Século -I
Aparencia
século II a. C. < século I a. C. > século I
Período de tempo que abrangue dende o 1 de xaneiro do ano -100 ata o 31 de decembro do ano -1 antes da era cristiá.
Acontecementos importantes:
[editar | editar a fonte]- Durante o transcurso do século, todas as terras independentes circundantes ao mar Mediterráneo que foron tomadas baixo o control de Roma, son dirixidas ou directamente por gobernadores romanos, ou a través de reis marioneta nomeados por Roma. O Estado romano entrou en tempos de crúas guerras civís, que acabaron coa disolución da Antiga república romana, tras máis de 500 anos de existencia, e o paso a unha concentración de todo o poder do Estado nun só home, o Emperador, orixinándose así o Imperio Romano.
A turbulencia interna que arrasou Roma neste tempo pode ser vista como as últimas convulsións antes da final morte da Antiga república romana, que finalmente tomou o camiño do goberno autocrático de homes poderosos como Xulio César, Marco Antonio e Octavio. A finais deste século pénsase que naceu Xesús de Nazaret, a figura central do Cristianismo.
Ciencia e Tecnoloxía:
[editar | editar a fonte]- As manchas solares son rexistradas por primeira vez polos chineses.
- Fabrícase o mecanismo de Anticitera.
- Os romanos constrúen a primeira cúpula.
- Invéntase o vidro soprado na Siria romana.
Guerras e Política:
[editar | editar a fonte]- Lucio Licinio Lúculo invade Armenia, poñendo fin ás centenarias guerras entre persas e romanos (92 a. C.).
- Lucio Cornelio Sila é nomeado ditador do Estado romano (81 a. C.).
- Unha rebelión de escravos liderada polo gladiador escapado Espartaco conduce á Terceira Guerra Servil. (73 a. C.).
- Cneo Pompeio Magno captura Xerusalén, e establece a anexión a Roma de Xudea (63 a. C.).
Personaxes destacadas:
[editar | editar a fonte]- Xulio César.
- Cneo Pompeio Magno.
- Marco Licinio Craso.
- Marco Tulio Cicerón.
- Lucio Cornelio Sila.
- Xesús de Nazaret (nacido a finais de século, posiblemente entre os anos 4 a. C. e 7 a. C.).
Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |