Castro de Santa Comba
Castro de Santa Comba | |
---|---|
Parroquia | Covas |
Concello | Ferrol |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Id. catálogo | GA15036014 |
Cronoloxía | |
Data da descuberta | 2001-2006 |
Períodos de escavación | 2001-2006 |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
O Castro de Santa Comba é un castro costeiro situado na illa de Santa Comba (concello de Ferrol), formada actualmente por tres illas, con orientación NO-SE. Sobre a illa central, a de maior tamaño, está a ermida de Santa Comba, do século XI.
Descrición
[editar | editar a fonte]No ano 2001 a Universidade da Coruña e o CSIC iniciaron un traballo de escavación na illa de Santa Comba que foi continuado ata o ano 2006. As tres illas formaban unha península unida a terra. As tres illas teñen unha lonxitude total de 320 metros e unha anchura máxima de 110 metros. Alí atopouse o único forno obradoiro para traballos con ferro que se coñece en Galiza.[1]
O 15 de outubro de 2001 André Pena Graña atopou unha lousiña circular datada no século I do tamaño e da forma dunha fusaiola duns 4 centímetros de diámetro, cunha inscrición adicada a Reva: REBE TRASANCI AVG[VST]E[2] ("PARA REVA TRASANCIUCA", da «Terra de Trasancos»). Esta inscrición fai referencia á Terra de Trasancos, organización territorial nacida durante a Cultura castrexa.
As prospeccións feitas na terceira campaña de prospeccións arqueolóxicas nas illas e na zona próxima feitas polo CSIC e a UDC atoparon indicios de construcións.[3][4]
Accesos
[editar | editar a fonte]O acceso só é posible na baixamar á illa central que é a de maior tamaño e na que está a Ermida de Santa Comba.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ferrol nació en tres islas con minas de oro y hornos celtas Universidade y CSIC preservarán los restos de Santa Comba gracias a un plan director" Arquivado 13 de abril de 2011 en Wayback Machine., artigo en El Correo Gallego, 12 de abril de 2011 (en castelán).
- ↑ "Un excepcional achado epigráfico" Arquivado 14 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo de André Pena Graña, 2001.
- ↑ Romero, N Lorena. Diario de Ferrol, ed. "Estudios en Santa Comba desvelan indicios de construcciones castreñas". Consultado o 13 de setembro de 2013.
- ↑ "O xacemento de Santa Comba e a minería de Covas volven ser motivo de análise", artigo en Diario de Ferrol, 20 de agosto de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Armada, Xosé-Lois e Alonso, Víctor (2016): O xacemento de Santa Comba e a minería de Covas. Edicións Embora
- El yacimiento de Santa Comba (Covas, Ferrol): investigaciones arqueológicas en un enclave de la ruta marítima atlántica. Xosé Lois Armada Pita, Víctor Alonso Troncoso, Pedro Carrasco García, Manuela Costa-Casais, Alejandro Güimil-Fariña, Patricia Mañana-Borrazás, Carlos Otero-Vilariño. Gallaecia ISSN 0211-8653 ISSN-e 2445-3927, 2015 42 páxinas.