Christoph Gluck
![]() | Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos etc. contidos neste artigo deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |

Christoph Willibald Gluck, nado en Erasbach, Alemaña, o 2 de xullo de 1714 e finado en Viena o 15 de novembro de 1787, foi un prolífico compositor alemán de orixe xermana-bohemia.
Estreou a súa primeira ópera, Artaxerxes, en Milán no ano 1741, permanecendo en Italia ata 1745. Despois viaxou a Londres, Dresde e Viena, cidade na que estreou Semíramis recoñecida en 1748.
Reformador da ópera, as súas primeiras innovacións son visibles no ballet Don Juan (1761) e na ópera Orfeo e Eurídice (1762). Tras unha nova viaxe a Italia en 1763 regresou a Viena onde compuxo Alceste e posteriormente viaxou a Parma. De volta a Viena deu leccións á arquiduquesa María Antonieta, quén máis tarde o protexería coma raíña de Francia.
Na ópera propúxose subordinar a música á poesía co fin de reforzar a expresión dos sentimentos, deixándoa sen adornos superfluos.
Obras
[editar | editar a fonte]- Artajerjes (1741)
- Cleonice (1742)
- Demofoonte (1743)
- A Sofonisba (1744)
- Semíramis recoñecida (1748)
- Os chineses (1754)
- A inocencia xustificada (1755)
- O rei pastor (1756)
- A illa de Merlín (1758)
- A árbore encantada (1759)
- Don Juan (1761)
- Orfeo e Eurídice (1762)
- Alceste (1763)
- Ifigenia en Áulide (1774)