Casa Galega da Cultura
Casa Galega da Cultura | |
---|---|
Fachada oeste, Praza da Constitución | |
Coordenadas | 42°14′18″N 8°43′33″O / 42.238451, -8.725875 |
País | España |
Cidade | Vigo |
Tipo | Multidisciplinar |
Administrador | Concello de Vigo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A Casa Galega da Cultura é un espazo multidisciplinar localizado en Vigo que acolle a realización de actividades artísticas e literarias, ao tempo que conta cun fondo bibliográfico e museográfico sobre Galicia.
Historia
[editar | editar a fonte]O edificio foi construído, baixo plano do arquitecto Jose María Ortiz Sánchez (autor tamén do edificio onde esta actualmente o Museo de Arte Contemporánea de Vigo ou MARCO), e coa dirección de obra do construtor José Antonio González Bernárdez, para substituír unha antiga sede do Concello de Vigo, que ardeu en 1851, aínda que xa ameazaba a ruína en 1809. Foi sede do Concello até o seu traslado á actual localización en 1978. Máis tarde foi restaurado para acoller os fondos da Fundación Penzol e a Casa Galega da Cultura.
Construción e estilo
[editar | editar a fonte]Trátase dun edificio sobrio e de estilo ecléctico, que ten inseridos elementos clasicistas, aínda que de xeito contido, sen artificios. Inicialmente foi deseñado con tres andares, con tres vans en cada unha e unha composición simétrica, con zócolo, pilastras e falso entaboamento, separando cada andar con liñas de imposta, ás que se suman unhas cornixas na fachada principal. Cada andar diferénciase pola súa decoración, especialmente o primeiro que ten aberto un balcón principal, dende o que aínda se fan pregóns de festas á Praza da Constitución. O treito central do edificio está salientado en todos os andares mediante pilastras apareadas, e na planta terrea salienta un almofadado corrido. Remata o edificio unha balaustrada, cun peitoril central na fachada principal co escudo da cidade e dous lucernarios.[1] Na fachada que dá á Praza da Princesa a decoración é máis restrinxina.
Museo
[editar | editar a fonte]O centro, antiga sede da casa do concello,[2] conta con salas de exposición temporais e permanentes na planta baixa, un salón de actos na primeira planta, dúas salas de lectura, unha delas para o uso de investigadores e as bibliotecas Penzol e Fernández del Riego e o Museo Francisco Fernández del Riego[3][4] na terceira planta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Garrido Rodríguez, Xaime, 2000, A Arquitectura da Pedra en Vigo, Vigo, Construcciones Conde, p. 160-161.
- ↑ A Antigua Casa do Concello [sic] na páxina do concello.
- ↑ Museo Francisco Fernández del Riego en Turgalicia
- ↑ Colección de Arte Francisco Fernández del Riego na páxina do concello.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina da Casa Galega da Cultura na web do concello.