Zhoubi suanjing
Zhoubi suanjing | |
---|---|
Título orixinal | 周髀算經 |
Autor/a | Zhao Shuang |
Orixe | Dinastía Zhou |
Lingua | lingua chinesa antiga |
Tema(s) | matemáticas, Astrometría e astronomía |
Xénero(s) | tratado e obra de referencia |
Editorial | valor descoñecido |
Data de pub. | 651 a. C. e 100 a. C. |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Zhoubi suanjing (chinés tradicional: 周髀算經; chinés simplificado: 周髀算经; pinyin: Zhōubì suànjīng; Wade-Giles: Chou1-pi4 suan4-ching1) é un antigo tratado chinés de astronomía e matemáticas. O Zhoubi é especialmente recoñecido pola súa presentación da cosmoloxía chinesa e dunha variante do teorema de Pitágoras. Afirma conter 246 problemas inventados polo duque de Zhou e outros membros da súa corte, o que situaría a súa composición contra o século XI a.C.. Porén, a versión actual do texto non parece ser anterior á dinastía Han oriental (25-220), con adicións e comentarios de séculos posteriores.
Título
[editar | editar a fonte]O título orixinal da obra era, simplemente, Zhoubi 周髀. O carácter bi 髀 é un termo literario para o fémur, mais neste contexto refírese aos gnomon, un tipo de paus longos que se empregan para establecer o calendario e outros cálculos astronómicos.[1] Por outra banda, o sinograma zhou 周 é ambiguo, polo que o título da obra pode ser traducido como "Sobre os gnomon e os camiños circulares do ceo",[1] "O manual de interpretación de sombras dos Zhou"[2] ou "Os gnomon da dinastía Zhou".[3] O honorífico Suanjing, engadido posteriormente, significa "Clásico da aritmética",[4] "Libro sagrado da aritmética",[5] "Canon matemático"[3] ou "Clásico das computacións".[6]
Datación
[editar | editar a fonte]Atopáronse gnomon como os descritos na obra anteriores ao 2300 a.C.; ademais, o duque de Zhou ao que se lle atribúe foi un nobre e rexente da primeira xeración da dinastía Zhou. Segundo a tradición, o Zhoubi procede da época do duque de Zhou, polo que sería o tratado chinés de matemáticas máis antigo coñecido.[1] Non obstante, malia que algunhas pasaxes parecen datar do período dos Reinos Combatentes, a versión actual da obra menciona a Lü Buwei; xa que logo, non pode ser anterior ao século I ou II, durante a dinastía Han oriental. A mención máis antiga ao texto é o monumento dedicado ao astrónomo Cai Yong, do 178 d.C..[7] Tampouco aparece no apartado do Hanshu ou Libro dos Han dedicado aos calendarios, a astronomía e as matemáticas.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Needham 1959, p. 19-20.
- ↑ Zou 2011, p. 104.
- ↑ 3,0 3,1 Cullen 2018, p. 758.
- ↑ Needham 1959, p. 815.
- ↑ Davis, Hersh & Marchisotto 2011, p. 28.
- ↑ Elman 2015, p. 240.
- ↑ Morgan 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cullen, Christopher (2018). "Chinese Astronomy in the Early Imperial Age". En Lindberg, David C.; Numbers, Ronald L. The Cambridge History of Science, Vol. I: Ancient Science (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-110868262-6.
- Davis, Phillip J.; Hersh, Reuben; Marchisotto, Elena Anne (2011). "Brief Chronological Table to 1910". The Mathematical Experience, Study Edition (en inglés). Birkhäuser Boston. ISBN 9780817682941.
- Elman, Benjamin (2015). "Early Modern or Late Imperial? The Crisis of Classical Philology in Eighteenth-Century China". En Chang, Ku-ming Kevin; Elman, Benjamin A.; Pollock, Sheldon. World Philology (en inglés). Harvard University Press. ISBN 9780674052864.
- Morgan, Daniel Patrick (2018). "A Radical Proposition on the Origins of the Received Mathematical Classic The Gnomon of Zhou (Zhoubi 周髀)". The Second International Conference on History of Mathematics and Astronomy (en inglés). Xi'an Northwestern University.
- Needham, Joseph (1959). Science and Civilisation in China: Volume 3, Mathematics and the Sciences of the Heavens and the Earth (en inglés). Cambridge University Press.
- Zou, Hui (2011). A Jesuit Garden in Beijing and Early Modern Chinese Culture (en inglés). Purdue University Press. ISBN 9781557535832.