Benito Xerónimo Feijoo
Nome orixinal | (es) Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de outubro de 1677 Casdemiro (Coroa de Castela) |
Morte | 26 de setembro de 1764 (86 anos) Oviedo (Reino de España) |
Relixión | Catolicismo |
Formación profesional | Teoloxía |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, teoria social (pt) e crítica literaria |
Ocupación | ensaísta, médico, profesor universitario, escritor, filósofo |
Empregador | Universidade de Salamanca Universidade de Oviedo |
Xénero artístico | Ensaio |
Movemento | Ilustración e Iluminismo na Espanha (pt) |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Irmáns | Anselmo Feijoo Montenegro |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Encyclopædia Britannica Online (en) |
Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, nado en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar), o 8 de outubro de 1676 e finado en Oviedo o 26 de setembro de 1764, foi un relixioso bieito, escritor e pensador galego.[1] Xunto co valenciano Gregorio Mayans e os portugueses António Nunes Ribeiro Sanches e o Marqués de Pombal, constitúe a figura máis destacada da primeira Ilustración na Península Ibérica.
Está soterrado na igrexa de Santa María de la Corte (Oviedo). Escribiu unha serie de ensaios baixo o título de Teatro crítico universal (1726-1764), considerados como a obra cume da Ilustración en lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Cronobiografía de Benito Xerónimo Feijoo.
Era fillo primoxénito dunha familia fidalga, o seu pai foi Antonio Feijoo Montenegro e Sanjurjo e a súa nai María de Puga Sandoval Novoa e Feijoo. Logo de facer os estudos primarios no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, pouco antes de facer os 14 anos ingresou na Orde de San Bieito, polo que tivo que renunciar aos seus dereitos como morgado. Ordenouse como sacerdote no mosteiro de San Xulián de Samos, e estudou Teoloxía na Universidade de Salamanca. Foi profesor durante oito anos no mosteiro de San Salvador de Lérez, catro anos como pasante e catro como titular.[2] Acadou mediante oposición unha cátedra na Universidade de Oviedo. En Oviedo residiu dende 1709, no colexio bieito de San Vicente.
Obra
[editar | editar a fonte]Feijoo está considerado o primeiro ensaísta da literatura en lingua castelá, e un dos pioneiros xunto a Gregorio Mayans da considerada Primeira Ilustración Española, desde 1737 até pouco despois da morte de Fernando VI. Amais, está considerado precursor das ideas de frei Martín Sarmiento.
Non publicou as súas obras até 1725, e fíxoo en forma de coleccións de opúsculos polémicos que chamou discursos (de discorrer, disertar libremente). Neste xénero intégranse os oito volumes (118 discursos), máis un suplemento adicional do Teatro crítico universal (coa acepción de teatro como «panorama» ou visión xeral de conxunto), publicados entre 1726 e 1739. Doutra banda, están os cinco volumes das Cartas eruditas y curiosas, publicadas entre 1742 e 1760 e compostas por 166 ensaios máis curtos. Amais, cómpre sumar un tomo extra de Adiciones publicado en 1783 e a súa copiosa correspondencia privada.
Nos Discursos varios en todo género de materias para desengaño de errores comunes trata temas de distintas ciencias e actividades humanas e, polo seu propósito de discorrer acerca das falsas crenzas e as supersticións, entre outros erros difundidos no pobo, chamáronlle "o desenganador das Españas". Polo seu carácter enciclopédico, esta obra insírese na tradición das misceláneas, ao estilo da Silva de varia lección de Pero Mexía (século XVI).[3]
A súa obra espertou curiosidade, pois foi traducida ao francés, inglés, italiano e alemán.
Os seus discursos provocaron rexeitamento entre as comunidades tomista e escolástica, con críticas de Ignacio de Armesto Osorio, Francisco de Soto Marne, Salvador José Mañer e Diego de Torres Villarroel entre outros. Porén, foi defendido polo doutor Martín Martínez e os frades Isla e Martín Sarmiento, amais do propio rei Fernando VI, que mediante un real decreto de 1750 prohibiu que se lle atacase.
Consideracións sobre a igualdade de xénero
[editar | editar a fonte]Feijoo defendía a igualdade do home e da muller e a súa figura é clave na historia dos dereitos da muller na España do século XVIII. O XVI discurso "Defensa da muller" publicado no primeiro volume do Teatro Crítico Universal de 1726 está considerado como o primeiro tratado feminista español. Mestura os criterios de corte racionalista, propios da primeira xeración ilustrada á que pertence, con outros criterios tradicionais baseados no argumento da autoridade utilizando numerosas referencias eruditas.[4] Cuestiona a opinión común e a misoxinia da época sobre a inferioridade da muller, defende a igualdade intelectual entre homes e mulleres, a dignidade moral da muller e o seu dereito a acceder ao coñecemento científico e á alta cultura.[5] [6][7]
O texto comeza con estas palabras:
Estou nun serio problema. Xa non é só unha vulgaridade ignorante coa que me presento ao concurso: defender a todas as mulleres é o mesmo que ofender a todos os homes: pois é raro que a un non lle interese a primacía do propio sexo ante o desprezo do outro. A opinión común estendeuse tanto na vilipendiación das mulleres que case non admiten nada bo sobre elas.
No moral énchenas de defectos, e no físico de imperfeccións. Pero, onde ten máis forza é na limitación dos entendementos. Por iso, despois de defendelos brevemente nestes capítulos, comentarei con maior extensión a súa aptitude para todo tipo de Ciencias e coñecementos sublimes. [8]
Consideracións sobre o galego e portugués
[editar | editar a fonte]Ademais de ser un precursor das ideas de frei Martín Sarmiento en canto ás ideas ilustradas sobre a Ciencia e a Ilustración, é tamén, no referido ás cuestións filolóxicas, e un dos precursores do Rexurdimento pola súa defensa da dignidade da lingua galega. Consideraba o galego e o portugués linguas de seu, non dialectos do castelán, con orixe no latín, e constituíndo unha unidade lingüística.[9][10][11]
Dentro de España, a casteláns e andaluces parécelle humilde, e a plebea a articulación de Jota, e o G de portugués, e galegos. Pero os franceses, que pronuncian igual, non só dicían as dúas letras: pero tamén o Ch, escoita con horror a articulación castelá""por entender todos os dialectos do latín, porque aínda que estes son comunmente considerados como non máis de tres, español, italiano e francés, P. Kirquer, Autor desapasionado {(a) De Turri Babel, lib 3 capítulo 1. }, engade o lusitano: no que, advirto, hai que incluír a lingua galega, como en realidade indistinguible do portugués, porque as voces nas que se diferencian son moi poucas, e a pronuncia das letras en todo semellante: e Isto é como os individuos de ambas nacións se entenden perfectamente, sen instrución previa".
"Que a lingua lusitana ou galega debe ser considerada un dialecto separado do latín, e non un subdialecto, ou corrupción do castelán, móstrase, na miña opinión, con probas, do maior parentesco que ten a primeira, que a segunda, que a lingua lusitana ou galega debe ser considerada como un dialecto separado do latín, e non un subdialecto ou corrupción do castelán con latín. "
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Theatro crítico universal, t. 1º, MDCCXXVI.
-
Estatua en Ourense.
-
Estatua en Oviedo.
-
Por Isidoro Brocos, no Museo de Pontevedra.
-
El padre Feijóo, su vida, doctrina e influencias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Galega, Consello da Cultura. "Benito Jerónimo Feijóo ; Album de Galicia". CONSELLO DA CULTURA GALEGA. Consultado o 2022-08-03.
- ↑ Rial López, C.. "Historia del monasterio". San Benito de Lérez (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2019. Consultado o 09 de marzo de 2019.
- ↑ "Benito Jerónimo Feijoo". Microsoft Encarta 2009 Biblioteca Premium (DVD). Microsoft Corporation. 2009 (en castelán).
- ↑ Iglesias, Fundación Pablo; Madrid, Universidad Complutense de; Nacional (Spain), Biblioteca (2003). El voto de las mujeres, 1877-1978: exposición, Biblioteca Nacional (Sala Siglo XX), 4 de noviembre-7 de diciembre de 2003 (en castelán). Editorial Complutense. ISBN 978-84-7491-739-0.
- ↑ Amorós, Celia; Miguel Álvarez, Ana de (2005). Teoría feminista, de la Ilustración a la globalización (en Spanish). Madrid: Minerva Ediciones. ISBN 978-84-88123-53-4. OCLC 63698620.
