fateh Ali Khan para a súa contribución á banda sonora de Dead Man Walking. Versionou o tema de The Beatles "You've Got to Hide Your Love Away" para o filme I Am Sam. Vedder compuxo a canción "Man Of The Hour", que Pearl Jam gravou para a película de Tim Burton Big Fish (2003). Vedder escribiu dous temas para o documental Body of War, producido por Ellen Spiro e Phil Donahue: "No More" (unha canción que fala da Guerra de Iraq) e "Long Nights". Vedder e o supergrupo The Million Dollar Bashers, que inclúe a membros de Sonic Youth, Wilco e a banda de Bob Dylan, versionou o tema deste último "All Along the Watchtower" para o filme biográfico I'm Not There (2007). Pearl Jam gravou unha versión da canción de The Who "Love, Reign o'er Me" para a película Reign Over Me. No ano 2010 Vedder gravou un novo tema, "Better Days", que aparece no filme dese mesmo ano Eat Pray Love.

Into the Wild

[editar | editar a fonte]

Vedder contribuíu cun álbum á banda sonora do filme do 2007 Into the Wild. A banda sonora foi publicada o 18 de setembro dese ano a través do selo J Records. Nela inclúese unha versión da canción do compositor canadense Indio "Hard Sun" e do tema de Jerry Hannan "Society". As cancións que Vedder compuxo para o filme teñen un son folk. No ano 2008 Vedder gañou un premio Golden Globe polo tema "Guaranteed", extraído de Into the Wild. Tamén foi nomeado para outro Golden Globe polas súas contribucións ao score orixinal da película. Nos premios Grammy de 2008 "Guaranteed" recibiu unha nomeación á mellor canción composta para unha película, televisión ou outro medio visual. "Guaranteed" tamén foi nomeada aos premios World Soundtrack, na categoría de mellor canción composta directamente para unha película. Nos Grammy do ano 2009, "Rise" foi nomeada á mellor interpretación vocal en solitario.

Vedder promocionou a banda sonora de Into the Wild coa súa primeira xira en solitario, que comezou en abril do ano 2008. A primeira parte da mesma, bautizada como "April Fools Tour", comezou en Vancouver o día 2 de abril e estivo formada por 10 datas pola costa oeste noteamericana. Vedder continuou coa xira cunha segunda parte en agosto, realizando catorce concertos na costa leste e no Canadá. Esta segunda parte comezou en Boston e rematou en Chicago. En xuño do 2009 Vedder continuaría a xira con outros 14 concertos no leste dos Estados Unidos e Hawai.

Ukulele Songs

[editar | editar a fonte]

Vedder editou o seu segundo álbum en solitario, titulado Ukulele Songs, o 31 de maio do 2011. Tratábase dunha colección de temas orixinais e versións interpretadas con ukelele. O primeiro sinxelo do traballo, "Longing to Belong", publicouse a través de tendas dixitais o 21 de marzo. Un DVD ao vivo, Water on the Road, inclúe actuacións en directo de dous concertoe en Washington, D.C. durante a xira de Vedder en solitario do 2008, e foi lanzado o mesmo día que Ukulele Songs.

Colaboracións

[editar | editar a fonte]

Ademais de tocar con Pearl Jam e Temple of the Dog, Vedder actuou e gravou con numerosos artistas. Apareceu en álbums de The Who, Ramones, Neil Young, R.E.M., Neil Finn, Bad Religion, Mark Seymour, Cat Power, Mike Watt, Fastbacks, Wellwater Conspiracy, Jack Irons e John Doe, e tamén gravou con The Strokes, Nusrat Fateh Ali Khan, Supersuckers, Susan Sarandon e Zeke. Nos meses de xuño e xullo do 2006, Vedder actuou con Tom Petty and the Heartbreakers, cantando en varios temas, como "The Waiting" ou facendo coros en "American Girl". Vedder interpretou as cancións "Break on Through (To the Other Side)", "Light My Fire" e "Roadhouse Blues" cos membros superviventes de The Doors na cerimonia de introdución da banda no Rock and Roll Hall of Fame en 1993. Tamén tocou con R.E.M. na súa cerimonia no Rock and Roll Hall of Fame en 2007 e na de The Stooges no 2010. Vedder realizou unha aparición como convidado no derradeiro concerto dos Ramones o 6 de agosto de 1996 en Hollywood.

Vedder tamén actuaría ao vivo con grandes artistas como Pete Townshend, Paul McCartney, Rolling Stones, U2, Bruce Springsteen, Robert Plant, Flea, Bryan Adams, Ben Harper, Jack Johnson, Roger Daltrey, Kings of Leon, Dave Grohl, Perry Farrell, Beck, Sheryl Crow, Jerry Cantrell, Andrew Stockdale, Josh Homme, Mike Ness, Neil Young, Guided By Voices, Ace Frehley, Dave Matthews, Natalie Maines, Tim Robbins, Johnny Depp, Glen Hansard e moitos outros.

Discografía en solitario

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Into the Wild 2007 J Records
Ukulele Songs 2011 Monkey Wrench