Saltar ao contido

Mar Vermello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMar Vermello
Imaxe
Tipomar Editar o valor en Wikidata
Epónimovermello Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Mapa
 22°N 38°L / 22, 38
Comparte fronteira conÁfrica do Norte
Oriente Medio Editar o valor en Wikidata
Afluentes
Características
Profundidade3.040 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións355 (ancho) km
AtravesaExipto, Arabia Saudita, Sudán, Djibuti, Eritrea, Iemen, Israel e Xordania Editar o valor en Wikidata
Superficie445.816 km²
438.000 km² Editar o valor en Wikidata

O mar Vermello é unha baía do océano Índico entre África e Asia. Ao sur comunícase co océano Índico polo estreito de Bab el-Mandeb e o golfo de Adén. Ao norte atópase a península do Sinaí, o golfo de Aqaba e o canal de Suez, que permite a comunicación co mar Mediterráneo.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

Ten pouco máis de 1900 km de longo, un largo máximo de 300 km e unha profundidade máxima de 2500 m na foxa media central, cunha profundidade media de 500 m. A superficie do Mar Vermello é duns 450.000 km².

Hai unha gran cantidade de formacións coralinas pola exuberancia de vida submarina, con gran variedade de peixes e corais. Está poboado por máis de 1.000 especies de invertebrados, de 200 especies de corais e de, polo menos, 300 especies de tiburóns. O Mar Vermello é un destino turístico de sona, sobre todo entre os mergulladores.

As temperaturas da superficie son relativamente constantes, entre 21 e 25 °C. A visibilidade é bastante boa até os 200 m de profundidade, mais pódense levantar ventos fortes rapidamente e as correntes vólvense perigosas.

A creación do Mar Vermello débese á separación de África e a Península Arábiga (Asia). O movemento comezou hai uns trinta millóns de anos e mantense na actualidade, o que explica a existencia de actividade volcánica nas partes máis fondas. O modelo de Tuzo Wilson asegura que o Mar Vermello se converterá nun océano, e parece verse confirmado polo aumento da chamada 'fenda de África'.

Os países lindantes co Mar Vermello son Exipto, Sudán, Eritrea e Djibuti na beira africana e Israel, Xordania, Arabia Saudita e o Iemen na beira asiática. Algunhas cidades costeiras do Mar Vermello son: Assab, Port Sudan, Port Safaga, Hurghada, Suéz, Sharm el-Sheikh, Eilat, Acaba, Dahad, Jedda ou Al-Hudaidah.

  1. "Red Sea". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2019-02-18. 
  2. "La Mer Rouge: qu'est-ce que c'est?". AquaPortail (en francés). Consultado o 2019-02-18.