- ↑ "“Defensa de las mujeres”: el conformismo obligado de Feijoo en la España del siglo XVIII". www.um.es (en castelán). Consultado o 2022-08-03.
- ↑ "Feijoó y vislumbres do feminismo (século XVIII)". Revista Consideraciones (en castelán). 2018-04-11. Consultado o 2020-10-20.
- ↑ Cf. B. J. Feijoo, "Discurso XVI", no seu Teatro Crítico Universal. Madrid na Imprenta de Benito Cosculluela, 1784-85, páxina 1 e seguintes.
- ↑ Universal Critical Theatre, tomo primeiro. Benito Jerónimo Feijoo, Teatro Crítico Universal, volume primeiro (1726). Texto tirado da edición de Madrid 1778, páxinas 309- 325.
- ↑ "Paralelo de las lenguas castellana y francesa / Feijoo / Teatro crítico universal 1, 15". www.filosofia.org. Consultado o 2022-08-03.
- ↑ Cervantes, Biblioteca Virtual Miguel de. "Obras escogidas / de Fr. Benito J. Feijoo con una advertencia preliminar". Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán). Consultado o 2022-08-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Feijoo Montenegro, Bieito Xerome". Diccionario enciclopédico galego universal 27. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 40. ISBN 84-7680-429-6.
- "Feijoo Montenegro, Bieito Xerome". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 45.
- "Feixoo y Montenegro, Benito Jerónimo". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 887. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Feijoo Montenegro, Bieito Xerome". Enciclopedia Galega Universal 9. Ir Indo. 1999-2002. p. 58-59. ISBN 84-7680-288-9.
- Álvarez Blanco, Rosario (2020). "Os textos en lingua galega dos "Ocios poéticos" do Padre Feijóo" (PDF). Calen barbas, falen cartas: A escrita en galego na Idade Moderna. USC. pp. 441–464. ISBN 9788417802172.
- Álvarez Lires, Mari (2012). "Benito Jerónimo Feijoo Montenegro" Álbum da Ciencia. Consello da Cultura Galega.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 19.
- Lozano Paz, Moisés (2002). Frei Benito Xerónimo Feixoo. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-89803-47-3.
- Manteiga, Xosé (2005). "Jerónimo Feijóo y Montenegro, Frei Benito". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Otero Pedrayo, R. (1972). El padre Feijóo. Su vida, doctrina e influencias. Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo (en castelán).
- Palacios Fernández, E. "Benito Jerónimo Feijóo y Montenegro Puga" Diccionario Biográfico Español, RAH (en castelán).
- Saavedra, P. (2007). A gran historia de Galicia. T. 17, A Galicia do Antigo Réxime (c. 1480-c. 1835): política e cultura. 3. A cultura popular, os libros e a ilustración. Tomo VIII. La Voz de Galicia. ISBN 978-84-96931-00-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Benito Xerónimo Feijoo na súa lingua orixinal |
A Galicitas posúe citas sobre: Benito Xerónimo Feijoo na súa lingua orixinal |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benito Xerónimo Feijoo |
- Anselmo Feijoo Montenegro
- Plácido Feijoo Montenegro
- Séculos Escuros
- Literatura galega dos Séculos Escuros
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Obras de Benito Jerónimo Feijoo Galiciana. Biblioteca de Galicia.
- Obras de Benito Jerónimo Feijoo Biblioteca Digital Hispánica. BNE (en castelán).
- "Benito Jerónimo Feijóo y Montenegro" Encyclopædia Britannica Online (en inglés).
- "Benito Jeronimo Feijoo" Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán).
- "Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro" Gran Enciclopèdia Catalana (en catalán).
- Nados en 1676
- Finados en 1764
- Nados no Pereiro de Aguiar
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Historiadores de Galicia
- Ensaístas
- Sacerdotes católicos de Galicia
- Beneditinos de España
- Filósofos de Galicia
- Séculos Escuros
- Ilustración (corrente intelectual)
- Día da Ciencia en Galicia
- Alumnos da Universidade de Salamanca
- Profesores da Universidade de Salamanca
- Catedráticos da Universidade de Oviedo
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público