Década de 1170
Aparencia
Segundo milenio | |||||
Século XII | |||||
| |||||
|
1170
- Artigo principal: 1170.
- Outorgamento de carta foral á cidade galega de Tui
- Tropas portuguesas apodéranse do Castelo de Cedofeita, xunto a Pontevedra, no contexto da guerra luso-leonesa.
- Os aragoneses toman a cidade de Teruel, en poder dos mouros.
- 1 de agosto Fernando II de León encomenda a defensa da cidade de Cáceres aos Fratres, nace a Orde Militar de Santiago.
1171
- Artigo principal: 1171.
África
Oriente Próximo
- Novembro: Inicio do goberno de Saladino (Salah al-Din al-Ayyubi) (até 1193). Depón a dinastía Fatimida do goberno de Exipto, restaura a lexitimidade dos abásidas e restaura o rito sunnita. Autoproclámase sultán de Exipto e funda a dinastía dos aiúbidas.
Europa
- Comeza a conquista de Irlanda polo rei inglés Henrique II.
- Afonso II de Aragón conquista Caspe e Teruel.
- Averroes é nomeado gran cadí ou xuíz de Córdoba.
1172
- Artigo principal: 1172.
Oriente Próximo
- Saladino apodérase do porto de Ayla sobre o mar Vermello, para atacar Siria.
Europa
- 1 de marzo: inicio do reinado de Bela III, rei de Hungría (até 1196).
- Estabelecemento da orde de Santiago en Portugal, séndolle concedidas as localidades de Arruda dos Vinhos e, posteriormente, Alcácer do Sal, Almada e Palmela.
- O rei Afonso I asocia o seu fillo Sancho ao goberno do reino de Portugal.
- Creación no reino de Aragón da diocese de Albarracín.
- A localidade de Padrón obtén carta foral.
1173
- Artigo principal: 1173.
- 21 de febreiro : Canonización de Thomas Becket, antigo arcebispo de Canterbury
1174
- Artigo principal: 1174.
1175
- Artigo principal: 1175.
Europa
- Humberto III de Savoia retoma Turín.
- Guillerme II de Sicilia alíase con Venecia.
- Bizancio e Venecia asinan un tratado de paz.
- Manuel I Comneno négalles aos monxes de Patmos o dereito a establecer nas súas terras un número ilimitado de labregos.
- En 1175 hai que restituir con outros monxes os labregos excedentarios que aqueles atraíran. Isaac II fixo o mesmo en 1186.
Oriente Próximo
- Saladino tórnase sultán do Exipto, a Siria e a Palestina.
- Os conselleiros de al-Malik recorren aos servizos da seita dos Asasinos para se desfacer de Saladino.
- A comezos de ano fracasa unha tentativa de asasinato no campamento de Saladino. Saladino fai que o califa lle outorgue o goberno de Exipto e de Siria.
- Renaud de Châtillon é liberado por al-Malik, despois de quince anos de cativerio en Alepo.
- Non logra chegar a Antioquía, onde reina o seu afillado Bohemundo III de Antioquía. Casa cunha nova viúva que lle outorga en dote os territorios situados ao leste do río Xordán e que inclúen as fortalezas de Kerak e Chawbak. Alíase cos Templarios e exerce unha influencia cada vez maior sobre a corte de Xerusalén. Fanático, é partidario dunha política de conquista fronte aos musulmáns.
1176
- Artigo principal: 1176.
Europa occidental
- Henrique XII de Baviera rexeita axudar a Frederico Barbarrosa nunha expedición a Italia.
- Derrota de Frederico Barbarrosa diante da Liga lombarda na batalla de Legagno. Confírmanse os privilexios de Milán.
- Concilio en Albi, Provenza, que condena aos albixenses como herexes.
Europa oriental
- Vitoria de Vladimir e de Péréïaslav sobre Rostov e Souzdal. O principado de Vladimir afirma a súa preponderancia sobre Kíiv.
- O príncipe de Riazán saquea Moscovo.
- Derrota dos bizantinos en Misocefalón, en Anatolia central, ante os selxúcidas do sultanato de Iconio
Oriente Próximo
- 22 de maio: durante o Sitio de Alepo, uns membros da seita dos asasinos tenta asasinar a Saladino, que se salva grazas á súa cota de malla, mentres que os asaltantes son masacrados.
- En agosto, para vingarse, Saladino sitia Massiaf, fortaleza dos Asasinos en Siria central. Ameazado de asasinato polo "vello da montaña", Saladino levanta rapidamente o sitio. Posteriormente procurará conciliarse cos Asasinos para evitar unha nova fronte, a parte dos francos.
1177
- Artigo principal: 1177.
Europa
- Frederico I Barbarroxa e o papa Alexandre III asinan a paz de Veneza.
- Esta paz consagra a autoridade papal, concedéndolle un perdón aos cismáticos. Barbarrosa abandona ao seu antipapa e recoñece a Alexandre III, se ben continúa a controlar as eleccións episcopais en Alemaña e rexeita entregarlle ao papado a herdanza de Matilde de Toscana.
- O papa Alexandre III envíalle unha carta ao preste Xoán, a quen chama "rei das Indias".
- Afonso VIII de Castela toma Cuenca.
- Fúndase a vila de Belfast en Irlanda.
- Sínodo dos bispos de Noruega.
- Neste sínodo téntase impor unha Constitución e establecer normas precisas para solucionar o problema da sucesión real. Porén, reinícianse as desordes e Sverri, un relixioso pretendente ao trono, ponse á cabeza dun clan de proscritos, os Birkebeiner ("pernas de bidueiro"). Rexeita aceptar as decisións políticas tomadas baixao presión da Igrexa e faise proclamar rei de Noruega en Nidarós o ano seguinte.
- Mieszko III de Polonia é deposto por despotismo.
- Casimiro II o Xusto tórnase en duque de Polonia.
Oriente Próximo
- Balduíno IV de Xerusalén e Reinaldo de Chatillon derrotan a Saladino na Batalla de Montgisard.
Asia
- Conflitos entre os khmer e os Chams, que saquean a capital, Angkor.
- No Xapón, as más relacións entre o emperador retirado Go-Shirakawa son tan tensas que aquel tenta un golpe de estado contra o Daijō-daijin (primeiro ministro) Taira no Kiyomori.
1178
- Artigo principal: 1178.
- xullo: Frederico I Barbarrosa, coroado rei en Arles
- Sverri convértese en rei da Noruega.
- Sverri apoiouse nas forzas militares para fornecer o Estado de estruturas máis sólidas, reducindo as pretensións da Igrexa (logrou ser coroado solemnemente en Bergen. O arcebispo Eysteinn, así como o seu sucesor Eíríkr tentaron promover un dereito eclesiástico que lle asegurase ao clero unha posición xurídica máis favorábel. Mais Sverri insiste en manter o dereito tradicional. Eíríkr escapou a Dinamarca, promoveu unha revolta contra Sverri e fixo xurdir pretendentes que se lle opuxesen a Sverri (único rei en 1202).
- Igor Svyatoslavich torna príncipe de Novgorod-Seversky (até 1202).
Arte e cultura
- Comézase a inclinar a Torre de Pisa segundo se chega á terceira altura.
Ciencia e tecnoloxía
- 18 de xuño - O impacto dun meteorito na superficie da Lúa crea o cráter que denominamos Giordano Bruno.
Relixión
- O bispo islandés Thorlákr Rúnolfsson (1178-1193), formado en París, reforma o convento de Thykkvabær e promove a moral cristiá. Cinco anos despois da súa morte será canonizado polo Althing.
- Fúndase en Milán un mosteiro de cátaros para o tratamento comunitario da lá.
1179
- Artigo principal: 1179.
Europa
- III Concilio ecuménico de Letrán, presidido por Alexandre III
- O papa recoñece a Portugal como reino independente, previo pago do monarca luso de 1.000 moedas de ouro.
- Filipe de Alsacia funda o porto de Damme, diante de Bruxas, no estuario do río Zwyn.
Oriente Próximo
- Tratado entre Saladino e Bizancio
- Vitoria de Saladino sobre os cruzados en Merj Oyoum. O reino de Xerusalen perde a praza forte do Gué de Jacob
- O reino de Xerusalen vese ameazado, após a retirada dos bizantinos de Asia Menor ao norte e polos ataques terrestres e marítimos dos aiúbidas ao sur. As peticións de axuda dirixidas a Occidente levan a Terra Santa un grupo de cabaleiros liderados por Filipe de Flandres, cruzado ineficaz, desexoso sobre todo de intervir nas querelas polo poder. O patriarca de Xerusalen e o Grande Mestre do Hospital non traen desde Europa máis que as axudas do rei de Inglaterra.