Saltar ao contido

Alberto Giacometti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlberto Giacometti

Retratro de Alberto Giacometti feito por Jan Hladík no 2002.
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1901 Editar o valor en Wikidata
Borgonovo, Suíza (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de agosto de 1966 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Coira, Suíza Editar o valor en Wikidata
Causa da morteDoenza pulmonar obstructiva crónica Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBorgonovo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcadémie de la Grande Chaumière (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París
Venecia
Roma
Xenebra Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescultor, gravador, artista gráfico, debuxante, deseñador de xoias, pintor, escritor, ilustrador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1913 Editar o valor en Wikidata - 1966 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoArte abstracta, figura, pintura de animais (pt) Traducir, pintura de xénero, Arte de paisaxes, retrato e Natureza morta Editar o valor en Wikidata
MovementoSurrealismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAntoine Bourdelle (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
13 de xuño de 1992Documenta IX (en) Traducir
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir
Jewelry by Contemporary Painters and Sculptors (en) Traducir
De Calder à Koons, Bijoux d'Artistes, La Collection Idéale de Diane Venet (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAnnette Giacometti (1949–) Editar o valor en Wikidata
PaisGiovanni Giacometti Editar o valor en Wikidata  e Annetta Giacometti Editar o valor en Wikidata
IrmánsDiego Giacometti
Bruno Giacometti
Ottilia Giacometti Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb
Obálky knih,
hedendaagsesieraden.nl (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX997526 Discogs: 3777846 WikiTree: Giacometti-13 Find a Grave: 8009239 Editar o valor en Wikidata

Alberto Giacometti, nado en Borgonovo (Suíza) o 10 de outubro de 1901 e finado en Coira o 11 de xaneiro de 1966, foi un escultor e pintor suízo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Reverso dun billete de 100 francos suízos con obras de Giacometti.

Giacometti naceu en Borgonovo, preto da fronteira italiana, onde medrou nun ambiente de artistas. O seu pai, Giovanni Giacometti, fora un pintor impresionista, e o seu padriño, Cuno Amiet, foi fauvista.

Despois de acabar a ensinanza secundaria, trasladouse a Xenebra para cursar estudos de pintura, debuxo e escultura na Ecole de Belles Arts e a París, en 1922, para estudar na Académie de la Gran Chaumière en Montparnasse baixo a tutela dun asociado de Rodin, o escultor Antoine Bourdelle. Foi alí onde Giacometti experimentou co cubismo. A pesar diso, sentiu máis atracción polo movemento surrealista e a principios de 1927, despois de que o seu irmán Diego se convertese no seu axudante, comezou a mostrar as súas primeiras esculturas surrealistas no Salón das Tullerías.

Pouco tempo despois, xa era considerado un dos escultores surrealistas máis importantes da época. Vivindo nunha zona tan creativa como Montparnasse, comezou a relacionarse con artistas como Joan Miró, Max Ernst e Pablo Picasso, e escritores como Samuel Beckett, Jean-Paul Sartre, Paul Éluard e André Breton, para o que escribiu e debuxou na súa publicación Le surréalisme au Service de la Révolution. Entre 1935 e 1940, Giacometti concentrou a súa escultura na cabeza humana, centrándose principalmente na mirada. A isto seguiu unha nova e exclusiva fase artística na que as súas estatuas comezaron a estirarse, alongando as súas extremidades.

Durante a segunda guerra mundial viviu en Xenebra, onde coñeceu a Annette Arm. En 1946 ambos regresaron a París, onde casaron en 1949. O matrimonio pareceu causar un bo efecto na súa obra xa que a partir dese momento comezou o período probablemente máis produtivo da súa carreira. Foi a súa muller a que lle brindou a oportunidade de estar constantemente en contacto con outro corpo humano. Para outros modelos posar para el non era un traballo fácil, pero Annette axudouno enormemente, soportando pacientemente sesións que duraban horas ata que Giacometti atopaba o que buscaba. Pouco máis tarde organizouse unha exposición do seu traballo na Galería Maeght de París e na Galería Pierre Matisse de Nova York, o seu amigo Jean-Paul Sartre escribiu a introdución para o catálogo desta exposición. A principios dos anos cincuenta, o uso do bronce fíxose economicamente accesible e Giacometti comezou a realizar os seus traballos en bronce. Perfeccionista, estaba obsesionado con crear as súas esculturas exactamente como as vía a través do seu exclusivo punto de vista da realidade.

En 1954 recibiu o encargo de deseñar un medallón coa imaxe de Henri Matisse, polo que creou numerosos debuxos durante os últimos meses de vida do pintor. No ano 1962 recibiu o gran premio de escultura na Bienal de Venecia, o que fixo que se convertese nunha celebridade internacional.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Jacques Dupin, Alberto Giacometti, Maeght, París, 1962.
  • Reinhold Hohl, Alberto Giacometti, Gerd Hatje, Stuttgart, 1971.
  • Christian Klemm, Die Sammlung der Alberto Giacometti-Stiftung, Zürcher Kunstgesellschaft, Zürich, 1990.
  • Yves Bonnefoy, Alberto Giacometti. Biographie d'une oeuvre, Flammarion, París, 1991.
  • Suzanne Pagé, Alberto Giacometti. Sculptures - peintures - dessins, Musée d'art moderne de la Ville de Paris, Paris, 1991-1992.
  • Toni Stooss, Patrick Elliott, Christoph Doswald, Alberto Giacometti 1901-1966, Kunsthalle Wien, 1996.
  • Jean Soldini, Alberto Giacometti. La somiglianza introvabile, Jaca Book, Milano, 1998.
  • Agnès de la Beaumelle, Alberto Giacometti. Le dessin à l'oeuvre, Centre Georges Pompidou, Musée national d'art moderne, París, 2001.
  • Christian Klemm, Carolyn Lanchner, Tobia Bezzola, Anne Umland, Alberto Giacometti, Kunsthaus Zürich, 2001 e The Museum of Modern Art, Nova York 2001-2002.