Boom Gaspar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1953 (71 anos) Waimanalo, Estados Unidos de América (pt) |
Actividade | |
Ocupación | músico, pianista |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock |
Instrumento | Órgano e piano |
Kenneth E. Gaspar, coñecido como Boom Gaspar, nado en 1953 en Waimānalo, Hawai, é un músico estadounidense que leva tocando con Pearl Jam coma pianista e teclista dende o ano 2002.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Boom Gaspar medrou en Waimānalo, Hawai e comezou a tocar coa idade de once anos. Despois de graduarse no Kailua High School, Gaspar pasou os seguintes 30 anos tocando por Hawai con artistas como Mackey Feary Band, Harmony, Simplisity, e co guitarrista de blues Albert Collins.
O vocalista de Pearl Jam Eddie Vedder coñeceu a Gaspar en Hawaii. Estes foron presentado por C. J. Ramone. Gaspar apareceu nos álbums da banda Riot Act (2002) e Pearl Jam (2006). Aparece tamén coma compositor do tema "Love Boat Captain" que está en Riot Act. Segundo Gaspar o tema inicialmente saíu dunha jam que tivera con Vedder pouco despois de coñecerse.