Sancho I de Portugal
Sancho I de Portugal, nado o 11 de novembro de 1154 e finado o 26 de marzo de 1211, alcumado O Poboador (polo estímulo de apadriñar o poboamento dos territorios do país - destacando a fundación da cidade da Guarda, en 1199, e a concesión de cartas de foral en Beira e en Trás-os-Montes: Gouveia (1186), Covilhã (1186), Viseu (1187), Braganza (1187) etc, poboando así áreas remotas do reino, en particular con inmigrantes da Flandres e Borgoña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cuarto fillo do monarca Afonso Henriques, foi bautizado co nome de Martiño (Martinho), por ter nacido no día do santo do mesmo nome, e non estaría preparado para reinar, non obstante, a morte do seu irmán, D. Henrique, cando contaba só tres anos de idade, levou á modificación da súa onomástica para un nome máis hispánico, quedando desde entón Sancho Afonso.
En 1170, Sancho foi armado cabaleiro polo seu pai logo despois do accidente de D. Afonso I en Badaxoz e tornouse o seu brazo dereito, tanto desde o punto de vista militar, tanto desde o punto de vista administrativo. Nestes primeiros tempos de Portugal como país independente, moitos eran os inimigos da coroa, a comezar polos reinos do seu curmán Afonso VII. Para alén do máis, a Igrexa Católica demoraba en consagrar a independencia de Portugal coa súa bendición. Para compensar estas fallas, Portugal buscou aliados dentro da Península Ibérica, en particular o reino de Aragón, que se converteu no primeiro país en recoñecer Portugal. O acordo firmado 1174 polo matrimonio de Sancho, entón príncipe herdeiro, coa infanta Doce Berenguer, irmá máis nova do rei Afonso II de Aragón.
Reinado
[editar | editar a fonte]Coa morte de Afonso I en 1185, Sancho I convértese no segundo rei de Portugal. Tendo Coímbra como centro do seu reino, Sancho deu por rematada a separación do Galicia e dedicouse a guerrear cos mouros localizados ao Sur, aproveitando o paso polo porto de Lisboa dos cruzados da terceira cruzada, na primavera de 1189, para conquistar Silves, un importante centro administrativo e económico do Sur, cunha poboación estimada en 20.000 persoas. Sancho ordenou a fortificación da cidade e construción do castelo que aínda hoxe pode ser admirado. A posesión de Silves foi efémera, xa que en 1190 Abu Yusuf Fatimí al-Mansur rodeou a cidade de Silves cun exército e con outro atacou Pino, que só puido resistir durante dez días, debido ao rei de León e Castela ameaza de novo o Norte.
Sancho I adicou moito do seu esforzo gobernativo á organización política, administrativa e económica do seu reino. Acumulou un tesouro real e incentivou a creación de industrias, así como a clase media de comerciantes e mercadores.
O rei é tamén recordado polo seu gusto polas artes e literatura, tendo deixado el mesmo varios volumes con poemas. Neste reinado sábese que algúns portugueses ían a universidades estranxeiras e que un grupo de xuristas coñecía o dereito que a ministra na Escola de Boloña. No ano 1192 concedeu ao mosteiro de Santa Cruz 400 morabitinos a que se mantivesen en Francia os monxes que alí quixesen estudar.
Rei de Portugal | ||
---|---|---|
Segue a: Afonso I de Portugal |
Sancho I de Portugal | Precede a: Afonso II de Portugal |
Dinastía de Borgoña |
Descendencia
[editar | editar a fonte]Do seu casamento con Doce de Aragón, tivo 11 fillos:
- Tareixa, infanta de Portugal (1176-1250), casou co rei Afonso IX
- Sancha, infanta de Portugal (ca. 1180-1229), abadesa do Lorvão
- Raimundo de Portugal (ca. 1180-1189)
- Constanza de Portugal (1182-1202)
- Afonso II de Portugal (1185-1233)
- Pedro, infante de Portugal (1187-1258), conde de Urgell polo casamento con Aurembiaix Armengel; foi Señor de Mallorca.
- Fernando, infante de Portugal (1188-1233), viviu no estranxeiro, casou con Xoana de Flandres
- Henrique de Portugal (1189-?)
- Branca, infanta de Portugal (1192-1240), Condesa de Guadalajara
- Berengária, infanta de Portugal (1194-1221), casada co rei Valdemar II de Dinamarca
- Mafalda, infanta de Portugal (ca. 1200-1257), casada co rei Henrique I de Castela, despois fundadora do mosteiro cisterciense de Arouca e a súa primeira abadesa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sancho I de Portugal |