Casimiro de Abreu
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1839 São João da Barra, Brasil |
Morte | 18 de outubro de 1860 (21 anos) Nova Friburgo, Brasil |
Causa da morte | tuberculose |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor |
Membro de | |
Movemento | Romantismo brasileiro (pt) |
Descrito pola fonte | Dictionary of Brazilian Literature (1st edition) (en) , (p.2) |
Casimiro José Marques de Abreu, nado na Barra San João o 4 de xaneiro de 1839 e finado en Nova Friburgo o 18 de outubro de 1860, foi un poeta brasileiro da segunda xeración do romanticismo.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do facendeiro portugués José Joaquim Marques de Abreu e de Luísa Joaquina das Neves, unha facendeira de Barra de San João, viúva do primeiro casamento. Con José Joaquim ela tivo tres fillos, aínda que nunca estivesen oficialmente casados. Casimiro naceu na Facenda da Prata, localizada na Serra do Macaé anteriormente localizada no territorio de Nova Friburgo hoxe en Casimiro de Abreu, propiedade herdada por súa nai no transcurso da morte do seu primeiro marido, de quen non tivo fillos.[3]
A localidade onde viviu parte de súa vida, Barra de San João, era ao tempo territorio de Macaé e hoxe distrito do municipio que leva o seu nome, e tamén chamado "Casimiro de Abreu", foi bautizado na igrexa da localidade por iso a homenaxe. Recibiu só a instrución primaria no Instituto Freese, dos once aos trece anos, en Nova Friburgo, entón cidade de maior porte da rexión serrana do estado do Río de Xaneiro, e para onde converxíam, na época, os adolescentes inducidos polos pais a se aplicaren nos estudos.
Aos trece anos trasladouse para o Río de Xaneiro para traballar co pai no comercio. Con el, embarcou para Portugal en 1853, onde entrou en contacto co medio intelectual e escribiu a maior parte de súa obra. O seu sentimento nativista e as saudades da familia escribe: "estando na miña casa á hora da comida, pareceume escoitar risadas infantís da miña irmá pequena. As bágoas brotaban e fixen os primeiros versos de miña vida, que tivo o título de Ave Maria".
En Lisboa, foi representado o seu drama Camões e o Jau en 1856, que foi publicado despois.
Seus versos máis famosos do poema Meus oito anos son: Oh! Que saudades que tenho/da aurora da minha vida,/ da minha infância querida/que os anos não trazem mais!/ Que amor, que sonhos, que flores,/naquelas tardes fagueiras,/ à sombra das bananeiras,/ debaixo dos laranjais!
En 1857 retornou ao Brasil para traballar no almacén de seu pai. Iso, no entanto, non o afastou da vida boemia. Escribiu para algúns xornais e fixo amizade con Machado de Assis. En 1859 editou as súas poesías reunidas co título de Primaveras. Dividido en cinco partes: Introdução, Livro Primeiro, Livro Segundo, Livro Terceiro e Livro Negro. Os poemas falan principalmente do amor romántico, desexo de fuga para a inancia e para a morte, nacionalismo, nostalxia e as súas saudades do Brasil.[4]
Tuberculoso,[5] retirouse para a facenda de seu pai, Indaiaçu, hoxe sede do municipio que recibiu o nome do poeta, onde inutilmente buscou unha recuperación do estado de saúde, vindo alí a falecer. Foi sepultado conforme o seu desexo en Barra de San João, estando a súa lápida no cemiterio da secular Capela de San João Batista, xunto ao túmulo de seu pai.
Espontáneo e inxenuo, de linguaxe simple, tornouse un dos poetas máis populares do Romanticismo no Brasil. O seu éxito literario, no entanto, deuse soamente despois da súa morte, con numerosas edicións dos seus poemas, tanto no Brasil, canto en Portugal. Deixou unha obra cuxos temas abordaban a casa paterna, a saudade da terra natal, e o amor (mais este tratado sen a complexidade e a profundidade tan caras a outros poetas románticos). A despeito da popularidade alcanzada polos libros do poeta, súa nai, e herdeira necesaria, morreu en 1859 na máis absoluta pobreza, non recibindo nada en termos de dereitos autorais, fosen do Brasil, fosen de Portugal.
Encóntrase colaboración da súa autoría nas revistas O Panorama[6] (1837-1868) e A illustração luso-brasileira (1856-1859).[7]
É o patrón da cadeira número seis da Academia Brasileira de Letras, fundada por Machado de Assis.
Obras de Casimiro de Abreu
[editar | editar a fonte]- Fora da Pátria, prosa, (1855)
- Minha Mãe, poesía, (1855)
- Rosa Murcha, poesía, (1855)
- Saudades, poesía, (1856)
- Suspiros, poesía, (1856)
- Meus Oito Anos, poesía, (1857)
- Longe do Lar, prosa, (1858)
- Treze Cantos, poesía, (1858)
- Folha Negra, poesía, (1858)
- Primaveras, poesías, (1859)
Poesías e prosas
[editar | editar a fonte]- As primaveras, poesías, prosas e textos doutros sobre o autor entón recentemente falecido (1860)[8]
Prosa
[editar | editar a fonte]- Carolina, novela, (1856)
- A Cabana (1858)
- A Virgem Loura, prosa poética
Teatro
[editar | editar a fonte]- Camões e o Jau (1857)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Academia Brasileira de Letras". Academia Brasileira de Letras (en portugués). Consultado o 2020-04-28.
- ↑ "Casimiro de Abreu - RJ : Biografia de Casimiro de Abreu". web.archive.org. 2009-04-05. Archived from the original on 05 de abril de 2009. Consultado o 2020-04-28.
- ↑ "Biografia de Casimiro de Abreu". eBiografia (en portugués). Consultado o 2020-04-28.
- ↑ "Casimiro de Abreu - biografia do escritor brasileiro". InfoEscola (en portugués). Consultado o 2020-04-28.
- ↑ "Casimiro de Abreu: biografia, obras e melhores poemas". Toda Matéria (en portugués). Consultado o 2020-04-28.
- ↑ "Panorama" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt/.
- ↑ "Ilustr. Luso" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt/.
- ↑ Abreu, Casimiro José Marques de (1866). As primaveras (en portugués). Typ. do Jornal do Porto.