Pinacoteca Francisco Fernández del Riego
Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego" | |
---|---|
Casa de Arias Taboada na rúa Abeleira Menéndez | |
Coordenadas | 42°14′16″N 8°43′34″O / 42.237861111111, -8.7260277777778 |
País | España |
Cidade | Vigo |
Tipo | Pinacoteca |
Administrador | Concello de Vigo |
Construción | Século XVII |
Inauguración | 2011 |
Na rede | |
http://www.museodevigo.org/pinacoteca_gal.php | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego" é un espazo museístico aberto no ano 2011 na cidade de Vigo, de titularidade municipal.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]A entrada é libre e gratuíta ata completar capacidade e está permitido tirar fotografías (sen flash nin trípode).
A exposición
[editar | editar a fonte]As exposicións son temporais, procedentes dos fondos do Concello de Vigo, ao igual que no caso do Museo Municipal Quiñones de León. Co comisariado de Xosé Carlos López Bernárdez, amósanse máis de 160 pezas de máis de 80 autores, incluídos cadros do legado de José Policarpo Sanz Souto, outros cedidos polo Museo do Prado no ano 1935[2] e a mellor colección de pintura galega.[3]
Entre as obras de artista galegos están: Interior dunha igrexa de Jenaro Pérez Villaamil, nove debuxos do escultor Isidoro Brocos, unha Paisaxe de Serafín Avendaño, Alfredo Souto Cuero, Fernando Álvarez de Sotomayor, Francisco Lloréns, Muller sentada de Carlos Maside, Maternidade de Manuel Colmeiro, Habitación do vello mariño de Urbano Lugrís,[4] Luís Seoane, O místico de Isaac Díaz Pardo, O cego de santa Margarida de José Seijo Rubio,[5] Exvoto de Juan Luis,[6] Anticoli e Autorretrato de Antonio Fernández Gómez,[7] Costa da Bretaña de Germán Taibo, Nena da galería de Carmen Rodríguez de Legísima,[8] Retrato de Jose Mª Colmeiro Reyna de Joaquín Vaamonde Cornide, O Pontigo de Felipe Bello Piñeiro[9], Espíritu Santo de Antón Lamazares, Rectángulo con amarelo e liñas sobre o plano de Luis Caruncho, algúns debuxos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, así como varias esculturas, entre elas unha de madeira de Camilo Nogueira Martínez.
Outros cadros expostos son Embriaguez de Sileno de Daniel Vertangen, Pavos atribuído a Melchior de Hondecoeter, Trunfo de Baco e Sileno de Adriaen van Nieulandt e Paisaxe de Jan Vermeer van Haarlem (Jan van der Meer II) da escola holandesa;[10] Acio de flores de Jan Frans Eliaerts da escola flamenga;[11] Xogo da pita cega de Christian Wilhelm Ernst Dietrich da escola alemá;[12] Galo e galiña de Jean-Baptiste Oudry da escola francesa;[13] retratos de Dionisio Fierros e Paisaxe de Juan Martínez Abades, asturianos.
-
Interior dunha igrexa de Jenaro Pérez Villamil.
-
Nove debuxos de Isidoro Brocos Gómez.
-
Xogo da pita cega, Christian Wilhelm Ernst Dietrich.
-
Costa da Bretaña, ca. 1910, Germán Taibo.
-
Retratos, por Dionisio Fierros Álvarez
A edificación
[editar | editar a fonte]O museo sitúase na Casa de Arias Taboada, edificación do século XVII, a máis vella da zona antiga de Vigo, despois da Casa Torre de Ceta e Arines. É de traza barroca caracterizada pola súa sobriedade, con ausencia dos singulares elementos ornamentais deste estilo.
Amosa un rudo tratamento de cachotería mesturada con perpiaño, reservándose a delicada cantería granítica para o encadramento de vans, plataforma das balconadas, cornixa e gárgolas. Primitivamente, estes elementos destacarían sobre un muro que debeu estar revocado en branco.
Na fachada loce o escudo coas armas de Taboada e Figueroa. O mestre de Campo e gobernador de Vigo, Diego Arias Taboada, promotor da edificación, foi o encargado da defensa de Vigo e os seus castelos ante a invasión do exército portugués que se acuartelou en Bouzas en 1665, guerra que remataría co Tratado de Lisboa de 1668.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La pinacoteca ya se llama Francisco Fernández del Riego La Voz de Galicia 26/4/2011 (en castelán).
- ↑ Las obras cedidas por el Prado y las de Lugrís serán restauradas Faro de Vigo 9/3/2008 (en castelán).
- ↑ La mejor colección de pintura gallega para la primera pinacoteca de Vigo El Mundo 27/3/2011 (en castelán).
- ↑ Habitación do vello mariño é, probablemente, a obra máis importante da exposición.
- ↑ O cego de santa Margarida ca 1936, óleo/lenzo, 122x96 cm, de José Seijo Rubio.
- ↑ Exvoto ca 1925, óleo/lenzo, de Juan Luis López.
- ↑ Anticoli, 1923, óleo/lenzo, 98x93 cm e Autorretrato, 1923, óleo/lenzo, 59x48 cm de Antonio Fernández Gómez.
- ↑ Nena da galería óleo/lenzo, 95x68 cm, de Carmen Rodríguez de Legísima.
- ↑ O Pontigo, óleo/lenzo, 31x49 cm, de Felipe Bello Piñeiro.
- ↑ Legado Policarpo Sanz, Pintura holandesa
- ↑ Legado Policarpo Sanz, Pintura flamenga
- ↑ Legado Policarpo Sanz, Pintura alemá
- ↑ Legado Policarpo Sanz, Pintura francesa
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pinacoteca Francisco Fernández del Riego |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mera Rodríguez, José Carlos e Santos Ogando, José Jorge: "Pinacoteca Francisco Fernández del Riego", p. 144, en Guía de Arquitectura Contemporánea de Galicia. Pontevedra, 2013.