Xurxo III do Reino Unido
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2022.) |
Xurxo III do Reino Unido, nado co nome de George William Frederic de Hannover o 4 de xuño de 1738 e finado o 29 de xaneiro de 1820, foi Rei da Gran Bretaña desde 1760 ata 1801.
A partir da Acta de Unión de 1800, Xurxo III pasou a ser Rei do Reino Unido. Foi tamén Duque de Brunswick-Lüneburg e, a partir de 1814, Rei de Hannover. Xurxo III é coñecido como o Louco debido a demencia mental causada pola doenza crónica que sufría (porfiria). Era fillo de Federico, Príncipe de Gales e da princesa Augusta de Saxe-Gotha, e sucedeu ao avó Xurxo II
No reinado de Xurxo III produciuse a independencia dos Estados Unidos de América, ata entón unha colonia británica.
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]Casou o 8 de setembro de 1761 coa princesa xermana Sofia Carlota de Mecklenburg-Strelitz. O matrimonio tivo os seguintes fillos:
- Xurxo IV do Reino Unido, Rei do Reino Unido (12 de agosto de 1762 - 26 de xuño de 1830) casou con Carolina de Brunswick-Wolfenbüttel; sucedeu ao pai.
- Federico, Duque de York (16 de agosto de 1763 - 5 de xaneiro de 1827) casou con Federica, Princesa da Prusia.
- Guillerme IV do Reino Unido (21 de agosto de 1765 - 20 de xuño de 1837) casou con Adelaide de Saxe-Meiningen; sucedeu ao seu irmán.
- Carlota, Princesa Real (29 de setembro de 1766 - 6 de outubro de 1828) casou co Federico, Rei de Württemberg.
- Eduardo Augusto, Duque de Kent e Strathearn (2 de novembro de 1767 - 23 de xaneiro de 1820) casou coa Princesa Vitoria de Saxe-Coburg-Saalfeld; pai da Raíña Vitoria
- Augusta Sofia (8 de novembro de 1768 - 22 de setembro de 1840)
- Isabel (22 de maio de 1770 - 10 de xaneiro de 1840) casou con Federico, Landgrave de Hesse-Homburg.
- Ernesto Augusto I de Hannover, Rei de Hannover (5 de xuño de 1771 - 18 de novembro de 1851) casou coa Princesa Federica de Mecklenburg-Strelitz.
- Augusto Federico, Duque de Sussex (27 de xaneiro de 1773 - 21 de abril de 1843) casou primeiro con Lady Augusta Murray, coa que tivo fillos; após a anulación deste casamento, casou con Lady Cecilia Buggins.
- Adolfo, 1º Duque de Cambridge (24 de febreiro de 1774 - 8 de xullo de 1850) casou con Augusta de Hesse-Cassel.
- Maria (25 de abril de 1776 - 30 de abril de 1857) casou co Príncipe Guillerme, Duque de Gloucester
- Sofia (3 de novembro de 1777 - 27 de maio de 1848) nunca casou; tivo un fillo ilexítimo do General Sir Thomas Garth.
- Octávio (23 de febreiro de 1779 - 3 de maio de 1783)
- Alfredo (22 de setembro de 1780 - 20 de agosto de 1782)
- Amélia (7 de agosto de 1783 - 2 de novembro de 1810)
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |